• AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería

    AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación e docencia en Enfermería, creada por iniciativa da Facultade de Enfermería, é unha publicación en acceso aberto gratuíto que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica en enfermería nas catro competencias ás que alude o título. AGID acepta manuscritos en castelán e inglés e conta cun sistema estable de revisión por pares


    Procurando, ademais, incentivar, motivar e apoiar o persoal recentemente graudado, AGID acolle tamén proxectos de investigación e investigacións elaboradas en distintos escenarios da formación de pregrao e posgrao oficial, co fin de facilitar a súa difusión e aumentar a proxección de investigadores e profesionais da ciencia enfermeira.


    Aínda que principalmente dirixida a profesionais de enfermería, a proposta de manuscritos a AGID non se limita a este colectivo pois está tamén aberta a calquera profesional das ciencias da saúde que poida achegar información valiosa relacionada co ámbito asistencial, xestor, investigador e docente, susceptible de marcar as bases biolóxicas e clínicas da enfermidade así como a súa etioloxía, prevención e tratamento entre outras.


    AGID é una revista para o alumnado e profesionais sanitarios de cara a unha mellora continuada na formación e na calidade asistencial.

  • Agora. Papeles de Filosofía

    AGORA. Papeles de Filosofía é unha revista semestral fundada en 1980 e promovida pola Facultade de Filosofía da USC. Acolle traballos orixinais pertencentes a todos os eidos da filosofía.
    AGORA conta co selo de calidade da FECYT e aparece indizada en SCOPUS, Philosopher's Index, ESCI, ANVUR, ERIH PLUS, FRANCIS, PIO, ISOC, ULRICH, Fonte Académica Premier, TOC Premier, DIALNET, SUMARIS CBUC, REDIB.
    O portal dixital de AGORA publícase en galego e español; as linguas de publicación son o galego, español, inglés, portugués, francés, italiano e alemán.

  • Boletín Galego de Literatura

    O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista científica anual editada pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1989 e redactada enteiramente en lingua galega. Acolle artigos de crítica e historiografía sobre calquera literatura do mundo e tamén traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica, etc., é dicir, todo o amplo campo do coñecemento de tan longa tradición como o desenvolvido ao redor do feito literario nun senso amplo.
    O BGL aparece indexado en ÍnDICEs-CSIC, CIRBICR (CSIC), ISOC (CSIC), ULRICH’S PLUS, LATINDEX, MYRIADE, ERIH PLUS, REDIB, REBIUN e DIALNET.
    O portal dixital do BGL aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán, aínda que todos os textos, excepto os portugueses ou os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego.

  • Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela

    Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela é unha revista semestral fundada en 1992 e dirixida tanto a persoal docente e investigador como a profesionais do sector público e do sector privado que desenvolvan as súas actividades no eido das ciencias xurídicas.
    Dereito aparece indizada no International Political Science Abstracts, Political Science Complete, ERIH+, Sociological abstracts (Select.), Worldwide Political Science Abstracts, SocINDEX, Scopus (descontinua), Fuente Académica Premier, Academic Search Complete, Current Abstracts, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, e está presente no 38,09% das universidades españolas coa titulación (24/63).
    No índice RESH, Dereito sitúase, no período 2005-2009, no posto 12 de 71 entre as revistas españolas de ciencias xurídicas de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
    O portal dixital de Dereito publícase en galego e español; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, francés, inglés e italiano.

  • Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil

    Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil é unha publicación científica de periodicidade anual, pero de fluxo continuo, editada polo Grupo de Investigación LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación (ICE)-Universidade de Santiago de Compostela.
    Está patrocinada pola Universidade de Santiago de Compostela; a Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); o proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; e ELOS-Galicia. Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
    Creouse co obxectivo de fomentar un espazo de debate e reflexión ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, un foro de análise crítica, de difusión da investigación e de visibilización deste sistema literario.
    Para cumprir estes obxectivos, a revista presenta catro seccións: Miscelánea, con traballos de investigación orixinais sobre Literatura Infantil e Xuvenil, focalizados cara á Historiografía, Teoría literaria, análise de obras literarias, Tradución, Educación literaria e calquera aspecto relacionado; Sección Monográfica, coa mesma estrutura e aspectos formais que rexen para os artigos da Miscelánea, pero que responden a unha temática concreta que se anunciará xunto á respectiva chamada de traballos; Recensións, comentarios críticos e orixinais sobre monografías, estudos, revistas e calquera outro material de carácter científico que se teña publicado nos dous últimos anos sobre a temática que acolle a Revista; e Para saber máis, repositorio de traballos críticos ou monográficos de autoría individual ou colectiva que se consideren de relevancia para o estudo e coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil, así como bibliografías descritas que orienten a investigación sobre este eido e contribúan ao seu avance.
    Elos aparece indizada en ERIH+, ESCI, REDIB e MIAR
    As linguas de publicación de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil son o galego, o castelán, o inglés e o portugués. O portal dixital desta Revista pódese consultar en galego, castelán e inglés.

  • Estudios penales y criminológicos

    Estudios Penales y Criminológicos é unha revista de periodicidade anual fundada en 1977 que publica orixinais sobre calquera das especialidades relativas á criminoloxía e materias afíns (dereito penal, medicina legal, dereito administrativo sancionador, dereito penal, psicoloxía criminal, psiquiatría criminal, victimoloxía, socioloxía criminal, política criminal, etc.).  Na revista coexisten os artigos dedicados a un tema monográfico —establecido para cada número pola redacción da revista— cos de tema libre, cabendo tamén a posibilidade de que todo o número teña un carácter misceláneo.
    Estudios Penales y Criminológicos aparece indexada en Westlaw, Criminal Justice Abstracts, Criminal Justice Abstracts with Full Text, CARHUS Plus+ 2018, ERIH PLUS, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, LATINDEX, IBZ Online, Aranzadi Instituciones.

  • Estudos de Lingüística Galega

    Estudos de Lingüística Galega é unha revista universitaria de publicación anual e temática centrada nos estudos de lingüística das linguas románicas, de xeito especial nas investigacións sobre a lingua galega. De acordo con este propósito, na revista publícanse artigos de investigación orixinais sobre investigación lingüística das variedades románicas (sección Pescuda) e comentarios críticos de publicacións que atangan ó ámbito da revista (sección Recensións)


    Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT (2022; cuartil C3) e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2018 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como A2 e en MIAR ten un ICDS de 9,6 (2020).


    As linguas do portal web de Estudos de Lingüística Galega son o galego e o inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano.


    A preparación dos volumes de Estudos de Lingüística Galega finánciase parcialmente a través da axuda de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ao Grupo de Investigación Filoloxía e Lingüística Galega da Universidade de Santiago de Compostela.


    ISSN 1889-2566
    ISSN-e 1989-578X

  • Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade

    Revista académica electrónica de publicación anual, incluída dentro da plataforma rev{USC}, dedicada á publicación de traballos académicos e científicos, con especial referencia a Galicia e ao cuadrante NO da Península Ibérica, organizados en tres seccións (Artigos, Noticiario Arqueológico de Galicia e o NO Peninsular, Recensiones) sobre os ámbitos científico-profesionais da Prehistoria, Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática, Historia Antiga e Etnografía.
    A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en APH, REGESTA IMPERII, ERIH PLUS, CIRBIC, DIALNET, LATINDEX, ISOC, REBIUN, ULRICH’S DIRECTORY, MIAR.
    No índice RESHGallaecia sitúase, no período 2005-2009, no posto 13 de 89 entre as revistas españolas de Arqueoloxía e Prehistoria de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación e para calculala tivéronse en conta as citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
    O portal dixital de Gallaecia aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, francés, inglés, alemán e italiano.

  • Gladius et Scientia. Revista de Seguridad del CESEG

    A Revista anual de Estudos de Seguridade do CESEG, titulada Gladius et Scientia, posúe un carácter multidisciplinar e científico que trata de abranguer o sentido multifacético da seguridade actual. Con ela queremos avanzar nos obxectivos declarados polo CESEG, que se traducen na mellora da nosa calidade democrática e da vida en sociedade desde o estudo e análise científicos. Pretendemos que nesta revista se dean cita autores de primeiro nivel que ofrezan as súas reflexións sobre temas de actualidade, coa finalidade de aportar solucións e avanzar no coñecemento. De carácter internacional, pode conter traballos de diversas ramas do saber, como resposta á heteroxeneidade de retos e ameazas que percuten nas nosas sociedades.

  • Innovación educativa

    Innovación Educativa é unha publicación do ámbito da educación, cunha periodicidade anual, fundada en 1991 co obxectivo fundamental de fomentar o debate e estimular a reflexión sobre iniciativas innovadoras de calquera área e nivel educativo, así como propiciar a súa realización e difusión entre os profesionais do ensino, investigadores e investigadoras, estudantado e, en xeral, entre quen se preocupe por cuestións de carácter pedagóxico e didáctico.
    Innovación Educativa
    aparece indexada en ERIH PLUS, IRESIE, ESCI, Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB e está presente no 45,28% das universidades españolas coa titulación (24/53).
    No índice RESH, Innovación Educativa sitúase no período 2005-2009 no posto 50 de 202 revistas españolas de educación de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas as citas recibidas en Web of Science. Na avaliación de 2023 aparece incluída no Catálogo 2.0 de Latindex (cumprindo 38 das 38 características posibles).
    Innovación Educativa publícase en galego, español, inglés e portugués.

  • Labor

    A revista Labor publica semestralmente estudos dedicados ao Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Foi fundada en 2023 en virtude dun convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Internacional de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (SIDTSS), da que é a súa publicación oficial. Admite traballos en español, francés e inglés, idiomas oficiais da SIDTSS. O portal dixital de Labor publícase nas mesmas tres linguas, e en galego, lingua propia da USC.

  • MARCO (Márketing y Comunicación Política)

    MARCO é unha revista de carácter internacional, que editan conxuntamente a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Latinoamericana de Investigadores en Campañas Electorais (ALICE).
    MARCO está orientada á difusión de investigacións en Comunicación Política e Mercadotecnia Política, e presta especial atención ás investigacións sobre campañas políticas en América Latina.
    ALICE é unha organización fundada en 2012, e que centra a súa actividade no estudo dos novos retos que afronta a Comunicación Política e a Mercadotecnia Política.
    ALICE conta actualmente con máis de 600 socios, de países como Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, España, Estados Unidos, Honduras, México, Panamá, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
    A revista MARCO acepta artigos e publícaos en español, portugués e inglés. As linguas do portal web son ou galego, español e ou inglés.


     

  • Moenia

    Moenia publica volumes anuais, alternando os adicados a Lingüística (números impares) e a Literatura (números pares). Nos volumes de orientación lingüística son áreas de atención preferente a Lingua española, a Lingüística xeral e máis a Filoloxía clásica, e só excepcionalmente se admiten traballos vencellados a outras áreas. Nos volumes orientados cara á investigación literaria son áreas de atención preferente a Literatura española, a Filoloxía galega e máis a Teoría da Literatura, aínda que é habitual a admisión de traballos sobre a literatura en calquera lingua.
    A estrutura habitual dos volumes da revista inclúe artigos e recensións. Non infrecuentemente, sobre todo nos volumes adicados a Literatura, existe algunha sección monográfica que constitúe un primeiro bloque de artigos. Nos adicados a Lingüística é habitual que se diferencien os artigos propiamente ditos das “notas”, concebidas como traballos de moi pequena extensión ou ben que versen sobre un tema investigador moi concreto.
    A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, ESCI, REGESTA IMPERII, REDIB, Fuente Academica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC. Foi aceptada en SCOPUS desde o 4 de xuño de 2019.
    O portal dixital de Moenia publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, catalán, francés, inglés e italiano.

  • Nova Acta Científica Compostelana

    NACC: Nova Acta Científica Compostelana-Bioloxía é unha revista de carácter anual que publica traballos orixinais e inéditos de investigación, en forma de artigos e notas, sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía.
    Ademais a revista publica, nas súas correspondentes seccións, traballos de divulgación, recensións de libros e todas aquelas noticias de carácter científico que sexan consideradas de interese polo Comité Editorial. Os traballos de divulgación non terán que cinguirse forzosamente aos campos científicos anteriormente mencionados, senón que poderán referirse tamén a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.
    A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en Agris, Biosis Preview, Zoological Records, ESCI, Algology Mycology and Protozoology Abstracts (Microbiology C) (Selectivo), Biological Sciences (Selectivo), Environmental Sciences and Pollution Management (Selectivo), Water Resources Abstracts (Online) (Selectivo), Inter. Inform. System for the Agricult. Sciences and Techonology (Italia),Fuente Academica Premier, TOC Premier, ICYT, DIALNET, COMPLUDOC, REDIB.
    NACC publícase en español, galego, inglés.

  • Ohm : Obradoiro de Historia Moderna

    OHM: Obradoiro de Historia Moderna é unha revista anual fundada en 1992 destinada a ampliar e difundir o coñecemento científico no terreo da historia moderna, cunha especial atención ao ámbito de Galicia.
    OHM conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en Scopus, ESCI, Historical Abstracts, Historical Abstracts with Full Text, Fuente Académica Premier, Current Abstracts, TOC Premier, (ISOC), ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, e está presente no ERIH PLUS. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.
    OHM publícase en español, galego, francés e inglés.

  • Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte

    Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte é unha revista anual fundada en 2002 que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das artes, sen excluír as aproximacións interdisciplinares que enriquezan o seu estudo. A revista está aberta a colaboracións nacionais e internacionais, tanto na sección de Tema, con autores invitados para cada tema monográfico, como na sección de Colaboracións, coa recepción de propostas de artigos de temática libre.
    Quintana
    aparece indexada en SCOPUS, ESCI, ERIH PLUS, REDALYC, IBA, BHA, AATA, REGESTA IMPERII, Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.
    No índice RESH, Quintana sitúase, no período 2004-2008,  no posto 21 de 38 e no índice IN-RECH no posto 20 de 46 entre as revistas españolas de Historia da Arte de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
    O portal dixital de Quintana publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano.

  • Recursos Rurais

    Recursos Rurais. Revista do IBADER (Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Agrario)  é unha revista internacional, de carácter anual fundada en 2005, que acolle artigos, revisións e notas orixinais sobre a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente, dos sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e referidos á planificación do territorio, tendentes a propiciar o desenvolvemento sostíbel dos recursos naturais do espazo rural.


    Recursos Rurais aparece indexada en DOAJ, Latindex Catalogue 2.0 , Fuente Académica Premier, Biological Abstracts (BA), BIOSIS Previews, Zoological Record, AGRIS, ISOC, ICYT, DIALNET, Cirbic, Rebiun, Internet Archive.


    O portal dixital de Recursos Rurais aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, español, francés, inglés e portugués.


  • RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil

    Desde 2022, la RELAdEI es editada por la APEI (Associação de Profissionais de Educação de Infância). Web de la revista.


    RELAdEI, Revista Latinoamericana de Educación infantil, es una publicación científica que se dirige a un público amplio y con intereses comunes en relación a la infancia: políticos, educadores, investigadores, familias, gestores de servicios públicos o privados dirigidos a los niños pequeños y sus familias. Nuestro deseo es promover el intercambio de ideas y experiencias entre quienes trabajan e investigan en el ámbito de la educación infantil contribuyendo así a crear nuevas sinergias y redes de colaboración científica y profesional en el contexto latinoamericano.

  • Revista Galega de Economía



    A Revista Galega de Economía/Galician Journal of Economics (RGE/GJE) é unha revista semestral fundada en 1992 e promovida pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.


    O seu obxectivo é fomentar a investigación académica publicando artigos orixinais que cumpran os máis altos estándares analíticos e proporcionen novas ideas que contribúan e difundan o coñecemento económico e empresarial. A RGE/GJE é unha revista internacional de acceso aberto revisada por pares. Os artigos publicados están relacionados con especialidades nos campos da Economía e a Empresa (comercialización e investigación de mercados, economía aplicada, economía financeira e contabilidade, economía, socioloxía e política agraria, fundamentos da análise económica, historia e institucións económicas, organización de empresas e economía cuantitativa); estando aberto tamén a outros campos, sempre e cando contribúa significativamente a tratar problemas da economía e xestión empresarial. O público obxectivo está constituído por académicos, investigadores, profesionais, executivos do mundo empresarial e xestores públicos.


    A RGE/GJE ten o Selo de Calidade da FECYT aparece indexada en SCOPUS, ESCI, Dialnet, InDICEs-CSIC, IDEAS-RePEc, REDALYC, REDIB, DOAJ, e ERIH PLUS, entre outras. Tamén aparece recollida polas ferramentas de avaliación da calidade editorial como MIAR, Latindex ou CIRC.


    As linguas de publicación son o galego, español, portugués e inglés.

  • Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo

    Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento (RICD) é unha publicación de carácter científico que ten a súa orixe na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_ Code) promovida desde as universidades galegas, lideradas polo grupo Gi-1927 "Cidadanía e Comunicación" (CIDACOM da Universidade de Santiago de Compostela.

    RICD asume como documento fundacional o Manifesto de Compostela, asinado no primeiro encontro (2011) polos grupos de investigación europeos e latinoamericanos dundadores de Real_ Code. Neste manifesto exprésase a necesidade de asentar unha nova e aberta mirada na relación entre a Comunicación e o Desenvolvemento, como procesos diversos, transversais, que modelan os cambios sociais. A liña editorial pretende dar prioridade e presenza ás investigacións realizadas no campo xunto ás organizacións e entidades que sustentan a sociedade civil.
    RICD aparece indexada en ESCI, ERIH PLUS, Dialnet, Latindex y MIAR.
  • RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas

    RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas é unha revista semestral fundada en 1999 que publica artigos de investigación, recensións de libros e notas de investigación nas disciplinas de ciencia política e a socioloxía, así como noutras ciencias sociais. RIPS publica traballos inéditos en galego, castelán, inglés, francés, portugués e italiano, previa aceptación do consello de redacción.
    RIPS cumpre todos os criterios de calidade de Latindex e está indexada en REDALYC, REDIB, Dialnet, ESCI (Emerging Sources  Citation Index), ERIH PLUS, DOAJ e ISOC.
    A media mensual de artigos descargados no período 2007-2011 é de 2.716 (REDALYC).
    O portal dixital de RIPS publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o gallego, castellano, inglés, francés, portugués o italiano.

  • Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades

    Sémata é unha revista interdisciplinar editada pola Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela dende 1988. Ten periodicidade anual, e publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao eido das Ciencias Sociais e das Humanidades.
    A revista está indexada nas seguintes bases de datos: ERIH PLUS, PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, REDIB.
    O portal dixital de Sémata publícase en galego, español e inglés. As linguas de publicación son galego, portugués e español.

  • Télos

    Télos. Revista Iberoamericana de Estudos Utilitaristas é unha revista semestral fundada en 1992 e coeditada pola Sociedad Iberoamericana de Estudios Utilitaristas (SIEU) e a USC.
    Télos cumpre 32 dos 33 criterios de calidade de Latindex e aparece indexada en ERIH, RESH, MIAR (ICDS: 6.5/11=Q2), Philosopher´s Index, Repertoire de Louvain, Humanities International Complete, Humanities International Index, RBPH, Ulrich's International, EBSCO Fuente Academica Premier, DICE e ISOC, Dialnet, REDIB.
    O portal dixital de Télos publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o castelán, portugués e inglés, así como as distintas linguas oficiais da comunidade iberoamericana.

  • Verba: Anuario Galego de Filoloxía

    A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía publica anualmente estudos lingüísticos e filolóxicos. Naceu en 1974 coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia e coa vocación de lle dedicar unha atención preferente á lingua galega. Desde entón o seu principal campo de estudo é o das linguas románicas, entre as que salientan o español, o galego e mais o portugués. Os seus volumes abordan temas variados que se inscriben en diferentes ámbitos da investigación lingüística e filolóxica: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática. Cada anuario da revista Verba contén, alén de artigos de investigación inéditos, notas breves sobre cuestións concretas e recensións de libros. Admítese a presentación de traballos nas seguintes linguas: galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano e inglés.


    Ademais do volume anual, a revista edita unha colección de anexos monográficos. Ata o ano 2010 Verba editouse en versión impresa (ISSN: 0210-377X). Desde 2011 edítase en formato dixital co ISSN 2174-4017.


    O portal dixital de Verba publícase en galego, español e inglés.


    Verba conta co Selo de calidade da FECYT desde 2014, está incluída en SCOPUS, ESCI, e ERIH PLUS, Latindex. CIRC catalógaa no grupo B en Ciencias Humanas. En MIAR ofrécese a listaxe de entidades en que Verba está indizada.