1. INTRODUCIÓN
En Galicia (noroeste de España), a lingua galega sempre foi a maioritaria desde un punto de vista cuantitativo, pero, desde a Idade Moderna viuse minorizada polo castelán. Esta situación agravouse a partir de mediados do século pasado, a raíz da ditadura e os procesos de industrialización e a correspondente urbanización, ademais doutros factores como a xeneralización da educación obrigatoria e dos medios de comunicación de masas, vehiculados exclusivamente en castelán (). Á chegada da democracia e, con ela, o inicio do proceso de normalización, encontrámonos unha situación na que o galego perde progresivamente falantes e está rodeado ademais de prexuízos lingüísticos. Porén, case desde os primeiros estudos sociolingüísticos realizados, xa no período democrático, os resultados debuxan un proceso en principio paradoxal, pois apuntan a unha mellora das actitudes lingüísticas cara ao galego nas xeracións máis novas, que non se traduce nun aumento do seu uso, senón que este continúa descendendo a medida que o fai a idade. Isto provoca que chegue a cuestionarse a capacidade preditiva das actitudes lingüísticas e, en consecuencia, a relación actitude-conduta ().
Co fin de intentar dar resposta a esta aparente contradición, exploráronse diferentes tipos de causas. No que respecta ás técnicas metodolóxicas empregadas para a produción de datos, estas só recollían actitudes explícitas, auto-declaradas e, polo tanto, conscientes, fose mediante instrumentos cuantitativos ou cualitativos. En efecto, en lugar de actitudes propiamente ditas, deste xeito obtéñense máis ben normas sociais, que sen dúbida tamén é moi interesante analizar, pero non nos indican cales son as actitudes implícitas dos falantes. Por outra parte, a nivel teórico, tamén se contemplou a necesidade de ter en conta outros factores, ademais dos actitudinais, para explicar o comportamento humano en xeral e o lingüístico en particular, factores denominados “facilitadores da conduta”, como o hábito, a inserción en contextos maioritariamente galegofalantes ou a propia competencia lingüística.
Porén, ata o de agora, non se levaron a cabo en Galicia estudos actitudinais baseados en medidas implícitas. En consecuencia, o obxectivo do noso traballo é cubrir este oco, pois a pesar de que, efectivamente, consideramos que as actitudes por si soas non poden explicar o comportamento lingüístico, si que supoñen un factor de gran relevancia para axudarnos a comprender a preferencia dunhas linguas ou outras. Actualmente, o uso da lingua minorizada, o galego, non deixa de descender, de xeito que por primeira vez na historia contamos con datos que sitúan o castelán como a primeira lingua de Galicia desde un punto de vista cuantitativo (). Isto evidencia o fracaso das medidas da política lingüística aplicada en Galicia, centrada principalmente no ámbito educativo e caracterizada pola falta de planificación e o voluntarismo (). Polo tanto, despois de máis de 40 anos desde que se aprobara a Lei de Normalización Lingüística (1983), seguimos necesitando profundar no papel social que ocupan as dúas linguas en conflito en Galicia, o galego e o castelán.
2. METODOLOXÍA
A investigación que presentamos recorre á triangulación metodolóxica, combinando técnicas cuantitativas e cualitativas (). Así, co fin de estudar as actitudes implícitas, empregamos unha versión adaptada do Implicit Association Test ou Test de Asociación Implícita (TAI, a partir de agora; ), que integra segmentos de audio das variedades lingüísticas obxecto de estudo, no noso caso español de Galicia e galego tradicional (ver a epígrafe 2.1.1.), para medir o nesgo implícito dos participantes cara a eles. Tras a aplicación deste instrumento cuantitativo a unha mostra de 168 informantes, seleccionamos dez, en función da súa puntuación no TAI, co fin de profundar nas súas motivacións, a través de técnicas cualitativas de produción de discurso metalingüístico (entrevistas semidirixidas e grupo de discusión).
2.1. Primeira fase: Test de asociación implícita (TAI)
O TAI baséase na asociación de estímulos con características sociais positivas ou negativas. Seguindo o procedemento estándar, cada estímulo auditivo, no noso caso cada unha das variedades lingüísticas, foi asociado, por unha parte, a trazos positivos como divertido, interesante ou feliz e, por outra, a trazos negativos como aburrido, inútil ou triste. Co fin de asegurar un adecuado control na investigación, estes termos (trazos sociais) foron seleccionadas a partir da base de datos B-Pal (), unha vez comprobadas a súa frecuencia, valencia e familiaridade. Para máis detalles, véxase .
Cada participante recibiu cinco bloques de estímulos para categorizar utilizando unha computadora dotada con auriculares. Os dous primeiros conxuntos, Bloque 1 (clasificación de trazos) e Bloque 2 (clasificación de estímulos auditivos), utilizáronse con fins de adestramento. No Bloque 3, o primeiro de medición, presentábase unha das variedades lingüísticas asociada con trazos sociais negativos, ao asignar ambas as categorías á mesma tecla de resposta, mentres que a segunda variedade se emparellaba con trazos positivos mediante outra tecla de resposta. No Bloque 4 (clasificación de estímulos auditivos), inverteuse a orde das dúas variedades lingüísticas, o que serviu tamén como fase de readestramento. Por último, no Bloque 5 (bloque de medición), presentóuselles aos participantes a asociación oposta de trazos e estímulos auditivos. Con este deseño, se a asociación de calquera destas dúas variedades lingüísticas concorda cun dos tipos de trazos sociais (positivos ou negativos) atribuídos polos participantes, rexistraranse latencias de resposta máis curtas no TAI. Pola contra, se a asociación das dúas categorías non se aliña, observaranse latencias máis longas ().
Ademais, para investigar a interrelación entre o perfil sociolingüístico dos participantes e os nesgos lingüísticos, pedímoslles que, unha vez finalizado o TAI, cubrisen un cuestionario pos-TAI, no que se lles preguntaba sobre a súa lingua inicial, familiar, usos lingüísticos en distintos ámbitos e con diferentes interlocutores, competencia lingüística e algunhas variables sociodemográficas, como idade, xénero, lugar de residencia ou opción política. A diferenza de estudos previos, os investigadores desenvolveron e utilizaron o mesmo modelo de TAI en dous idiomas distintos (galego e castelán) dirixidos á mesma mostra social. As implicacións metodolóxicas deste enfoque exploraranse en .
Cada participante completou as tarefas do TAI e a enquisa subseguinte baixo as mesmas condicións: coa mesma computadora e nun espazo de investigación independente, no que se encontraba a soas co investigador, un dos autores do artigo (bilingüe castelán-galego), que se adaptaba á lingua dos informantes. O traballo de campo tivo lugar en febreiro de 2022.
2.1.1. Estímulos auditivos
Ao tratarse do primeiro estudo sobre actitudes lingüísticas implícitas en Galicia, buscamos contrastar os dous extremos do contínuum fónico galego-español (), é dicir, por unha parte a variedade de galego que se denomina na bibliografía especializada “galego popular” (; ) ou “tradicional” (, ) e, pola outra, a variedade de español de Galicia máis afastada daquela e máis similar á variedade estándar destoutra lingua, variedade cada vez máis estendida, sobre todo entre a mocidade urbana (). A primeira, polo tanto, representa o galego con acento galego e a segunda o español de Galicia con escaso acento galego.
Con respecto ao español de Galicia, queremos aclarar que coincidimos con en considerar esta variedade como “Spanish spoken by people for whom Spanish is the L1 and who speak this language regularly” e non “Spanish spoken by Galician speakers”. Segundo varios estudios, estas variedades asócianse con diferente nivel de prestixio social, de forma que se lle outorga maior prestixio á máis próxima ao español estándar, aínda que ao mesmo tempo se recoñece un prestixio encuberto ás variedades con “acento galego”. En palabras de Regueira ():
Sen dúbida esta converxencia co español de cinco vogais (o estándar castelán do español) mostra que esa é a variedade que goza do prestixio máis alto (González 2003, Recalde 2012, Vázquez & Recalde 2017). Mais ao mesmo tempo o “español de Galicia”, con “acento galego”, segue a manter un “prestixio encuberto”, que se asocia a valores indexicais de pertenza e de “galeguidade” (Recalde 2012, Vázquez & Recalde 2017)
Dado que unha das características máis identificables polos falantes para considerar o acento como galego é a distinción entre as vogais medias (), este é un dos trazos que buscamos incluír nos estímulos empregados na investigación. En canto ao consonantismo, tamén procuramos a ocorrencia de consoantes nasais velares e da fricativa sibilante postalveolar, trazos diferenciais do galego, sobre todo con respecto ao español (). Por outra parte, evitamos os fonemas susceptibles de ser pronunciados con gheada ou seseo, dous fenómenos moi marcados na fonética galega e normalmente estigmatizados (), ademais de calquera variante non aceptada nas respectivas variedades estándar. Tendo todo isto en conta, utilizamos como estímulos auditivos sete enunciados neutros, previamente testados, en cada unha das opcións lingüísticas seleccionadas (14 en total), como por exemplo: Ten o móbil no peto / Tiene el móvil en el bolsillo. Leva posto un xersei / Lleva puesto un jersey.
Para a gravación destes enunciados, escollemos dúas mulleres de idade semellante (23 e 22 anos), estudantes universitarias, cada unha delas co perfil sociolingüístico correspondente ás dúas variedades lingüísticas obxecto de estudo. Así, a representante do galego tradicional é galegofalante inicial e habitual e reside nun municipio rural onde predomina o galego. Toda a súa familia é galegofalante. Por outra parte, a representante do español de Galicia pertence a unha familia monolingüe en castelán, reside nunha cidade de tamaño intermedio e afirma saber falar galego, pero utilízao unicamente de forma puntual, por exemplo nas clases desta lingua.
2.1.2. Características da mostra
Posto que é na poboación máis nova onde se ten detectado a principal inconsistencia entre actitudes e uso lingüístico, centramos o noso estudo nunha franxa de idade entre os 18 e os 27 anos. Ademais, controlamos que a mostra fose representativa das dúas linguas implicadas (Táboa 1), e procuramos informantes non só urbanos, senón tamén das vilas e o rural, dada a importancia do tipo de hábitat na distribución lingüística en Galicia (, ). A mostra final está formada por 168 participantes (121 mulleres e 47 homes): estudantes universitarios de diferentes graos no Campus de Ourense (Universidade de Vigo), cunha media de idade de 20,08 anos.
2.2. Segunda fase: entrevistas e grupo de discusión
Na segunda fase da investigación, realizamos catro entrevistas individuais (entre 30 e 50 minutos de duración) e un grupo de discusión (de algo máis de hora e media), con seis participantes. Para as entrevistas, escollemos entre os informantes que presentaban un nesgo máis alto, dous en sentido positivo cara ao galego e outros dous en sentido positivo cara ao castelán. En ambos os dous casos, intentamos que un deles presentase un perfil lingüístico coherente coas súas actitudes implícitas e outro máis diverxente.
No que respecta ao grupo de discusión, buscamos a heteroxeneidade tanto canto ás actitudes implícitas como con respecto ao uso: tres participantes con nesgo positivo ao galego e galegofalantes e dúas con nesgo negativo a esta lingua e castelanfalantes. Ademais, incluímos tamén un informante cun perfil menos marcado, con nesgo positivo cara ao galego pero maioritariamente castelanfalante. As entrevistas e o grupo de discusión realizáronse ao longo do ano 2023.
No que respecta ao grupo de discusión, buscamos a heteroxeneidade tanto canto ás actitudes implícitas como con respecto ao uso: tres participantes con nesgo positivo ao galego e galegofalantes e dúas con nesgo negativo a esta lingua e castelanfalantes. Ademais, incluímos tamén un informante cun perfil menos marcado, con nesgo positivo cara ao galego pero maioritariamente castelanfalante. As entrevistas e o grupo de discusión realizáronse ao longo do ano 2023.
Recollemos na Táboa 2 os principais datos sociolingüísticos de cada participante, segundo o rexistrado no cuestionario pos-TAI, así como o valor do seu nesgo. Para identificalos, empregamos un código no que a letra inicial indica o xénero (Home/Muller) e a final o sentido do nesgo positivo (Galego/Castelán). A variable lingua cotiá foi extraída das preguntas pola lingua empregada coa familia, amizades, parella, no médico, co profesorado, cos compañeiros e compañeiras de clase, na administración e nas redes sociais. Por último, para a competencia ofreciamos catro opcións de resposta: moita / bastante / pouca / nada.
3. RESULTADOS
3.1. Primeira fase: Test de asociación implícita (TAI)
Partiamos da hipótese de que encontrariamos un nesgo positivo cara ao español, é dicir, a asociación desta lingua con trazos positivos e o galego con negativos era considerada a condición congruente ou esperada, en liña cos estudos sociolingüísticos neste eido. Ademais, como segunda hipótese, estableciamos que os principais factores sociolingüísticos dos informantes explicarían o nesgo encontrado, no sentido de maior nesgo positivo cara á lingua predominante nas traxectorias sociolingüísticas dos participantes.
En primeiro lugar, os resultados do TAI demostran que as dúas linguas en Galicia seguen desencadeando hoxe en día diferenzas actitudinais, isto é, manteñen valor indexical. Os participantes no noso estudo presentan tempos de reacción máis breves estatisticamente significativos segundo se trate dunha lingua ou outra. Non obstante, a aplicación da proba . puxo de manifesto que isto ocorre na condición congruente na versión en español do experimento, confirmando a nosa hipótese, pero na incongruente na versión en galego. Así, na versión en español encontramos que os participantes amosaron unha puntuación media máis alta no galego (M= −.38), fronte ao español (M= .29), t (85) = 12.29, p = 0.001. É dicir, resultou un nesgo implícito positivo cara ao español, segundo o esperado (condición congruente). En cambio, ao aplicar a proba . á versión en galego, esta revelou un nesgo implícito positivo cara ao galego (condición incongruente) en lugar do español (G, M= 2.99, fronte a E, M= −2.76, t (79) = −12,134, p = 0.001).
Co fin de explorar as potenciais relacións entre as variables sociolingüísticas do cuestionario pos-TAI e os nesgos, aplicamos unha análise de correlación, que sinalou en ambas versións a variable que denominamos lingua cotiá, así como a lingua familiar. Ademais, na versión en galego resultou tamén significativa a competencia lingüística nesta lingua. En cambio, na versión en español resultaron tamén explicativas do efecto do TAI a lingua inicial e a orientación política. Recollemos os resultados das probas estatísticas na Táboa 3. Para unha análise máis profunda dos resultados do TAI, pódese consultar .
Repárase en que o grao de urbanización do lugar de nacemento e/ou residencia (tipo de hábitat) non ofreceu resultados significativos, a pesar de que en Galicia é a variable que en maior medida explica a distribución lingüística. Polo tanto, no que respecta ás actitudes implícitas, resultan máis pertinentes a lingua usada no núcleo familiar e polo propio suxeito (‘lingua cotiá’), isto é, variables máis persoais, que a lingua ambiental (asociada a un tipo de hábitat), é dicir, o feito de residir nun espazo social máis ou menos galeguizado.
3.2. Segunda fase: estudo cualitativo
3.2.1. Entrevistas: participantes con nesgo positivo cara ao galego
As dúas persoas entrevistadas con nesgo positivo cara ao galego presentan un perfil lingüístico bastante diferente, canto á presenza desta lingua no seu contorno e ao seu propio uso. No caso de H1G predomina o galego e no de M2G o castelán. A pesar de que a información proporcionada nas entrevistas permite corroborar en xeral os datos recollidos mediante o cuestionario pos-TAI, os seus relatos contribúen a profundar neles e a matizalos.
En primeiro lugar, ambos vinculan de forma intensa o galego co seu núcleo familiar. Para H1G o principal referente desta lingua é seu pai e o “colexio da aldea”, ao que asistiu na infancia, dos que fala con expresións moi positivas. De feito, aclara que para el a lingua familiar é o galego, incluso coa parte da familia castelanfalante (nai e avós maternos): “gustábame máis o galego, ao empregalo máis co meu pai sempre me habituei ao galego, entón, falaba con eles en galego”. Ademais, asocia o galego co valor da utilidade, en contra dun dos prexuízos máis estendidos sobre esta lingua (, , ): “considero que vai ser útil [o galego] que me sigue sendo útil para desenvolver a miña vida en plenitude”.
Con respecto a M2G, a pesar de declararse castelanfalante inicial no cuestionario, xa na súa autopresentación sitúa as dúas linguas ao mesmo nivel (“das miñas linguas... máis ou menos cincuenta a cincuenta está o castelán e o galego”), aínda que enseguida matiza que desde pequena falaba máis o castelán. Non sabe explicar como aprendeu a falar en galego, aínda que se deduce que foi no núcleo familiar, onde esta lingua está moi presente. De feito, aínda que no cuestionario sinalara a nai como castelanfalante e o pai galegofalante, na entrevista explica que, no ámbito do fogar, todos os membros da familia, incluída ela, empregan as dúas linguas indistintamente: “depende, ao mellor estamos falando nunha situación en castelán, e igual nos vén... o aire e empezamos a discutir en... en galego. E despois volvemos ao castelán... e volvemos ao galego (...) como algo natural”. No seu caso, en contraste co informante anterior, a presenza do galego redúcese a este ámbito, pois no resto predomina o castelán, como destaca con respecto ao educativo (“pa que che falaran en galego nas clases [no instituto]... era un pouco un milagro”), aínda que en primaria si recorda, positivamente, un titor galegofalante.
Sinala un punto de inflexión, canto ao seu uso do galego, en cuarto da ESO, para comezar a “valoralo un pouco máis, e comezar a... falar un pouco máis”, pola influencia dun amigo e compañeiro de clase galegofalante, aínda que aclara: “si que me costaba un pouco máis, porque non estaba tan acostumada”. Nesta época, ademais de facer converxencia con este rapaz, empeza tamén a usar o galego cos seus avós, galegofalantes “do pobo”, aínda que con eles de pequena falaba castelán, porque “como non estaba acostumada a falar tanto... me daba un pouco de... de corte... (...) como que me sonaba así rara a min misma. E agora falo... Se me dá por falarlles en galego, empezo xa a falar en galego e non hai problema”.
Ademais destes usos puntuais do galego nas súas relacións persoais, sempre condicionados á interacción con persoas galegofalantes, si que se decanta por esta lingua nos contextos formais ou escritos (administración e ámbito académico) e nas redes sociais, o que coincide cos usos sinalados no cuestionario: “Os traballos e todo. Os apuntes... todo... Se me veñen en castelán... Pásoos ao galego”; “collín a... costume de... de en galego. Se publicaba [en redes sociais] calquera cousa... que fora en, en galego. E aínda sigo mantendo”. Ante a pregunta da entrevistadora, intenta xustificar esta distribución lingüística así: “Eu creo que na escrita o galego porque, igual... eso, que me soa mellor ou... no castelán na fala... principalmente porque... todo o que me rodea... vénme en... castelán, entón é máis complicado”.
Nin sequera emprega o galego cunha compañeira de clase, da que sabe que fala galego na casa e que cambiou ao castelán ao chegar á universidade. Aínda que falaron do asunto, mantéñense ambas as dúas no castelán, porque “non a vexo... cómoda aiquí [en Ourense]... falando en... en galego”. Non é crítica con esta situación, que percibe como normal: “Eu estou a gusto porque... se... quero... por min mesma cambiar de lingua, cambio sen problema”.
No que se refire a H1G, aínda que a súa vida se desenvolveu principalmente en galego, tamén se amosa moi sensible ao contexto lingüístico, como podemos comprobar no seu traslado á universidade e polo tanto á cidade: “ao principio eu entrei na universidá falando castelán, logo co tempo mirei que ao final había xente que seguía falando galego (...) viñeron aquí e dixeron, bueno, aínda que a profesora fale castelán, eu falo galego e dixen, ostras, pois mira, se este é así eu vou selo igual”. Nesta liña, recoñece practicar a converxencia cara ao castelán, cando sente que ten que coidar máis o que di, por exemplo coa parella, e cos descoñecidos, aínda que matiza manterse no galego coa xente “que sabe falar galego, pero non quere”.
- (1)
H1G: eu falar pa diante prefiro falar en galego que falar en castelán e pois con ela [a parella] ao mellor, como cuido un pouco máis as miñas palabras pois ao mellor utilizo o castelán.
- (2)
H1G: sobre todo no ximnasio, ou así, se me falan en castelán, pois respondo en castelán. Ao mellor logo, pois, ca... ca co costume, ao mellor, pois dígolle algo en galego.
Observamos nestes extractos escasa conciencia sociolingüística, de xeito que no discurso explícito os entrevistados non son quen de explicar o seu propio comportamento lingüístico. Ademais, á hora de xustificalo, céntranse de forma exclusiva nas motivacións individuais, no nivel micro, sen contemplar factores de tipo social. En consecuencia, predomina neles o ‘discurso da liberdade individual’ (Iglesias 2002), que cren que existe á hora de usar unha lingua ou outra (“M2G: cada un é libre de falar o que queira”), e recoñecen non estar ao tanto da política lingüística institucional, desde arriba, das medidas de potenciación do galego, sobre as que amosan desinterese e ás que restan importancia.
- (3)
H1G: tampouco sei que medidas se están a traballar, se están a implementar en favor ou en contra do galego; eu só sei abaixo, só noto abaixo ao final, o día a día.
- (4)
M2G: tampouco o teño moi claro que posición teñen con respecto ao galego.
Tamén coinciden en manifestar unha visión optimista de cara ao futuro, baseada na superación dos prexuízos e no rexurdir do galego entre a xente nova, caendo neste punto nunha incoherencia con respecto ao perfil estereotipado de galegofalante que presentan, fortemente asociado ao rural e á xente maior:
- (5)
H1G: ao mellor aquí no centro da cidade non tanta xente fale galego porque non, non... vas... saes de festa, vas tomar algo e escoitas máis castelán, pero si que a xente máis maior daquí de Ourense fala galego.
- (6)
M2G: nos pobos... o que vai quedando é a xente maior. A xente maior... por... norma máis ou menos xeral tende a falar máis en galego.
- (7)
H1G: eu creo que hai un movemento de volta a rexurdir o uso do galego, eu noteino no meu grupo de amigos (...) volver a coller ese... o gusto polo galego
- (8)
M2G: creo que máis valorada que hai unhos anos... vexo xente... da miña idade que ao mellor antes non... usaban tanto e agora... si que o están... a utilizar. Sen ningún tipo de prexuízo, nin nada... Eu vexo que hai má(is) liberdade para falar galego.
3.2.2. Entrevistas: participantes con nesgo positivo cara ao castelán
Os informantes H3C e M4C, con nesgo positivo cara ao castelán, representan un mesmo tipo de perfil lingüístico, no sentido de que pertencen a familias de lingua distinta á maioritaria no seu contorno e, polo tanto, supoñen illas lingüísticas. Non obstante, a evolución de ambos é diverxente, en función de cal é a lingua que predomina en cada caso, tanto na familia, como no resto de ámbitos. Así, no caso de H3C, a lingua familiar é a dominante (o castelán), aínda que minoritaria no seu lugar de residencia, mentres M4C presenta a situación inversa: vive nun contexto maioritariamente castelanfalante, pero a súa familia é monolingüe en galego (lingua minorizada). O resultado a nivel condutual é o abandono da lingua familiar (o galego) nesta última, fronte á reafirmación no monolingüismo en castelán da familia no primeiro, é dicir, en ambos casos asistimos á primacía do castelán. Ademais, segundo os resultados do TAI, os dous desenvolven actitudes implícitas negativas cara ao galego. Polo tanto, M4C non se axusta ao padrón detectado entre a lingua familiar e o nesgo obtido no TAI, excepción que a entrevista axuda a comprender, como veremos a continuación.
H3C insiste na súa competencia bilingüe, ao mesmo tempo que vincula o castelán co ámbito doméstico, recorrendo á ideoloxía do nativismo () para xustificar a súa instalación exclusiva nesta lingua, a pesar de residir parte da súa vida nun contexto moi galegófono, segundo a súa propia descrición: “Puedo hablar gallego perfectamente, no tengo ningún problema, pero por otra parte, como me han criado ya en otro idioma diferente, pues ya tengo como el castellano como por defecto”. Porén, matiza este nivel de competencia no que se refire á fluidez: “Sí que es cierto que al usarlo menos [o galego], sí que tengo que pensar más lo que tengo que decir antes, porque, sabes, igual me sale o me quedo bloqueado así, pues digo, ah, no me vale”.
No seu relato observamos expresións connotadas negativamente ao referirse á presenza maioritaria do galego nos seus ámbitos de referencia (a excepción do familiar):
- (9)
H3C: En mi colegio insistían mucho en hablar en gallego, en enseñarte bien el gallego y en el instituto igual
- (10)
H3C: esa zona así de Xinzo, Verín, Allariz... esa zona de allí sí que se habla mucho gallego y se hace mucho... mucho ímpetu en el uso del gallego.
Marca a súa singularidade lingüística neste contexto, reiterando a oposición “eles” fronte ao “eu” e insistindo en que esta non lle supuxo conflito ningún: “todos mis amigos de allí, del pueblo, hablan gallego, todos, todos. No hay ninguno que hable en castellano, soy yo el único que habla en castellano”; “ellos hablan siempre en gallego y yo hablo siempre en castellano. Es que lo tenemos ya normalizado”; “nunca nos cuestionamos esto”.
No seu discurso, aparece de forma explícita a tradicional asociación entre a lingua galega e o rural, fronte ao castelán e o ámbito urbano (, ), oposición que el intensifica e acompaña, ademais, dunha clara preferencia pola cidade:
- (11)
H3C: En la zona de mi pueblo sí que se está haciendo mucho más esfuerzo y creo que sí que además se están creando más personas que hablan gallego. Pero sin embargo, en otras zonas, como ya te digo, Vigo, Coruña y así, yo creo que menos. Incluso Orense.
- (12)
H3C: Habla gallego todo el mundo [na súa localidade] (...) incluso gente de otros países (...) una persona de Marruecos (...) y habla en gallego sin problema.
- (13)
H3C: pues a mí me gusta más la ciudad (...) No por ninguna otra cosa, o sea, solo porque pues prefiero la ciudad. Y Orense es una ciudad, aunque pequeña. Es una ciudad. Pontevedra incluso también lo puedo ver (...), yo tiendo a ciudad... a ciudad grande.
De acordo con este discurso e as súas actitudes implícitas negativas, rexeita incorporar o galego ao seu repertorio lingüístico, incluso no exercicio da súa futura profesión como docente de historia (onde por lei é obrigatorio), coa única excepción dun uso puntual e individualizado (“yo hablaría en castellano, pero si me piden (...) un alumno me dice que si puedo dar la clase en gallego (...) yo cero problema”).
No resto do discurso explícito amosa un posicionamento favorable ao galego, por exemplo canto ás medidas de normalización: “A mí me parece bien que se enseñe (...) A ver, al final estamos en Galicia, entonces. Pues a mí me da igual. Yo lo importante es enseñar las dos, porque estás en un país que tiene de lengua oficial el castellano, pero tiene de lengua cooficial el gallego y estás en una zona en la que se habla gallego. Al final tienes que dar los dos”. Pero percibe “complicado” o futuro do galego, precisamente por esa “división” que el establece de forma tan tallante, entre o rural e as cidades: “en las ciudades grandes sí que veo complicado”.
No caso de M4C, aínda que pertence a unha familia monolingüe en galego (“hasta os tres anos, solo coñecín o galego. A min nadie me falaba en castelán, ni moitísimo menos. (...) na casa cero de castelán”), encóntrase cunha escolarización case exclusiva en castelán, tanto por parte dos iguais como do profesorado, segundo a súa narrativa (“tampouco tiña ningún profe que mo falase. Todos falaban en castelán”). Isto provoca que, desde moi pequena (3 anos), restrinxa o uso do galego ao ámbito doméstico, mentres en todos os demais contextos emprega o castelán: “O que pasou foi que adaptei a falar galego solo na casa. Solo cos meus pais, tíos e familiares. Adapteime a socializar en castelán... Eh... Pois iso, amigos en castelán, escuela todo o tempo en castelán (...) O que pasa é que nadie máis falaba galego, entón eu sentíame desvinculada, acostumeime a falar en castelán”. Conta esta muda lingüística temperá (), en principio, como algo positivo, destacando a súa capacidade de adaptación moi rápida e utilizando, como acabamos de ver, este termo reiteradamente: “Entón vivín aí como unha pequena transición, da que eu casi nin me lembro, e en principio, meus pais sempre me dixeron que me adaptei súper ben, cambiei o idioma...”. Pero acaba presentándoa como algo sobrevivido, obrigado e non desexado: “A min gustaríame moito que cando fora... que cando fun pequena, que iso, que me falaran en galego e que puidera haber mantido o idioma, que non tuvera que cambialo”.
En efecto, ao irmos profundando no seu relato, revélase unha visión negativa do galego na súa infancia, ao sentirse diferente neste sentido, ata o punto de que lles pide aos seus proxenitores que oculten o seu uso lingüístico: “Ao chegar a casa cando viñan [as súas amizades] eu falaba o castelán directamente e dicíalle: faládelle castelán, que non vos van a entender, non sei que. E meus pais dixéronme: que si que te entenden. Que non pasa nada”. “Eu creo que de pequena era como... dáme igual o que me digas. Estouche pedindo que por favor lle fales en castelán. Fálalle en castelán e punto. (...) E eu dicía: vou quedar sen amigos por culpa destes que falan galego. Literal, eh? pero bueno...”.
Ademais, pon o exemplo da experiencia negativa dun compañeiro de colexio galegofalante, aínda que a nivel explícito intenta non atribuírlle a causa ao tema da lingua: “igual tampouco era o rapaz con máis habilidades, non tiña así muita relación, non creo que fora o galego o motivo polo cal, pero... Si que creo que igual non invitaba que a xente fora a falar tanto con el, incluso os profes lle cambiaban de idioma, en plan... Os profes veían... que o rapaz falaba galego habitualmente e a min, eu pensaba, porque lle falan en castelán?”. Este caso, que ela vive como testemuña, aparece documentado noutras investigacións ().
De todos os xeitos, estas actitudes negativas só se rexistran a nivel implítico (no TAI), pois no nivel explícito, en contraste, elabora un discurso totalmente favorable ao galego: “paréceme que está moi ben aprender tódolos idiomas pero estaría ben que aprendésemos primeiro o noso”. Incluso, ante a dicotomía que lle presenta a entrevistadora, decántase de forma tallante por esta lingua: “E: dirías que che gusta máis o galego ou o castelán? / M4C: O galego, o galego... Si... Si...”.
En consonancia con isto, amósase reivindicativa con respecto ao uso da lingua por exemplo no tempo de ocio: “Pois si que tiro polo galego moitísimas veces, en plan... Sinto que se hai unha opción que... pois apoiar por exemplo audiovisual galego, fago e gústame facelo porque sinto que hai que facelo. E por exemplo, eu que sei... se podo ver algunha serie en galego, fágoo”. Incluso, saca ela mesma o tema da política lingüística familiar e manifesta a intención de escoller esta lingua nun futuro hipotético: “Eu por exemplo teño pensao, se teño fillos, educalos en... en galego, o sea. Non teño ninguna dúbida. Me dá igual que o seu pai, que o seu pai vaia a ser... e... castelanfalante ou que, o que fora. Eu creo que, pola miña parte, gustaríame educalos en... en galego e que non teñan e... ningún reparo en falar galego e despois, se queren cambiar ao castelán, que falen no idioma que queiran, pero nun principio gustaríame educalos en galego”.
Polo tanto, como xa adiantamos, nela o uso lingüístico relaciónase coas actitudes implícitas (negativas) e diverxe do seu discurso explícito (positivo), pois amósase reticente ao emprego do galego, mesmo nas redes sociais, nas que se ten detectado maior uso por parte de persoas castelanfalantes habituais con boas actitudes cara á lingua, como vimos no caso de M2G e tamén recolle . Nin sequera practica en xeral a converxencia cara ao galego, a non ser en casos moi puntuais reforzada por compañeiras galegofalantes (“vivo nunha residencia, e ás veces, cando estamos comendo e tal alguén dice: por que non falamos galego durante tres días? ou que sei, ou cousas así. Entón facémolo... e está guai”), ou estimulada por docentes que empregan esta lingua (“si por ejemplo un profesor presenta a súa materia en galego eu fago todo o que teña que ver ca materia en galego porque me parece que...está invitando, iso si que o fago”).
A súa percepción sobre a vitalidade do galego é máis positiva agora, porque encontrou un ambiente máis amigable na Universidade, “non te xulgan”, en contraste co seu contexto anterior, na súa cidade de orixe.
3.2.3. Grupo de discusión
De acordo cos criterios que empregamos para a selección dos participantes, observamos no grupo unha clara dicotomía: por unha parte, as dúas persoas castelanfalantes con TAI negativo ao galego (M8C e M9C) e, pola outra, as tres galegofalantes con TAI positivo ao galego (M5G, M6G e M7G), que elaboran discursos bastante diverxentes. Polo tanto, neste caso observamos no nivel explícito coherencia coas actitudes implícitas recollidas no TAI e, en consecuencia, non só unha relación nesgo implícito-conduta, senón tamén co discurso explícito, aínda que con algúns matices, como veremos. Con todo, durante o desenvolvemento do grupo, as participantes evitaron a confrontación, polo que non acabou de xurdir un debate propiamente dito. Por outra parte, puidemos confirmar tamén o recollido no cuestionario pos-TAI. Tanto unhas coma outras explican que están instaladas no monolingüismo das súas linguas respectivas, como puidemos comprobar ademais no grupo, que se desenvolveu de forma bilingüe (cadaquén mantivo a súa lingua).
Con respecto ás castelanfalantes, ambas as dúas manifestan “vergüenza” á hora de falar galego e efectivamente na destreza oral activa escolleran no cuestionario un grao menor de dominio (“bastante” en lugar de “moito”). Observamos un discurso de autoxustificación, no que cualifican a súa situación ante o galego como “triste” e expresan o desexo explícito de aumentar o seu uso, aínda que recoñecen non levar a cabo ningún tipo de autoxestión () para levalo á práctica:
- (14)
M8C: es que ojalá también hablara más gallego, sabes?, pero bueno, no sé, me da vergüenza, o lo que sea [risas]
- (15)
M9C: depende de como se sintieran. Porque si yo, por ejemplo, ahora me obligaras a hablar gallego, sé que... sé que no participaría ni la mitad. Porque no me sentiría cómoda y me daría vergüenza. (...) A ver, que lo idílico sería que yo me sintiera cómoda hablando gallego.
Atribúen esta situación á falta de presenza do galego na súa familia, recorrendo de novo ao tópico do nativismo, pero tamén na escola e, en xeral, no seu contorno:
- (16)
M8C: aunque me hablen en gallego yo respondo en castellano y sí que nunca me dijeron pues respóndeme en gallego, sabes?, que a lo mejor desde pequeña pues me lo podían haber dicho, no lo sé, o yo ahora empezar a hablar gallego. Pero bueno, tampoco tengo esa iniciativa.
- (17)
M8C: ya te digo yo que la ciudad que vivo es que no se habla gallego pero es que nada...casi nada no, es que yo diría que nada es que ni en los comercios ni:: es que ni en mi círculo nada en plan la gente así de mi edad...
- (18)
M9C: es un poco raro porque yo tengo mis cuatro abuelos los cuatro hablan en gallego también pero, por ejemplo mis padres no y yo creo que por eso yo hablo castellano realmente, porque en mi casa siempre se habló castellano (...), yo creo que en el colegio también siempre me hablaron castellano entonces pues un poco por eso mi círculo siempre habló castellano y por eso hablo castellano pero no tampoco por nada
Deixan moi claro en todo momento que nunca empregan o galego (a non ser M9C na escrita, no ámbito académico). “M8C: con mis amigos ahora que me hablan gallego o sea, siempre me están hablando gallego todo el rato y yo les respondo en castellano todo el rato o sea, yo no... me da igual que... obviamente, me da igual, y prefiero y me gusta que la gente me hable en gallego, sabes? a mí no me gusta que me cambien”.
Fronte a elas, M5G, M6G e M7G representan o perfil contrario, cunha presenza maioritaria do galego tanto a nivel familiar como no primeiro ensino (infantil e primaria):
- (19)
M6G: eu toda a miña vida é galego; en primaria falábamos todos en galego.
- (20)
M7G: a miña lingua materna, que é o galego, que eu de pequena, na miña casa sempre se falou galego. Os meus irmáns falan galego. Os meus pais tamén. E no cole...
- (21)
M7G: de todas as personas que viñan na miña clase en primaria, eu creo que non recordo a nadie que falara castellano.
Ademais, as galegofalantes tamén indican sentir “vergonza” á hora de falar a outra lingua (“M7G: si que me daba como máis vergonza falar en castellano, porque eu notaba como moi, non sei, notábao como moi, que me salía moi moi raro, non me sentía cómoda”). Non obstante, neste caso, si practican en ocasións a alternancia de código, máis común no caso de M7G (“Os dous idiomas, pero con total naturalidade, en plan, eu podo empezar unha frase en galego acabala en castellano e:: ao revés”).
Igual que relatara M4C na entrevista, tanto M5G como M6G contan unha experiencia individual negativa, por ser as “raras” que falaban galego, pero neste caso xa con máis idade, na adolescencia, ao comezar a estudar a ESO en Ourense, con resultados diferentes:
- (22)
M6G: xusto o primeiro día recordo que, a ver, todo o colexio sabía que chegaban dúas rapazas novas e según nos escoitaron falar xa dixeron esas dúas son as de pueblo, porque éramos as únicas que falábamos en galego. Todo o colexio falaba en castelán, entonces foi como que tuvemos presión social (...). E cando xa pasei ao bacharelato pois xa coñecín a máis xente que falaba en galego (...). E tomei a decisión de empezar a falar sempre en galego (...) xa cando tiven un pouco máis de conciencia, dixen non podo. E ata agora que sigo falando en galego e así sempre.
M6G recoñece que esta experiencia a marcou: “a min si que me marcou moito, en plan, porque eu era unha nena, tiña 11 anos, e queiras que non pois foi como un golpe de realidad”; “eu collinlle manía, o sea, desde aquela época téñolle manía ao castelán”. E a pesar de estar estes anos de instituto falando en castelán (catro anos) e da boa competencia autodeclarada que escolle no cuestionario, insiste en que lle custa falar nesta lingua: “se me poño a falar en castelán, trábome moito pero moitísimo o sea, non non son capaz de me expresar. O que vos pasaba a vós co galego, pois a min pásame en castelán. Non son capaz. Entón por eso se me vai moito o galego”.
O caso de M5G é algo distinto, pois xa encontrou en Primaria un ambiente máis castelanfalante, aínda que o choque e o cambio de lingua non se produciu ata a ESO:
- (23)
M5G: Na miña, creo que casi todos falaban castelán, ahora non recordo si eran todos, menos eu, ou casi todos. Pero, sin embargo, aí dábame igual falar en galego, de máis pequena, en primaria. Sin embargo, na ESO, si que me vía como, o sea, como... me vía a única que falaba, si que xa me sentía máis cortada.
- (24)
M5G: Porque era a única da miña clase que falaba galego (...). E poñíanse como a facer a burla (...). Cando xa cheguei a bachiller, dixen, pois non sei por que estou falando siempre castelán si me sinto máis cómoda co galego. Que me vai importar a min ser a única rara que estou falando soa na clase en galego? Pois bueno, se son a única, serei a única. E entonces empecei a falar galego.
A súa experiencia semella menos traumática cá de M6G (e cá de M4C) e, de feito, na actualidade afirma: “si, non me sinto tan natural como en galego, pero creo que non teño problema en falar castelán”.
Nun espazo intermedio sitúase H10G, que pertence a unha familia mixta castelán-galego, pero decántase polo castelán na casa, mentres que no resto de ámbitos di practicar a converxencia cara ao galego, aínda que desde a instalación no castelán. A pesar de que lle resulta estraño, nunca tratou este tema cos seus proxenitores e cualifica a súa situación, que non é capaz de explicar, “como algo natural”:
- (25)
H10G: meu pai fala castelán, el é de Asturias, leva aquí moitos anos pero non fala galego. E miña nai fala en galego. Unha cousa que sempre me chamou moito a atención é que ela fala en galego pero eu con ela falo en castelán e non é algo que me... Por exemplo aí non me cambio, pero eu creo que é pola confianza.
Pasando a analizar o discurso ideolóxico explícito, igual que viamos nas entrevistas, xorde con forza o estereotipo do galegofalante tradicional, de avanzada idade e do rural: “M8C: obviamente en el pueblo de mis abuelos pues como que sí que estoy más acostumbrada a que la gente hable en gallego porque también hay más gente mayor, y al final lo asocias a eso”. Pero neste caso as participantes si consideran que se manteñen os prexuízos asociados a ese estereotipo, como puidemos comprobar nos extractos 22 e 24, aínda que con algún matiz:
- (26)
M9C: yo no creo que sea tanto como antes, y también depende de a donde te vayas, yo creo, pero sí que sigue existiendo.
- (27)
H10G: Eu penso que é unha mentalidade heredada.
- (28)
M7G: hainos pero, ahora mismo, a xente que ten esos prexuízos sabe que están mal, o sea, quero decir, tes eses prexuízos pero sabes que están mal, entonces, non os vou dicir en alto.
Ademais, as galegofalantes sinalan outros prexuízos cara á lingua minorizada, xa tamén rexistrados en anteriores estudos, como os referidos á mala calidade da lingua dos propios galegofalantes ou á escasa utilidade do galego (, , ):
- (29)
M7G: A min faime moita gracia a xente que fala castellano habitualmente que si que ten unhos prejuicios bastante grandes contra o galego, que, o sea, unha frase que teño escoitado que me marcará por siempre era como ‘si, mucho queréis hablar gallego pero es que ni siquera lo sabéis hablar bien’.
- (30)
M6G: no de o galego non serve para nada, vou estudar mellor o inglés, nese si que é un prexuízo e a xente si que é consciente nese caso.
Todo o grupo coincide en que estes prexuízos están moi “normalizados” e “interiorizados na sociedá”, aínda que non se expresen no discurso explícito (“M6G: pero si que o dan a entender”). Discrepa unicamente H10G: “agora a xente creo que ten menos prexuízos, non con 23 anos, pero igual os que teñen 10 agora, [risas] porque aí van educados neso”.
En consecuencia, amósanse pesimistas con respecto ao futuro do galego:
- (31)
M6G: en picao; é que o galego está a punto de desaparecer.
- (32)
M7G: Eu moi mal.
- (33)
M8C: O sea, yo no quiero que desaparezca, pero claro, tampoco hago nada, a ver, las cosas son así.
- (34)
M9C: yo lo veo muy negro, la verdad; yo ya no hablo gallego, pero es que los que vienen detrás mía menos aún porque para nada (...) se va a extinguir (...) y a mí me da muchísima pena.
A pesar das coincidencias canto á súa visión dos prexuízos e do futuro da lingua, a clara diverxencia que manifestan no uso lingüístico e as actitudes implícitas (valor do TAI) si se reflicte tamén no discurso explícito, especialmente na súa opinión sobre as medidas de planificación lingüística institucionais. Por exemplo, ao trataren o tema do uso do galego no sistema educativo, en primeiro lugar, encontramos un discurso favorable a unha maior potenciación do galego, concretado na crítica á equiparación do peso do inglés coas linguas cooficiais (castelán e galego) no decreto 79/2010 vixente (), e na priorización daquel tamén polas propias familias:
- (35)
H10G: máis que nada por eso, porque, ao final, a escola é o pouco que queda, se quitas eso e, despois, o que non entendo, é que case se lle dá ao mesmo peso ao inglés que á língua de aquí que está máis
- (36)
M8C: yo la verdad no, no pondría las materias en inglés, las pondría antes en gallego.
- (37)
M9C: es que un montón de niños y niñas ven Netflix tal en inglés porque los padres lo ponen para... y es triste que prioricen antes eso que el gallego
Pero, ao avanzarmos na argumentación, observamos como M9C enseguida presenta o galego na docencia como un problema para o alumnado que vén de fóra, argumento contestado por M7G:
- (38)
M9C: a mí realmente me parece bien, estamos en Galicia, me parece bien que se den en gallego. También es verdad que, por ejemplo, a la hora de estudiar carreras, que igual, bueno, que en el colegio también puede venir gente de fuera..., pues igual, para... a la hora de que ellos entiendan, pero bueno, también saben a dónde vienen, entonces, no sé
- (39)
M7G: eu aí si que teño unha opinión bastante firme, en que, si tu vés de de fóra, eu non vou ter ningún problema, en que, si tu non me entendes algo, eu... en explicarcho. Pero non me parece como... Non é que me parezca mal, pero tampouco me parece forma de decir (...) é que tu sabes a donde vés estudiar, e sabes que ten outro idioma.
Ademais, as castelanfalantes recorren ao tópico da “imposición” do galego, xa detectado en investigacións de corte cualitativo desde principios do século ().
- (40)
M9C: pero claro, tampoco, puede ser que lo vean como algo...
M8C: impuesto
M9C: impuesto porque entonces
M8C: claro
M9C: la gente le va a coger
M8C: tirria
A este discurso tamén se une H10G: “pero si que hai que ter coidado co tema de eso porque hai xente que o percibe como unha imposición”.
De acordo co que viamos nas entrevistas, neste discurso priorizan a liberdade individual sobre as medidas de normalización desde arriba (nivel macro), presentadas como “imposición”:
- (41)
M9C: yo también creo que es algo igual más personal porque al final por mucho que te imponen que creo que también cuanto más te lo impongan ... peor lo vas a percibir
- (42)
M8C: puede haber un montón de leyes y así, pero ya si como personas individuales no hacemos pues eso, un esfuerzo, pues no...
Fronte a esta argumentación, as galegofalantes non entran a negar a imposición do galego, senón que desvían o discurso cara a outro tema, que na súa opinión é un dos máis preocupantes para a vitalidade lingüística, o da transmisión interxeracional, que, en efecto, segundo os últimos estudos, é un dos factores que máis está influíndo na perda de falantes ().
- (43)
M6G: eu sei de persoas que teñen fillos, i eles falan en gallego pero aos fillos fálanlles en castelán porque é como que o castelán é moito máis importante, se non sabes castelán, pois non vas ser... non vas ser nadie, digamos, i eu sinceramente, eu creo que o galego é máis importante (...) está comprobado que saber galego axúdache a adquirir outros idiomas (...) e así, pois, tampouco se perde a nosa cultura.
Outro intento de elaborar un discurso contra o tópico da “imposición” do galego, encontrámolo na aplicación deste termo a outras linguas, aínda que non ao castelán, senón ao inglés, polo que de forma implícita están naturalizando a posición dominante do castelán ():
- (44)
M7G: a min eso si que me parece unha imposición en plan que eu teña que dar unha asignatura en inglés (...) que me poñas a dar matemáticas en inglés, cando estou en Galicia (...) hai dous idiomas oficiales, que me metas o inglés así de gratis pois a min iso paréceme fatal.
E, ao final, vemos como as galegofalantes acaban caendo parcialmente en aceptar o tópico da imposición do galego, instalándose polo tanto no marco (frame) que conforma este discurso ():
- (45)
M5G: de nada vale que che impoñan o de: os estudios en galego as asignaturas en galego pero logo se na rúa non o escoitas, de que che vale, de que che sirve, logo no teu día a día non ves ningunha referencia sobre eso, xa non che serve de nada.
- (46)
M7G: e obviamente, que pa min é unha responsabilidade dos políticos (...) non é que os políticos o teñan que poñer como unha imposición (...) non que crean unha lei na que teñas que decir, vale, pois hai que dar galego e teño que falar galego e é obrigatorio falar galego, non, porque iso non vai funcionar, sinon un traballo de normalización, no que pois se creen contidos audiovisuais en galego... que non sea todo de sopetón sino que a xente esté acostumbrada a escoitar tanto gallego como castellano.
En definitiva, observamos que as galegofalantes son moi críticas coa situación actual do galego, aínda que lles custa presentar unha argumentación elaborada, polo que se amosan dubitativas. Teñen claro que a evolución é negativa, pero non son quen de xustificar os motivos nin propoñer outras opcións:
- (47)
M6G: eu daríalle máis importancia ao galego porque queiras que non, eu creo que hoxe en día, cada vez vai máis en picado, a xente cada vez fala menos en galego, entonces é como que hai que tirar un pouco máis para arriba con el (...) entonces eu creo que habería que cambiar un pouco a forma de enseñalo e todo, o sea, non que sea 50-50 ou que si, pero que cambie todo.
Os únicos argumentos que presentan na defensa dun aumento do galego son o que ofrecía M6G con respecto ao tema da política lingüística familiar, sobre a vantaxe do bilingüismo (extracto 44) ou o seguinte que expón M5G, sobre a necesidade do papel compensatorio da escola (): “a min tamén me parece que hai que equilibrar un pouco a favor do galego no colexio, porque o castelán vano ter en todos os lados, vano ter na tele, vano ter cos amigos (...) vano ter en todos os lados e o galego, sin embargo, ao mellor, se non o tes na escola, é que non o tes en ningún lado”.
Ademais sinalan a necesidade de potenciar o galego noutros ámbitos, máis alá do educativo e critican a escaseza de medidas, por exemplo que a programación da TVG só estea orientada á xente maior e sexa moi escasa na franxa infantil, ou que non haxa opción nas diferentes plataformas de subtítulos en galego, como si hai para o catalán:
- (48)
M6G: a tele tamén está máis orientada ás persoas maiores en galego.
- (49)
M7G: eu ao mellor o que reforzaría en vez de ser o galego na escola, reforzaría o galego no resto de ámbitos como por ejemplo pode ser a televisión pública, como poden ser os periódicos, como poden ser as series, as películas, os dibuxos, cousas que ven os nenos
Por último, M7G si que apunta tamén unha crítica ao discurso da “liberdade individual”, aínda que de novo sen saírse do marco que este establece:
- (50)
M7G: vamos a menos o sea, temos como toda a libertad do mundo pa falar nos idiomas que nos dea a gana, pa aprender os idiomas que nos dea a gana. Antes, que, ao mellor, si que estaba prohibido falar galego, e si que estaba mal visto, e si que tiña moitos prejuicios e si que te obligaban a non falar galego, era como, pois falo galego pois porque falo galego, i eu falo galego i ahora, que podemos facer o que nos dé a real gana, como... es que no, yo el gallego, es que el gallego es de pueblo. Pois, unha merda.
4. DISCUSIÓN
A información obtida na fase cualitativa permítenos profundar nos resultados do TAI e confirmar a importancia da lingua presente no núcleo familiar, por riba do tipo de hábitat, para o desenvolvemento de actitudes implícitas positivas cara a cada unha das linguas. Así, as dúas informantes con nesgo positivo ao galego que residen nunha cidade (M2G e M5G) e, por conseguinte, nun contorno maioritariamente castelanfalante, pertencen en cambio a unha familia con gran presenza do galego. De feito, no caso de M2G, descubrimos na entrevista que esta é maior da que rexistrara no cuestionario pos-TAI. H10G supón un caso similar, pois, ao igual que M2G, identifica o castelán como a súa lingua inicial, a pesar de que o galego está presente no seu fogar, polo menos por un dos proxenitores (a súa nai), e en efecto presenta tamén puntuacións positivas ao galego no TAI, aínda que algo menores.
No outro extremo, a familia de H3C representa unha illa lingüística castelanfalante nun contexto altamente galeguizado (hábitat rural) e, efectivamente, este informante ofrece un nesgo implícito moi negativo ao galego. Pero, en contraste cos anteriores, identifícase como bilingüe inicial, polo que vemos que a variable “lingua inicial” do cuestionario pos-TAI si é necesario complementala e matizala coa información cualitativa, pois é na que encontramos maior discrepancia ao comparar os dous tipos de fontes. Con respecto ao discurso explícito, H3C mantén unha ideoloxía favorable á lingua minorizada, por exemplo canto á necesidade de medidas de normalización lingüística, pero manifesta unha asociación tallante entre as linguas e os diferentes tipos de hábitat, de xeito que para el o galego representa o rural e o castelán a cidade, asociación que acompaña dunha clara preferencia expresa por este último ámbito. Polo tanto, observamos nel un dos procesos de formación de prexuízos, baseado na sobrexeneralización dunha característica obxectiva, como é o aumento do galego a medida que o hábitat é máis rural (IGE), unida a unha valoración negativa da característica en cuestión (na oposición rural - urbano que el mesmo intensifica, valora positivamente este último en detrimento do primeiro).
Só asistimos a unha excepción á formación de actitudes implícitas positivas cara á lingua presente no fogar: o caso de M4C. Esta informante presenta en principio un perfil semellante ao de M5G (residentes no periurbano, co galego como lingua inicial e lingua exclusiva do núcleo familiar), aínda que ambas as dúas manteñen unha conduta lingüística e un nesgo implícito diverxentes: M4C, cun resultado negativo ao galego, emprega maioritariamente o castelán; fronte a M5G, cun resultado positivo ao galego, que se identifica como monolingüe en galego. A posible explicación a esta excepción encontrámola no relatado por M4C na entrevista, onde narra unha relación conflitiva coa lingua galega na súa infancia, ao sentirse diferente ao grupo de iguais por ser a única cuxos proxenitores eran galegofalantes e non encontrar outros referentes desta lingua máis alá do fogar. A consecuencia é o abandono do galego a unha idade moi temperá (3 anos), lingua que ata o momento non recuperou (ou só de maneira ocasional e en escasos contextos). Comprobamos neste caso a influencia que poden exercer experiencias individuais negativas co obxecto actitudinal na formación de actitudes implícitas, proceso de formación que incide ademais especialmente na compoñente afectiva das actitudes (). Esta informante representa tamén o caso de maior discrepancia entre o nesgo do TAI e o discurso explícito, xa que este é moi favorable ao galego.
O resto dos participantes na fase cualitativa si ofrecen resultados do TAI de acordo ao esperable segundo o seu perfil sociolingüístico: o nesgo implítico positivo ao galego aparece cando se trata de galegofalantes iniciais (e familiares) que residen no rural (H1G, M6G, M7G), fronte ao nesgo positivo ao castelán no perfil contrario, é dicir, castelanfalantes iniciais (e familiares) residentes no ámbito urbano (M8C e M9C).
No nivel explícito (entrevistas e grupo de discusión) observamos en xeral un discurso pouco elaborado e bastante homoxéneo en todos os informantes, máis aínda no caso das entrevistas. No grupo de discusión si xorden diferenzas en función do nesgo obtido no TAI, aínda que estas só se revelan nun nivel máis profundo de análise. De acordo cos resultados da maioría dos estudos sobre actitudes explícitas nesta franxa de idade, todos os participantes se sitúan nun posicionamento favorable ao galego como punto de partida, criticando os prexuízos cara a esta lingua e amosándose partidarios de aplicar unha política lingüística favorable a ela. Non obstante, se profundamos máis na análise, si detectamos diferenzas, pois aqueles que teñen un nesgo negativo ao galego no TAI manifestan estar de acordo co discurso da imposición da lingua minorizada, xa recollido en investigacións previas (). En contraste, os participantes con nesgo positivo ao galego evitan este tópico, aínda que non conseguen desmontalo nin desfacerse do marco que establece.
A outra variable que resultou significativa nas dúas versións do TAI foi a que denominamos “lingua cotiá”, o que semella especialmente relevante pois confirma a relación entre as actitudes implícitas cara á lingua e a conduta lingüística, tan cuestionada na bibliografía previa a raíz dos resultados dos estudos sobre actitudes explícitas declaradas, recollidas mediante cuestionarios de preguntas na súa maioría pechadas. Polo tanto, a nosa investigación reforza a importancia metodolóxica á hora da medición actitudinal, así como a necesidade de diferenciar entre o nesgo implícito cara ás linguas e o discurso explícito, moito máis homoxéneo, como acabamos de ver, e incluso contraditorio coas actitudes implícitas e o uso das linguas (como exemplifica M4C).
De todos os xeitos, o relato dos nosos participantes na fase cualitativa evidencia a importancia das condicións facilitadoras do comportamento (), en concreto, a grande influencia do contorno e, sobre todo, do grupo de iguais (; ), pois incluso falantes con nesgo positivo ao galego amosan gran dependencia da relación con interlocutores galegofalantes para manterse nesta lingua (casos de H1G, M2G ou H10G). Porén, un contexto galegófono só contribúe ao uso do galego en falantes con boas actitudes implícitas e alto grao de competencia autodeclarada, xa que, no caso de castelanfalantes con nesgo implícito negativo ao galego e un nivel de competencia de “bastante” en lugar de “moito”, nin sequera nun contorno favorable se instalan no galego (casos de M8C e M9C). Queda así patente a importancia que presenta o contexto favorable ás veces para o mantemento da lingua minorizada, mentres que este non semella ser suficiente para a instalación nela por parte dos castelanfalantes.
5. CONCLUSIÓNS
Fronte ao alto grao de homoxeneidade encontrado nos estudos sobre actitudes explícitas declaradas (RAG ; ), na nosa investigación si detectamos unha marxe de diferenza importante nos nesgos implícitos do TAI. Polo tanto, este instrumento de medida é o que se revela con maior potencial á hora de evidenciar diferenzas actitudinais cara ás linguas, diferenzas que presentan ademais coherencia co correspondente comportamento lingüístico, dado que a variable de uso ‘lingua cotiá’ foi, xunto coa lingua familiar, unha das que ofreceu correlacións significativas nas dúas versións do experimento.
Nun punto intermedio, teriamos que situar as técnicas de corte cualitativo, como as entrevistas semidirixidas e o grupo de discusión. Efectivamente, como xa se ten estudado na bibliografía previa, na nosa investigación tamén observamos diferenzas no discurso explícito dos informantes, aínda que este é máis homoxéno do esperable segundo as actitudes implícitas do TAI. Ademais, os informantes con nesgo máis positivo ao galego non desenvolven un discurso elaborado, con argumentos sólidos, cos que desmontar o discurso menos favorable ao proceso de normalización da lingua minorizada. Isto pon de relevo a carencia neste sentido da política lingüística aplicada en Galicia ata o momento, que non parece ser capaz de dotar de argumentos en favor do galego aos falantes con boas actitudes lingüísticas.
Canto á relación do perfil sociolingüístico e as actitudes implícitas, as narrativas da parte cualitativa confirman en xeral o recollido no TAI e poñen de relevo a importancia da compoñente afectiva das actitudes: os informantes con nesgo implícito positivo ao galego remiten nas súas narrativas a esta lingua no ámbito familiar, vinculada a unha clara dimensión afectiva. A única excepción explícase por unha experiencia individual negativa co galego, na infancia, no resto de contornos.
Todas as variables que resultaron estatisticamente significativas no TAI son lingüísticas, coa única excepción da orientación política (na versión en español), e o sentido no que inflúen é sempre directamente proporcional: a maior presenza dunha lingua, mellores actitudes implícitas cara a ela, é dicir, a maior uso do galego e menor do español, maior nesgo implícito positivo cara ao galego. Isto permítenos confirmar unha das nosas hipóteses de partida e redunda na confirmación da relación actitudes implícitas - conduta xa comentada, aínda que non sempre coincidan co discurso explícito, polo que cómpre tomar os resultados dos estudos cualitativos con precaución.
Por último, non podemos esquecer que na versión en galego do experimento non se cumpriu a nosa primeira hipótese de partida e resultaron en xeral mellores as actitudes implícitas cara ao galego que ao español. En calquera caso, estes resultados cómpre tomalos con precaución, dado que a nosa investigación se refire a un perfil moi concreto de falantes: estudantes universitarios do Campus de Ourense. Isto implica unha poboación obxecto de estudo nova (media de idade de 20.08 anos) e con formación universitaria (sen finalizar). Por conseguinte, en futuros estudos, será necesario ampliar a poboación estudada. Ademais, tamén consideramos de interese aplicar esta metodoloxía ao estudo das diferentes variedades das dúas linguas, pois, como xa dixemos, ao ser a primeira vez que se leva a cabo unha investigación deste tipo en Galicia, decidimos comezar polo estudo das variedades fónicas máis distanciadas, o español de Galicia e o galego “tradicional”.
Referencias bibliográficas
1
6, Perri & Christine Bellamy. 2012. Principles of methodology: Research design in social science. London: SAGE. https://doi.org/10.4135/9781446288047.
2
3
4
Álvarez-Mosquera, Pedro, Alejandro Marín-Gutiérrez & Ana Iglesias Álvarez. 2023. Language biases and implicit attitudes among university students in Galicia (Spain). Journal of Multilingual and Multicultural Development, 1-15. https://doi.org/10.1080/01434632.2023.2226647.
5
Blommaert, Jan. 2007. Sociolinguistics and Discourse Analysis: Orders of Indexicality and Polycentricity. Journal of Multicultural Discourses 2(2), 115-130. https://doi.org/10.2167/md089.0.
6
Boix-Fuster, Emili & Anna Paradís. 2015. Ideologies and Trajectories of ‘New Speakers’ in Bilingual Families in Catalonia. Revista de Llengua I Dret 63, 165-185. https://doi.org/10.2436/20.8030.02.98.
7
9
10
Gradín, Mario. 2020. Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego Analysis of last two decrees of language distribution in Galician education. Estudos de lingüística galega 12, 31-65. https://doi.org/10.15304/elg.12.5747.
11
12
IGE 2018 = Instituto Galego de Estatística (IGE). 2018. Enquisa estructural a fogares. Coñecemento e uso do galego. https://www.ige.gal/webmostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0206004 [01/02/2024].
13
Iglesias Álvarez, Ana & Virginia Acuña Ferreira. 2022. “Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego. Estudos de Lingüística Galega 14, 1-23. https://doi.org/10.15304/elg.14.7382.
14
15
INE 2022 = Instituto Nacional de Estadística (INE). 2022. Encuesta de Características Esenciales de la Población y las viviendas. Resultados. https://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?tpx=55518&L=0 [01/02/2024].
16
Kelman, Herbert C. 1961. Processes of opinion change. Public Opinion Quarterly 25(1), 57-78. https://doi.org/10.1086/266996.
18
Loredo, Xaquín & Henrique Monteagudo. 2017. La transmisión intergeneracional del gallego. Comparación con el catalán. Treballs de Sociolingüística Catalana 27, 99–116. https://doi.org/10.2436/20.2504.01.127.
19
20
21
22
23
24
25
26
Padín, Paulo. 2019. Neofalantes online. En Fernando Ramallo, Estíbaliz Amorrortu & Maite Puigdevall (eds.), Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español. 147-164. Madrid: Iberoamericana/Vervuert. https://doi.og/10.31819/9783964568830-008.
27
28
29
30
31
32
35
Suárez Quintas, Soraya. 2017. “O galego non é o ghallegho que falamos nós”: a percepción e as actitudes como condicionantes do cambio lingüístico. En Elisa Fernández Rei & Xosé Luís Regueira (eds.), Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual. 187-213. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Notas
[1] Podemos citar algúns exemplos de estudos levados a cabo mediante cuestionario (, ), entrevistas ou grupos de discusión (, , ) ou a técnica do matched-guise (, ).
[2] Máis alá do contexto galego, tamén encontramos numerosos estudos que se cuestionan por esta relación entre actitudes explícitas e usos. Véxanse só, a modo de exemplo, , para o caso do éuscaro, ou , para o caso catalán.
[3] Con respecto á infrarrepresentación dos homes na mostra, corresponde ao perfil de estudantado dos graos con maior participación no estudo (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social e Traballo Social). Segundo os datos do Portal de transparencia da UVigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/informe/show/5/51/63), por exemplo, no curso 21-22, entre o alumnado de novo ingreso, só no grao de Primaria os homes superaban o 20% (23,8%), situándose nos demais graos entre o 10 e o 20%.
[4] Como veremos na seguinte epígrafe, a condición congruente que establecemos no TAI foi a asociación positiva co castelán e negativa co galego, o que provoca que o nesgo positivo ao galego apareza con valores con signo negativo (condición incongruente) e o positivo ao castelán con signo positivo (condición congruente). Canto máis alto sexa o valor, maior nesgo cara á lingua correspondente.
[5] Como xa dixemos, esta diferenza entre as dúas versións do TAI é obxecto de estudo doutra publicación (Marín-Gutiérrez, Álvarez-Mosquera & Iglesias), actualmente en revisión, polo que aquí non nos centraremos nela.
[6] A pesar de que a orientación política resultou significativa, ímola analizar en futuros estudos. Ao non utilizala como variable de control na selección dos participantes da fase cualitativa, todos se situaron en opcións de esquerda, agás H10G, que escolleu o punto intermedio, e H1G que se situou na dereita, pero aclara na entrevista que esta escolla política se debe a que a súa nai traballa para o Partido Popular (conservador) e que el se autodefine como “imparcial”.