Informe sobre a publicación académica responsable
2024-07-04
O Research Consulting e a Universidade de Leiden publican o resultado da consulta mundial sobre a edición responsable.
Estudos de Lingüística Galega é unha revista universitaria de publicación anual e temática centrada nos estudos de lingüística das linguas románicas, de xeito especial nas investigacións sobre a lingua galega. De acordo con este propósito, na revista publícanse artigos de investigación orixinais sobre investigación lingüística das variedades románicas (sección Pescuda) e comentarios críticos de publicacións que atangan ó ámbito da revista (sección Recensións)
Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT (2022; cuartil C3) e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2018 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como A2 e en MIAR ten un ICDS de 9,6 (2020).
As linguas do portal web de Estudos de Lingüística Galega son o galego e o inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano.
A preparación dos volumes de Estudos de Lingüística Galega finánciase parcialmente a través da axuda de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ao Grupo de Investigación Filoloxía e Lingüística Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
ISSN 1889-2566
ISSN-e 1989-578X
2024-07-04
O Research Consulting e a Universidade de Leiden publican o resultado da consulta mundial sobre a edición responsable.