Moenia publica volumes anuais, alternando os adicados a Lingüística (números impares) e a Literatura (números pares). Nos volumes de orientación lingüística son áreas de atención preferente a Lingua española, a Lingüística xeral e máis a Filoloxía clásica, e só excepcionalmente se admiten traballos vencellados a outras áreas. Nos volumes orientados cara á investigación literaria son áreas de atención preferente a Literatura española, a Filoloxía galega e máis a Teoría da Literatura, aínda que é habitual a admisión de traballos sobre a literatura en calquera lingua.
A estrutura habitual dos volumes da revista inclúe artigos e recensións. Non infrecuentemente, sobre todo nos volumes adicados a Literatura, existe algunha sección monográfica que constitúe un primeiro bloque de artigos. Nos adicados a Lingüística é habitual que se diferencien os artigos propiamente ditos das “notas”, concebidas como traballos de moi pequena extensión ou ben que versen sobre un tema investigador moi concreto.
A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, ESCI, REGESTA IMPERII, REDIB, Fuente Academica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC. Foi aceptada en SCOPUS desde o 4 de xuño de 2019.
O portal dixital de Moenia publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, catalán, francés, inglés e italiano.