Estudos de Lingüística Galega é unha revista universitaria de publicación anual e temática centrada nos estudos de lingüística das linguas románicas, de xeito especial nas investigacións sobre a lingua galega. De acordo con este propósito, na revista publícanse artigos de investigación orixinais sobre investigación lingüística das variedades románicas (sección Pescuda) e comentarios críticos de publicacións que atangan ó ámbito da revista (sección Recensións)

Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT (2023; cuartil C3) e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2018 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como A2 e en MIAR ten un ICDS de 9,6 (2020).

As linguas do portal web de Estudos de Lingüística Galega son o galego e o inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano.

A preparación dos volumes de Estudos de Lingüística Galega finánciase parcialmente a través da axuda de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ao Grupo de Investigación Filoloxía e Lingüística Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, a revista é parta das actividades desenvolvidas no Instituto da Lingua Galega coa colaboración do Ministerio de Cultural. 

ISSN1889-2566
ISSN-e 1989-578X

   Scimago Journal & Country Rank

 

Renovación do selo de calidade FECYT

2025-12-19

A revista Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O selo recoñece a calidade, visibilidade e impacto de revistas científicas de distintas categorías. Na novena avaliación a revista renova un ano máis o selo de calidade FECYT no campo de coñecemento Lingüística dentro da modalidade Humanidades.

Vol. 17 (2025): Estudos de Lingüística Galega (2025)

Estudos de Lingüística Galega (2025)

Publicada: 2025-12-12

Táboa de contidos

Resultados das terminacións -ANUM, -ANAM, -ANOS e -ANAS en galego

  • Aquilino Santiago Alonso Núñez
Publicado: 2025-03-06

Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística

  • Estela Fidalgo Garra
  • Miguel Guisantes Alonso
Publicado: 2025-08-24

The state of clefts in Caboverdean

  • Fernanda Pratas
Publicado: 2025-08-19

Evidências do Português Médio no Corpus de Textos Antigos

  • Maria Inês Bico
  • Jorge Baptista
  • Fernando Batista
  • Esperança Cardeira
Publicado: 2025-09-30
Ver todos os números