1. INTRODUCIÓN
Esta investigación estuda a terminación -anum, -anam, -anos e -anas na fala do concello de Castrelo do Val, na da comarca verinesa, no conxunto do galego e no continuum dialectal galego-portugués. Considéranse tódalas palabras do ALGa coas terminacións masculinas -anum e -anos; no entanto, para non sobrepasa-los topes de espazo máximos marcados por esta revista, as terminacións femininas -anam e -anas serán tratadas aquí brevemente.
A fala do municipio de Castrelo do Val sitúase dialectalmente dentro da área oriental de transición do bloque central de . Este bloque caracterízase polos plurais do tipo pantalós fronte ós plurais do tipo pantalois do bloque oriental e pantalóns do bloque occidental . cuestionou a xerarquía da isoglosa -ns / -s / -is debido a que existen plurais en -ns na comarca verinesa (en O22 Campobecerros –Castrelo do Val– e en O29 Vilardevós), noutros puntos do bloque central e no bloque oriental. Este autor conxecturou que o galego común coincide co bloque central neste caso e empregou galego común como sinónimo da koiné galega que se foi xerando ó longo dos séculos. O concepto de koiné equivale ó de norma normal (o que é corrente ou usual) de , quen distingue esta da norma exemplar, elaborada para servir de exemplo nos usos lingüísticos ; . A norma idiomática exemplar non se fixou para o galego ata 1982 ; no entanto, a norma normal, a koiné galega, é dicir, o galego da área maior foise facendo ó longo da historia de longa duración do galego.
Para a fala do concello de Castrelo do Val fíxose unha pescuda de campo propia utilizando enquisas e gravacións datadas entre 1993 e 2004. Nela o investigador baseou o seu xuízo persoal nos datos lingüísticos que usaron e describiron os informantes (perspectiva emic). Estes datos son coñecidos coa certeza coa que os falantes os admiten intersubxectivamente e foron contrastados pola observación do investigador, que é falante da variedade estudada, e domeados pola súa reflexión, que une a perspectiva emic coa etic. Para a comarca verinesa e zonas próximas consultáronse os traballos de Alonso Núñez ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ;; ; ; e Taboada ; ;; .
Para o conxunto do galego partiuse de Fernández Rei (1990) e contrastouse o dito por el, fundamentalmente, cos datos do ALGa ; ; , recollidos entre 1974 e 1976, excepto a enquisa de Lubián feita en 1977; cos do ALPI, recollidos na II República e na posguerra nalgún punto; e cos da NEnq recollidos en 2008 para a tese de Rodríguez Lorenzo e, secundariamente, con outras investigacións sobre o galego e o portugués. Para poder conxecturar con razóns apropiadas a evolución e os cambios das terminacións mentadas dende a emerxencia do galego ata a actualidade, é dicir, na longa duración (Braudel ; , entre as investigacións inclúense o glosario de así como datos toponímicos e de textos do pasado.
Asúmese que o estado actual da lingua e a toponimia son moi bos apoios para a investigación do pasado, e que os datos dos textos escritos non permiten probar con certeza; só son indicio dunha pronuncia ou outra. A grafía é, en xeral, moi conservadora e tarda en cambia-la representación por moito que varíe a pronuncia.
Por outra parte, a razón histórica non é nunca exacta e as limitacións da previsión histórica, amais de seren liberadoras, permiten cuestiona-lo determinismo, que se considerou durante tanto tempo un trazo inherente da física debido a que se entendeu mal a filosofía newtoniana, a cal foi asumida pola filosofía racionalista e demostrativa para aplicala ás demais ciencias; agora ben, cómpre admitir que a incerteza é un trazo tanto da natureza e da humanidade como das ciencias da natureza e das ciencias humanas . En fino caso ou en definitiva, as aspiracións das ciencias contemporáneas, tanto naturais como humanas, son máis modestas cá aspiración á racionalidade de rigor formal matemático que se impuxo a partir da filosofía racionalista de Descartes e da física, baseada na xeometría euclidiana, de Newton. A maneira diferente de considera-los fenómenos naturais e a conduta humana non ten nada de acientífico. Trátase de pór en funcionamento a razón no ámbito da práctica (a razón práctica) para pasar desde unha perspectiva racional en que todo A é necesariamente B a outra máis modesta, a chamada por perspectiva razoable, que interpreta que todo A é presumiblemente B e que se guía pola experiencia anterior para a práctica nas ocasións futuras.
O último obxectivo deste traballo consiste en relaciona-las diferentes zonas dialectais galegas con causas xeográficas de veciñanza e históricas (conventos xurídicos; dioceses, arcediagados e arciprestados eclesiásticos; provincias e xurisdicións do Antigo Réxime, partidos xudiciais etc.). A comarcalización de Galicia alicérzase nas parroquias antigas altomedievais , e estas conflúen grosso modo cos arciprestados ou coa administración civil en terras do século xi . Por riba desta rede de pequenas autarquías, vanse consolidando as sés episcopais e o poder civil das capitais provinciais do Antigo Reino de Galicia. No Mapa 1, pode verse o desacordo entre o poder civil e a división eclesiástica, o cal aumentou coa creación das catro provincias actuais no século xix.
Seguindo a , quen admite a continuidade de habitación para Galicia desde a Antigüidade Tardía, adhírome á Teoría da Continuidade, revitalizada para Europa por Alinei ; e para a área galega por , e tamén considero unha boa hipótese a que formula Alinei ; cando di que tódalas linguas son froito da hibridación. Por exemplo, falando dos lingüemas en contacto, sostén “non è quello unilineare dell´evoluzione biologica, ma quello duplice, geografico dei linguemi in contatto, e sociolinguistico delle classi in contatto, con le ibridazioni che ne derivano”.
2. A TERMINACIÓN -ÁN E O PLURAL -NS
Como xa dixen antes, por motivos de espazo non trato en profundidade as terminacións -anam e -anas. Deixo para outro traballo unha análise pormenorizada delas. Concentro a información sobre este tema no Mapa 2 de elaboración propia coa distribución dos resultados de -ana ; e e os plurais das palabras rematadas en -n , e non me deteño a analiza-los resultados do ALPI e da NEnq.
estableceu nove sistemas en galego partindo dos resultados da terminación -anum, -anam, -anos e -anas (Cadro 1). Este autor aumentou o sistema I con respecto á proposta de Pérez Pascual (1982). Este é o característico do sur da comarca de Verín e de Hermisende (Zamora). O sistema A de Fernández Rei é o medieval e o de Le1 Candín. Os sistemas que abranguen áreas de maior tamaño son o B e o C. No medio deles (B e C) figuran os que el denomina sistemas de transición (D, E, F, G e H).
Fonte:
O sistema centrooriental (C) é o propio do galego común ou koiné que se foi facendo ó longo da historia de longa duración do galego. Este sistema presenta as formas masculinas irmao(s) / irmau(s) e as formas femininas irmá(s) (vid. . O sistema do galego común coincide grosso modo co do portugués padrón, o cal é transcrito por cun arquifonema nasal (/-awN/). Con todo, pode admitirse que a nasalidade do ditongo en galego é menor ca en portugués. Así a todo, en territorio portugués, tamén se atopan diverxencias na transcrición da nasalidade. transcribe para a lanza do arado [temãu̯] en Chaves e Taveiro (Coimbra) e [temãu̯ŋ] en Vila Real. Volverei sobre isto máis adiante. Con todo, quero apuntar aquí que as percepcións de Krüger e doutros autores que citarei no traballo (Santos, Vasconcelos, Fernández González etc.) son percepcións de persoas con coñecementos de experto e, en consecuencia, non poden ser menosprezadas pola ciencia lingüística xa que mostran unha percepción humana máis realista cá dos artefactos dos laboratorios de fonética, os cales pretenden simula-la percepción humana con medicións de aparatos externos ó ser humano, que non logran soluciona-lo problema da categorización lingüística entre unidades ou formas diferentes.
No Mapa 2 móstrase que o marcador occidentalizante -ns ocupa unha zona máis pequena ca aquela que cobre a terminación -án. Tamén se observa que o territorio con alternancia -án / -á é maior có da zona con -á como forma exclusiva, e que o territorio de irmán é menor co que ten a terminación -án no conxunto analizado (irmán, mazán, lan, ran e mañán). Todo isto fai boa a hipótese de que a terminación -á evolucionou dende -án (cf. Le1 Candín). A evolución está en proceso en todo o territorio con alternancias da terminación -án e -á segundo cada palabra.
No conxunto analizado, consérvanse palabras coa terminación -án xunto a palabras coa terminación -á na provincia de Lugo, quer na diocese de Mondoñedo (L11 Vilalba, L17 Guitiriz), quer na diocese lucense (L20 Friol, L36 Ribas de Sil); na provincia da Coruña (C7 Ferrol, C9 Pontedeume, C14 Monfero, C20 Aranga, C26 Vilasantar, C28 Sobrado, C40 Touro); na provincia de Pontevedra (P1 Vila de Cruces, P7 Lalín); na provincia de Ourense (O6 San Amaro, 016 Ramirás, O31 Lobios, O30 Oímbra, O29 Vilardevós, O11 Montederramo) e na provincia zamorana (Z3 Hermisende).
3. RESULTADOS DE GERMANUM NO ALG
a
O resultado de germanum (vid. , reproducido aquí como Mapa 3) varía de lugar a lugar e a veciñanza entre lugares foi xerando na longa duración, dende a época medieval, áreas converxentes máis grandes.
A área máis grande ocúpaa irmau(s) / irmao(s) xa que abrangue o galego lucense e case todo o galego auriense ou do bispado de Ourense (exceptúanse O31 Lobios e O5a Camposancos –Avión–), o galego da diocese de Astorga, o galego asturiano, a maioría do galego mindoniense e a maioría do galego bragançano ou zamorano. En Z2 Lubián, utilízase irmou, forma que evolucionou por asimilación dende irmau ou dende irmãu (con paso a irmõu por asimilación e a irmou por perda do grao de nasalidade). A evolución dende irmãu parece mellor debido ós exemplos coa terminación -ãu para estas palabras, recollidos por nas aldeas trasmontanas fronteirizas, e ós exemplos do portugués miñoto mõu ‘man’, rexistrados por nas falas portuguesas miñotas.
No galego leonés hai puntos en que só se recolleu o castelanismo ermano. En Le4 Carracedo, ermano alterna con irmau. Noutros puntos de León só se usan variantes de irmao; en Le1 Candín consérvase o resto fósil con vogal nasal irmão. No portugués padrón emprégase a grafía conservadora irmão e a pronuncia irm[ãw̃] con ditongo nasal.
As formas do tipo irmau tamén se usan na parte oriental da diocese iriense (arcediagado de Cornado, arciprestado do Deanato –incluído C35 Santiago de Compostela, onde alternan irmán e irmau–, arciprestado salinense e a parte occidental do arciprestado de Nendos, C14 O Xestal, Monfero).
As formas do tipo irmán só se manteñen como exclusivas no arcedianado iriense de Trastámara. Irmán tamén se mantén como forma exclusiva na diocese tudense, a cal, neste aspecto, conflúe co galego iriense occidental e mostra continuidade co portugués dialectal norteño. En Parada do Monte (Melgaço) atestou irmã como forma masculina e feminina e os plurais, segundo grafización súa, irmãs e irmans. A grafización que fai non nos debe enganar pois el mesmo di que a forma man da Coruña soa mã.
Na comarca ferrolá existe irmá, con pronunciacións altas e menos altas. Esta forma singular caracteriza o galego da zona ferrolá con respecto ó resto do territorio mindoniense e con respecto ó resto do galego. Irmá aparece na comarca ferrolá (C4 Carreira –Valdoviño–, C7 San Cristovo –Ferrol–, C8 Queira –Ares–), zonas irienses limítrofes da comarca ferrolá (C9 Pontedeume) e tamén en C20 Ponte Aranga –Aranga– e L17 Guitiriz. Dado que en C7 San Cristovo –Ferrol– e C9 Pontedeume tamén existe irmán, parece apropiado postular que meu irmá xurdiu a partir de meu irmán. En relación con isto e coa forma irmou de Z2 Lubián, convén lembrar que, no falar do Miño, recolleu mõu ‘man’ (pouco usado) e mõ ‘man’, sõu ‘san’ e sõ ‘san’. Estes exemplos mostran a simplificación silábica con eliminación do glide, pero cunha vogal tónica diferente (õ).
En L17 Guitiriz existen ou existiron os dous resultados (irmán e irmau / irmao) igual ca en C35 Santiago de Compostela. Este dobre resultado parece suxerir que a forma medieval irmau/N/ ou irm[ãw̃], grafada xeralmente como irmão, se simplificou en irmán e en irmau e que, despois, nalgúns lugares, unha delas triunfou pero iso non ocorreu sempre. Intentarei xustificar esta hipótese no resto do traballo e para iso botarei man das argumentacións que a sustenten. Neste estudo non se pretende alcanza-la verdade absoluta sobre o pasado; agora ben, as outras propostas que queren pasar por verdadeiras e como verificadas non o son porque o pasado non pode verificarse nin agora nin no futuro. Aqueles que coidan que verificaron con datos do pasado as súas propostas incorren nun inxenuísmo dogmático que quere impo-la súa postura dende arriba, como un deus, ou dende un pedestal estratosférico, que non existe.
O aceptado na lingüística galega consiste en considerar que só houbo unha evolución a irmao na zona centrooriental e que a solución irmán só se produciu na parte occidental ; ; . Agora ben, isto encaixa mal co feito de que en Santiago de Compostela existan as dúas formas e co feito de que a diocese iriense teña as dúas formas hoxe: unha a occidente irmán) e outra a oriente (irmau). Esta distribución é máis entendible se se postula que en Santiago de Compostela (e noutros sitios ou, mellor dito, en todo o galego) existiron as dúas formas como resultado da redución da secuencia vogal + glide + nasal ou, se se quere, vogal + glide + resonancia nasal. Volverei sobre isto máis adiante.
4. GERMANUM E GERMANAM EN GARCÍA (1985) E A SÚA COMPARANZA COS DATOS DO ALG
a
No Mapa 4 de elaboración propia, partindo de García González (s. v.irmá e s. v.irmao), obsérvase que na Gudiña existe ou existiu, ata hai pouco, irmán. Con todo, no lugar da Gudiña e no seu concello, eu nunca oín irmán e só recollín nese municipio vrau e irmau nun traballo de campo realizado por volta do cambio de século . O usual na Gudiña é irmau, forma que recolleu nas denominacións medio irmau e primo irmau; no entanto, irmán pode ser un fósil.
No mapa 4, tamén pode verse que en Curtis (A Coruña) figuran irmao / irmau e irmán e a súa variante simplificada irmá. A forma feminina deste lugar é miñairmá. Esta forma feminina miñairmá, que debeu crearse a partir de miñairmán, explica a forma masculina meuirmá, forma reducida de meuirmán. En ambos os dous casos a evolución é a mesma (-án ˃ -á).
As dobres variantes existen noutros lugares deste mapa. En Codeseda (provincia de Pontevedra e diocese iriense) aparecen meu irmau e miñairmán. En Monterroso (provincia de Lugo e diocese lucense) figuran meu irmau, miña irmá e meu irmá. Esta última forma, evolución de irmán, fai presupor irmán e irmau neste último lugar. A forma meu irmá tamén foi recollida en Feás (municipio de Aranga e diocese iriense).
Cotexando os mapas 3 (que reproduce o e 4 deste artigo, obsérvase que meu irmá (evolución de meu irmán) ocupa a área ferrolá e zonas limítrofes da provincia da Coruña e tamén se di en Monterroso (Lugo), lugar que, aínda que está apartado de Ferrol, puido converxer con esa fala a través de puntos intermedios ou, simplemente, por evolución idéntica dunha mesma forma primitiva, xa que a converxencia de dúas variedades non se debe sempre ó contacto. O paso de irmán a irmá tamén o fai evidente a alternancia miña irmán / miña irmá de Santaia (na chamada área bergantiñá de Fernández Rei, situada no arciprestado de Bergantiños da diocese iriense).
Os resultados de Ramirás meu irmau, miña irmán fan que a diferenza xenérica se estableza a través de dúas raíces distintas (irmau vs. irmán). O resultado irmán de Ramirás puido producirse a partir de irmãa, pasando pola crase vocálica irmã e chegando a irmán. Agora ben, lémbrese que a grafización con til de nasalidade na vogal (-ã) ou cunha consoante implosiva (-n), que transcribe o son [ŋ], semella ser un hábito gráfico que se foi elaborando na escrita do portugués e do galego, respectivamente.
As evolucións explicadas para germanum e germanam poden verse dun xeito simplificado no cadro 2.
-anu | > -ão (-au/N/) | > -ao / -au (meu irmao / irmau) | > -ou (irmou) |
> -án (meu irmán) | > -á (meu irmá) | ||
-ana | -ãa / -ã (-a/N/) | > -án (miña irmán) | > -á (miñairmá) |
Dou por bo este esquema, aínda que admito que pode haber outras interpretacións. Penso que a -án masculino se chegou a partir de -au/N/ pero, para algúns autores, no pasado remoto do idioma, puido acontecer que se relaxase a vogal final (-ano > -ane) e que iso fixese que estas palabras tivesen a mesma evolución cás que remataban en -ane en latín (cane > can).
No caso de -anu > -án está moi aceptada na lingüística galega a evolución -anu > -auN > -án pero, no caso de -inu, non se considera tan aceptable a evolución -inu > -iwN > -in. De tódolos xeitos, esta evolución pode postularse a partir dos exemplos ancareses mũĩn, vecĩn / vecĩũ, lĩũ, fĩũ etc., recollidos por . A forma -ĩũ é posible que puidese ser transcrita como -ĩũ/N/, variante cunha resonancia nasal en posición final que nasalizaría as vogais anteriores. A redución de -ĩũ/N/ a -ín mostraríana as formas ancaresas do tipo vecĩn e a palabra pioguín ‘correa de coiro que se usa para amarra-lo pescozo das vacas para xunguilas’, que García González (s. v. pioga) recolleu en Laxe e Dumbría, na área fisterrá do bloque occidental de Fernández Rei. Por outra parte, tendo en conta que en Brasil tamén existe bich[ĩ] 'bichiño' , pódese afirmar que a alternancia non é (nin era) exclusiva da zona galega.
En relación coas reducións comentadas de vogal + glide + nasal, en Campobecerros (Castrelo do Val) úsanse marrau, marrancho e marranchiño. Marranchiño 'porquiño' é un diminutivo de marrancho, palabra que hoxe significa o mesmo ca marrau, pero que semella unha creación diminutiva que deixou de interpretarse como tal. A redución en sílaba non final de palabra é moito máis fácil de facer, especialmente en discurso rápido e en sílaba átona , e puido se-lo inicio da evolución.
As formas de Campobecerros marrau e marrancho parecen mostra-lo cambio -au/N/ > ‑an no galego deste lugar, o cal é unha variedade do galego verinés, onde aínda perviven restos de -án para femininos no sur do val de Monterrei . O cambio -au/N/ > -an próbase con máis claridade cos exemplos do portugués de Chaves mão e mancheia . O primeiro exemplo representaríase fonoloxicamente como /mauN/ e o segundo como /man/ ou /maN/.
5. OUTROS RESULTADOS DE -ANUM E -ANOS
Antes de volver ós resultados de germanum, germanam, germanos e germanas para realizar unha contextualización histórica (6), detéñome noutros resultados de palabras rematadas en -anum e -anos.
5.1. Marrao / marrau e variantes
As formas do tipo marrao / marrau (vid. danse no galego ourensán e nalgúns puntos limítrofes do galego lucense, do galego berciano, en Z3 Hermisende e nun punto illado da diocese iriense (C27 Vilar de Céltigos –Santa Comba–). Neste último lugar, alterna con marrano.
En García González (s. v. marrao), só se rexistra a forma occidental marrán en Goián (provincia de Pontevedra, diocese tudense) e na comarca de Compostela, onde alterna con marrao. As formas non occidentais marrao ou marrau aparecen nalgúns puntos do galego iriense (Compostela –A Coruña–, Curtis –A Coruña–, Sobrado –A Coruña–, Codeseda ‑Pontevedra–), do galego lucense (Guntín, Ferreira de Pantón) e en tódolos puntos do galego da diocese auriense estudados (Castro Caldelas, Montederramo, A Gudiña, A Mezquita, Vilardevós, Xunqueira e Ramirás), excepto a comarca de Verín, comarca da cal non figuran datos. Agora ben, eu podo aseverar que no concello de Castrelo do Val e na comarca de Verín se usa a forma non occidental marrau.
5.2. Tabao / tabau e variantes
En García González (s. v. tabao), só se rexistran formas occidentais como tabán e atabán na diocese iriense e, incluso, nesta, hai formas non occidentais. En Compostela, hai tabao, tábao, tábau e tabau; en Santaia, tabán e tábau; en Caaveiro, Cabalar, Feás, Curtis e Codeseda, tabao; e en Novefontes (municipio de Touro, provincia da Coruña) e Oirós (municipio de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra), tabau.
É moi posible que a mellor definición das zonas en que se usa unha forma léxica na actualidade (as áreas lexicais actuais do galego) permita acometer, no futuro, o rastrexo de pegadas dialectais nos textos medievais mellorando o que se fixo ata o de agora. De tódolos xeitos, isto non vai ser sempre posible porque, en moitas ocasións, na época medieval, predominaba a variación nunha mesma zona.
5.3. Nugallán e variantes, e chao / chau e variantes
A palabra nugallán e as súas variantes non as escoitei nunca no concello de Castrelo do Val. Con isto quero dicir que nugallán nin a rexistrei nas enquisas nin nas gravacións do meu traballo nin tampouco llela oín a falantes tradicionais do galego do municipio de Castrelo do Val en toda a miña vida. Trátase dunha información empírica que abrangue máis de medio século de observación. Para expresa-lo significado ‘nugallán’, úsanse no concello citado galbanudo e truán e, como forma recesiva, preguizoso. No mapa 39 do ALGa II só se rexistraron nugallán e nugallao / nugallau nunha pequena porción do territorio galego. Citaranse neste apartado tódolos lugares en que aparece unha das súas variantes.
A zona maior con nugallao / nugallau do mapa 39 do ALGa II abrangue un punto da comarca de Santiago de Compostela (C44 Vedra), o concello da Estrada (P3 Baloira e P4 Friamonde), toda a comarca de Deza (P1 Vila de Cruces, P2 Agolada, P5 Silleda, P7 Lalín, P8 Rodeiro e P11 Dozón), zonas próximas ós sitios citados do ourensán noroccidental (O2 Boborás, O5 Avión, O6 San Amaro, O7 Pereiro de Aguiar e O10 Ribadavia) e do lugués suroccidental (L36 Carballedo e L34 Bóveda) e lugares non tan próximos do lugués occidental (L20 Friol). A forma nugallao figura en tódolos puntos mentados, excepto en O2 Boborás e O10 Ribadavia, onde se rexistrou nugallau.
A forma nugallán recolleuse en seis puntos dispersos do territorio galego. Catro do bloque occidental (C24 Muxía, P6 Catoira, P14 Cotobade e P23 A Caniza) e dous do bloque central (O15 Ramirás e O29 Vilardevós). Isto proba que a evolución -anu > -án se deu en puntos moi occidentais (C24 Muxía e P6 Catoira) e en puntos da zona meridional de Galicia non pertencentes ó galego do bloque occidental.
No galego de Asturias (Terra Navia-Eo) e nas zonas próximas lucenses, Babarro González (2003: 277-279) recolleu topónimos en -an como Cerrochán e Fontán (Trabada), Fontangordo (A Pontenova), Chan da Campa e Chan de Porras (Mondoñedo), Chan de Lagares e Chandepracia (Cervantes), Chan de Vilar e Chan de Pereira (As Nogais), Chandapena (Pedrafita) e Vilarmeán (A Fonsagrada). Exemplos similares de -an hainos, segundo e Costas González ; , en San Martín de Trevello (Cáceres). Na Fonsagrada (Lugo) e en Taramundi (Oviedo), Babarro González recolleu un topónimo como Llan, o cal ten unha palatalización propia do asturiano. Este autor tamén atestou, no galego de Asturias e zonas limítrofes do asturiano occidental, o paso de -enu a -en (plenu > chen). Nalgúns lugares chen alterna con cheo, e centén con centeo. No asturiano occidental de Somiedo, rexistrou mazán / mezán e tabán.
nos traslados de domicilio das contadorías de hipotecas da freguesía de San Cristovo das Viñas (municipio da Coruña) de 1861 documentou a alternancia entre chao e chan para o mesmo lugar: “alsitio de Tarreo Chao enla agra de Montalvo” e “dela pieza de tarreo-chan enla agra de Montalvo”. Tamén citou nomes de lugar con -ao en áreas en que o común é a solución -án na lingua corrente: Bardaos (Tordoia, A Coruña), Fontaos (Val do Dubra, A Coruña), Monte dos Chaos (Santiago de Compostela, A Coruña), Rebordaos (Santiago de Compostela, A Coruña), O Meao (Brión, A Coruña), San Xiao de Barrañán (Arteixo, A Coruña), San Xiao de Coiro (A Laracha, A Coruña), Vilarchao (O Grove, Pontevedra).
No mapa 35 do ALGa II, obsérvanse feitos parecidos ós de irmán e variantes. A forma do galego común ou área maior é chao / chau, a cal é a única que se usa no galego de Castrelo do Val, na comarca de Verín e en case todo o ourensán. Deste último exclúense O5a Camposancos (Avión), O19a A Notaria (Padrenda) e O31 Lobios, onde se di chan.
A forma chan abrangue toda a diocese tudense e a maioría da diocese iriense. En C35 Outeiro (Santiago de Compostela), C42 Cacheiras (Teo) e P3 Baloira (A Estrada) alterna chan con algunha variante de chao. No outro punto da Estrada (P4 Friamonde), só se recolleu chau. Cha aparece en Ferrol e puntos limítrofes e en C20 Aranga. En Z2 Lubián recolleuse chou.
5.4. Os resultados de VERANUM
Os datos de chao / chau e variantes son moi parecidos cos resultados de veranu (vid. . Neste caso, na provincia de Ourense só aparece verán en O31 Lobios e no resto do galego da provincia recolleuse a palabra coa terminación -ao e -au. En P3 Baloira (A Estrada) só aparece verao (cf. con chan e chao no mesmo punto).
No galego de Castrelo do Val só rexistrei vrau. No galego do val de Verín, só recolleu vrau e vrao. Na comarca de Verín, eu sempre crin percibir vra[w] e, en consecuencia, escribiría sempre vrau se me guiase por cómo pronuncio e por cómo percibo que pronuncian os verinenses. O diminutivo de vrau nesta comarca é vrauciño cun alomorfo ‑ciñ- que se usa despois de base rematada en consoante (can → canciño) ou en elementos afíns coma os glides, chamados por outros autores semivogais (boi → boiciño). Comparando boiciño con casiña, obsérvase que o elemento final da base se conserva en boiciño (boi → boiciño), reanalizado como parte da raíz, e é eliminado en casiña (casa → casiña. Para máis pormenores sobre estes alomorfos do diminutivo véxase Alonso Núñez ; ; .
No mapa 36 do ALGa II, aparece en O22 Campobecerros ver-[au]. Un revisor deste artigo advírteme que no mapa 36 do ALGa II figura a forma ver- e que no mapa 149 do ALGa III se recollen as respostas da pregunta ‘verán’, sincopadas (vr-) ou non (ver-), de cada lugar. A palabra recollida en O22 Campobecerros é a centrooriental sincopada (vrau). O mesmo ocorre no resto da comarca verinesa (O25 Cualedro e O29 Vilardevós), excepto en O30 Oímbra (vrao). No mapa 149 do ALGa III, a forma sincopada vr- é case xeral en toda Galicia.
No mapa 36 do ALGa II (cotéxese co , rexistrouse o fósil vr[ã]o en Le1 Candín e verá como forma exclusiva en C7 Ferrol, punto que semella se-lo principal foco de difusión destas variantes masculinas sen -n, e, alternando con verao, en C4 Valdoviño. No ALPI foi recollido verao e verá en 101 Valdoviño, pero en 2008 na NEnq neste lugar só se recolleu verao. A alternancia verao / verá presupón, no pasado, a alternancia verao / verán.
5.5. Mao / mau e variantes
No mapa 37 do ALGa II poden verse datos parecidos ós que xa comentei non contraditorios coas interpretacións que fun facendo. As formas das zonas centrais e orientais do tipo mao / mau son as que ocupan unha área maior en galego e, por iso, poden ser consideradas como as propias do galego común ou, adaptando a , da koiné galega ou, adaptando a , da norma normal do galego. Na provincia de Ourense, os entrevistadores do ALGa transcribiron como mau en sitios en que transcribiron coa terminación -ao en ver[ao] (por exemplo, en O17 Viana do Bolo e en O30 Oímbra). Isto mostra que é moi difícil que o entrevistador logre o obxectivismo ó que aspirou a lingüística dende o século xix por imitación da física e do positivismo. No mapa 37 do ALGa II man aparece en Ourense nos mesmos puntos ca chan e, ademais, aparece en O26 Entrimo alternando con mao.
A forma ma figura na comarca ferrolá, en C20 Aranga e en C17 Guitiriz. Neste último punto, alterna con mao. Outras singularidades son: mão en Le1 Candín, mou en Z2 Lubián e mano en Le5 Pombriego (Benuza). En relación con ma, no ALPI só aparece ma en alternancia con mao en 101 Valdoviño. A alternancia mantense na NEnq (mapa 35), a pesar de que no ALGa só se recolleu mao en C4 Valdoviño. Man rexistrouse como única forma en 104 Abegondo do ALPI e da NEnq e no punto do ALGa C19 Carral (equivalente a 104 Abegondo).
Outras singularidades que figuran no ALPI son a alternancia de man e mao en 102 Miño, 111 Boimorto e 133 Cerdedo. Na NEnq figura como única forma ma en 102 Miño. Tal cambio con respecto ó ALPI explícase coa alternancia de man e ma no punto equivalente do ALGa C9 Pontedeume. Segundo o ALPI, man é menos frecuente en 111 Boimorto e difire da terminación atestada para palabras similares no mesmo lugar (grao, irmao e verao). Na NEnq figura mao en 111 Boimorto e no punto equivalente a 111 Boimorto do ALGa C26 Vilasantar. En 133 Cerdedo na NEnq só se recolleu a forma occidentalizante man, que era a propia dos novos segundo o ALPI. No ALGa en P10 Forcarei (punto equivalente a 133 Cerdedo do ALPI) recolleuse mao. Dado que Cerdedo e Forcarei son lugares diferentes de dous concellos diferentes, é entendible que non teñan o mesmo resultado a pesar da proximidade xeográfica.
A forma man é característica do galego tudense (incluído P24 Vigo) e da maioría do galego iriense, incluídos C11 A Coruña, P15 Pontevedra e C35 Santiago de Compostela. Neste último lugar, dáse alternancia con outra variante (mau). Isto parece confirmar que a alternancia vén de vello xa que, en caso contrario, habería que supor que os falantes que tomaron un préstamo doutra zona dialectal foron capaces de regulariza-los resultados doutras palabras coa mesma orixe. Para min, isto último non é probable xa que os falantes non teñen coñecementos lingüísticos diacrónicos (que son propios do coñecemento de experto, senón que teñen coñecementos lingüísticos sincrónicos intuitivos (que son propios do coñecemento ordinario).
5.6. Grao / grau e variantes
O mapa 33 do ALGa II mostra que grao / grau é a forma maioritaria (a da área maior) e que gran só se usa na parte norte e occidental da diocese iriense, incluído Pontevedra (P15) e A Coruña (C11), pero non Santiago de Compostela (C35), onde se recolleu grao.
Gran tamén ocupa un punto da diocese auriense (O5a Camposancos –Avión–) e parte da diocese tudense. O resto desta diocese usa a palabra derivada de grangranceiro (P19 Soutomaior, P22 Mondariz, P25 O Porriño, P27 Arbo, P30 Salvaterra de Miño e P32 Vilachán –Tomiño–). Outras particularidades do mapa 33 do ALGa II son grañeiro en O31 Lobios, grou en Z2 Lubián, gr[ã]o en Le1 Candín e grano en Le4 Carracedo e Le5 Pombriego (Benuza).
No ALPI non se recolleu gra en ningún punto. No ALGa rexistráronse gra e grao en C4 Valdoviño e na NEnq os informantes responderon gran e grao, pero usaron no discurso gra e ma. Na NEnq aparece en 133 Cerdedo o elemento occidental gran (ó lado de man e irmán), pero no ALPI no mesmo punto recolleuse a forma non occidental grao. No punto do ALGa P10 Forcarei (equivalente a 133 Cerdedo do ALPI) figura a forma non occidental grao.
6. RESULTADOS DE GERMANUM, GERMANAM, GERMANOS E GERMANAS E A SÚA CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA
Os plurais de germanos trazan unha área maior coas formas irmaos / irmaus, que ocupa dous terzos de Galicia. Estes elementos son moi parecidos ó portugués padrón, o cal é transcrito [α̃ws]. A vogal [α̃] é unha vogal nasal, central, semipechada, recuada e non arredondada segundo . O Brasil non acompañou a Portugal na pronuncia [aj] das palabras do tipo primeiro nin [ãj] das verbas do tipo bem, innovacións ocorridas no portugués do centro no século xix . En Le1 Candín, rexistrouse o fósil irm[ã]os.
Por volta de 1500, considera que se fixaron en portugués os singulares do tipo mão (< -anu), cão (< -ane), leão (< -one) en substitución dos medievais mão, can / cam, leon / leom e que os plurais permaneceron iguais (mãos, cães, leões). Segundo este autor (1990: 45-47), as grafías portuguesas continuaron distinguindo as palabras provenientes de -an e -on das palabras en que -ão era etimolóxico, pero as rimas dos textos mostran que -ão era xeral. A evolución deuse no centro e no sur e espallouse para parte do norte, pero non para o extremo norte. No Miño, -on pasou a -[õ]u (trov[õ]u ‘trebón’), pronuncia que absorbeu as antigas palabras rematadas en -an (c[õ]u ‘can’).
A unificación do singular en -ão tivo como foco irradiador a variedade portuguesa do centro, a cal substituíu como norma culta do portugués moderno a variedade norteña. Agora ben, informa de que as grafías antigas perduraron durante séculos e que só a Reforma Ortográfica de 1911 puxo certa orde no caos da grafía portuguesa; así a todo, persiste un problema cos plurais, porque estes non se motivan coa forma singular (actualmente, a proporción é de dez aldeões por un aldeãos).
Con respecto ó proceso que culminou coa redución das antigas terminacións -ão, -ãe -õ, matizan que os dialectos do portugués presentan variación aínda hoxe (cf. . Por en canto os dialectos setentrionais tenderon a uniformiza-la terminación nasal no ditongo [õw], os centromeridionais escolleron o ditongo ão; agora ben, nas variedades máis conservadoras dos dialectos centromeridionais aínda se verifican plurais en -ãs e en -õs.
A divulgación a través da escola e da administración estatal da norma exemplar das grafías portuguesas foron fixando a pronuncia do portugués patrón, pero non se logrou de todo como se proba en con datos do ALEPG (cf. . A carencia dun estado propio e a non pertenza a Portugal, permitiu que o galego seguise o seu propio camiño. Para o galego moderno fálase de reconsonantización e de desnasalización con respecto á época medieval. Isto significa que os ditongos con vogais nasais -ão [ãw] pasaron a pronunciarse con epéntese consonántica nasal e sen vogal nasal (-aun). Para min, o que houbo é un cambio de grafía da resonancia nasal, xa que coido que nas linguas predomina a continuidade e as mudanzas danse na longa duración moi a xeitiño e sen eliminar de súpeto a forma vella. No discurso rápido, a pronuncia de -aun pode simplificarse, ou ben con eliminación do grao de nasalidade (-ao / -au), ou ben con eliminación (ou atenuación) do glide do ditongo (-án). As tres pronuncias (-aun, -au, -án) coexistiron e isto pode conxecturarse, por exemplo, a partir dos datos do galego oriental apuntados por : topónimos do tipo Funtoum, Fontán e Fontao en territorio da terminación actual -ao / -au. Tamén , en documentos medievais de Galicia, achega exemplos coas tres variantes (-aun, -ao / -au e -án) e atesta resultados cunha terminación diferente da actual. No galego de hoxe quedan lugares con variación a pesar das converxencias que se produciron.
No portugués houbo variación e séguea habendo. No norte, ó lado do ditongo nasal estándar -[ãw], deuse unha asimilación das vogais e xerouse o ditongo nasal -[õw] e ambos a dous ditongos perderon o glide velar: -[ã], -[õ]. Esta perda debeuse dar antes no plural para simplifica-la sílaba demasiado complexa: irmãs, irmõs. Postulo isto apoiándome nos datos do galego e en que nas variedades do portugués meridional só sobreviven formas sen glide no plural (-ãs, -õs). No portugués norteño xurdiron formas ultracorrectas do tipo mação en vez de maçã, e incluso do tipo mações en vez de maçãs . As formas ultracorrectas son máis frecuentes no centro e no sur portugués e chegan incluso a cambia-la calidade do glide como rexistra en l[ãw] e l[ãj] en lugar de lã.
Chámolle formas ultracorrectas porque, unha vez que se perdeu o glide na forma masculina (irm[ãw] ˃ irm[ã]), o falante non é capaz de discriminar se as formas do tipo -ã e o seu plural -ãs son as correctas (maçã, maçãs) ou as estigmatizadas pola norma culta con perda do glide (irmã, irmãs). Isto leva ó falante a crear erroneamente mação e as formas femininas irmão(s). No portugués norteño, hai indistinción xenérica por coincidencia de masculino e feminino tanto con perda do glide nas formas masculinas (irmã, irmãs vs. irmã, irmãs) como con formas ultracorrectas con engadido de glide nas formas femininas (irm[ãw], irm[ãw]s vs. irm[ãw], irm[ãw]s). Obsérvese que o galego occidental (irmán, irmáns vs. irmán, irmáns) converxeu nun sistema que tamén existe no portugués norteño cunha grafía diferente. En relación con isto, atestan formas en -ãs e -õs en documentos medievais das variedades dialectais miñotas e do galego do sudoeste. Inda que estas atestacións miñotas teñen pouca frecuencia, consérvanse e continúan vivas hoxe.
Volvendo ós resultados de germanos en galego, outras singularidades son ermanos en Le4 Carracedo e en Le5 Pombriego (Benuza) e irmous en Z2 Lubián (cf. co portugués norteño irmõu). No resto do territorio, debúxanse dúas áreas laterais. Unha máis grande que presenta o plural irmáns, a cal abrangue o galego tudense (incluíndo P24 Vigo) e a maioría da diocese iriense, incluíndo A Coruña (C11), Pontevedra (P15) e Santiago de Compostela (C35). Neste último lugar, tamén hai irmás, que é unha redución de irmáns, e irmaos. Os puntos con irmáns máis orientais da diocese iriense son C11 A Coruña, C23 Cerceda, C35 Santiago de Compostela, P9 Moraña e P14 Cotobade.
O plural meus irmás ocupa unha área máis pequena cá de irmáns xa que abrangue algúns puntos da comarca ferrolá da diocese mindoniense (C7 San Cristovo –Ferrol–, C8 Queira ‑Ares– e C4 Carreira –Valdoviño–) e algúns puntos limítrofes da diocese iriense da comarca de Betanzos (C9 Pontedeume, C10 Carnoedo –Sada–, C15 Betanzos e C20 Aranga) e lugares próximos da diocese mindoniense (L17 Guitiriz). En L17 Guitiriz, alterna irmás coa forma do galego común irmaos.
Cotexando os datos recollidos no Mapa 5 de elaboración propia a partir dos mapas 31 e 63 do ALGa II, obsérvase que a área de meu irmán abrangue unha área máis grande cá do plural meus irmáns. Isto significa que o cambio lingüístico afectou máis á secuencia vogal + ns cá secuencia vogal + n. A razón disto radica en que a primeira secuencia é máis complexa e en que, ademais, é unha tendencia universal simplifica-las codas silábicas con dúas consoantes. Esta simplificación da coda fixo que haxa lugares con plurais do tipo meus irmás e singulares do tipo meuirmán.
Nalgúns lugares da comarca ferrolá (C4 Carreira –Valdoviño–, C7 San Cristovo –Ferrol– e C8 Queira –Ares–), só existen as formas evolucionadas meu irmá (< irmán) e meus irmás (< irmáns). O cambio debeu darse primeiro no plural (irmáns > irmás) e, despois, no singular (irmán > irmá). O resultado (irmá singular → irmás plural) fíxose así máis regular (cf. café → cafés). Na comarca de Betanzos, hai lugares (C15 Betanzos, C9 Pontedeume, C10 Carnoedo –Sada– e C19 Carral) que presentan unha forma evolucionada no plural (irmás) e outra conservadora no singular (irmán).
Como se pode ver no Mapa 6, entre o galego común central e oriental (irmao / irmau, irmaos / irmaus, irmá, irmás) e o galego occidental (meu irmán, meus irmáns, miñairmán, miñas irmáns), formado polo galego tudense e a maioría do galego iriense, conformouse unha área híbrida que se caracteriza por especializar unha variante para o femenino (miña irmán), coincidente co galego occidental, e outra variante distinta para o masculino (meu irmao / irmau), coincidente co galego común ou centrooriental. O plural da forma masculina coincide co galego común (meus irmaos / irmaus) e o da forma feminina tamén (miña irmán → miñas irmás). Estas coincidencias demostran que o galego común ou galego centrooriental se ía impondo sobre as falas occidentais. Da área híbrida forman parte puntos irienses (C31 Deixebre –Oroso–, C42 Cacheiras –Teo–, C44 Ribadulla –Vedra–, P3 Baloira –A Estrada–, P4 Friamonde –A Estrada– e P10 Forcarei), puntos da diocese lucense (P5 Moalde –Silleda–) e puntos aurienses (O5a Camposancos –Avión–, O19 San Roque –Padrenda– e O26 Terrachán –Entrimo–).
A hibridación máis grande dáse no punto mindoniense L17 Guitiriz, onde se di miñairmá e meus irmaos / irmaus / irmás; e no punto iriense C35 Santiago de Compostela, onde se usan miña irmán e meus irmáns / irmás / irmaos / irmaus. Guitiriz está máis escorado cara ó galego común e Santiago de Compostela aínda presenta os dous trazos occidentais (feminino en -án e plural en -áns).
En O31 Lobios, segundo o ALGa, úsanse as formas occidentais para o masculino (irmán, irmáns) e as formas centroorientais para o feminino (irmá, irmás). Dado que, no outro punto do arciprestado de Entrimo (O26 Entrimo), existe meu irmau, parece adecuado conxecturar que, en Lobios, triunfou no masculino irmán despois dunha época de alternancia irmau / irmán. Isto parece probado polos datos de , quen recolleu como formas exclusivas masculinas irmau e irmaus en San Miguel de Lobios e tamén en Ferreiros (Entrimo), Venceáns (Entrimo) e Xes (Lobeira) na década de 1930.
Os datos do ALGa presentan para as formas femininas tanto -á como -án en O31 Lobios (irmá, lan, mañán) e O26 Entrimo (irmán, mazá). grafía con epéntese consonántica as formas femininas singulares (irmán) de Ferreiros (Entrimo) e con epéntese consonántica e vogal nasal as formas femininas plurais (irm[ã]ns); agora ben, en Lobios detecta alternancia nas formas femininas singulares con epéntese consonántica e sen ela (-án / -á) e nas formas femininas plurais (-áns / -ás). Esta última alternancia perdeuse no ALGa e xurdiron as formas femininas máis naturais e regulares irmá e irmás.
As formas do arciprestado de Entrimo mostran continuidade co portugués veciño norteño. No concello altomiñoto de Melgaço, rexistrou a terminación -á (irmá, manhá, cristá, lá) como resultado de -ana, e , en alternancia con ela, a terminación -ã (arrã, manhã, irmã) e, por influxo do baixomiñoto, a terminación -ão (minhão. Dentro do concello de Melgaço, parécelle pouco contaminada a fala de Castro Laboreiro, pronunciado alí como Crasto Liboreiro ou Leboreiro . Este lugar, que foi concello independente, presenta variación nos resultados de -anu: grã, mã e chão. En Parada do Monte (Melgaço), atestou irmã como forma masculina e feminina e os plurais, segundo grafización súa, irmãs e irmans.
7. CABO
Na investigación realizada, asúmese que non se alcanza unha verdade absoluta nin unha verdade inmutable e que a razón histórica non pode ser exacta. Agora ben, aspírase a xustificar ben as propostas feitas.
Na lingüística galega acéptase a evolución -anu > -au/N/ > -án pero, no caso de -inu, non ten tanta aceptación a evolución -inu > -iw/N/ > -ín. Agora ben, esta evolución pode postularse a partir dos exemplos ancareses mũĩn, vecĩn / vecĩũ, lĩũ, fĩũ etc., e a variante brasileira bich[ĩ]. Por outra parte, as formas de Campobecerros marrau e marrancho e as formas do portugués de Chaves mão e mancheia mostran o cambio -au/N/ > -an nun territorio non considerado usualmente como propio desta evolución. Tamén a toponimia presenta -án (Fontán en Trabada –Lugo– e Fontangordo en Vilaboa –Lugo–) en territorio do galego actual -ao / -au. Na lingüistica galega postúlase que de -au/N/ se pasou a dous resultados: un sen glide (-án) e outro sen epéntese consonántica nasal (-au). Agora ben, o que acabo de explicar neste apartado e o que expliquei ó longo do traballo (por exemplo, as diferenzas de terminación nun mesmo lugar segundo a palabra) así como as alternancias de Santiago de Compostela e Guitiriz apoian a miña conxectura e fan que eu prefira considerar que se deron ou, mellor dito, que se puideron dar espontaneamente as dúas solucións en toda Galicia e que, posteriormente, a variedade se eliminou en territorios que foron converxendo por relacións históricas e de veciñanza, que configuraron as falas de cada lugar tal e como son na actualidade. A toponimia (con exemplos de -ao no galego occidental e de -án no galego oriental) tamén apoia a miña hipótese. Aínda que a toponimia é un campo que debe ser pescudado con máis detalle, os seus datos alicerzan máis unha proposta cás grafías dos textos do pasado, xa que estas só poden ser interpretadas como indicios de pronuncias, que nunca poderán ser verificadas. Así a todo, seguindo a Toulmin ; , conténtome con seguir vivindo na incerteza, con non chegar a unha verdade absoluta e con soster unha crenza ou conxectura con xustificacións razoables, que teñan razoabilidade, pero sen seren racionais ó modo racionalista (con racionabilidade) con demostracións matemáticas que mostren a necesidade das deducións. Os datos do meu traballo ofrecen un respaldo para as miñas hipóteses, pero non chegan a garantir que estas sexan necesariamente así. Limítome a defender que as cousas puideron ser presumiblemente así: no discurso coloquial rápido a sílaba complexa sempre pode reducirse. Esas reducións puideron consolidarse na longa duración nunhas palabras e non noutras, nunhas zonas e non noutras dunha maneira non previsible ou, se se prefire, caótica.
As converxencias máis grandes son os sistemas C e D de Fernández Rei e as outras son converxencias comarcais ou case comarcais (maioría da comarca de Ferrol, maioría da comarca de Verín, maioría da comarca de Betanzos...) ou incluso máis pequenas cá da comarca (sur do val de Verín, L1 Candín –denominado por Fernández Rei sistema A–, Z2 Lubián, L17 Guitiriz, O28 Entrimo...).
O galego común ou da área maior presenta como resultados da terminación -anum, -anam, -anos e -anasirmao(s) / irmau(s) e irmá(s) e é o denominado C por Fernández Rei. Este resultado, que é o do concello de Castrelo do Val e o da maioría da comarca verinesa, abrangue grosso modo a zona central e oriental de Galicia. Cómpre lembrar que resaltara as afinidades culturais entre a Galicia non occidental e as zonas fronteirizas asturianas e leonesas.
O galego occidental (meu irmán, meus irmáns, miña irmán, miñas irmáns, denominado B por Fernández Rei, está formado polo galego tudense e a maioría do galego iriense e as formas masculinas del foron elixidas como norma exemplar ou canónica do galego .
Inda que non se acabou de impor ningún sistema de todo, debido á falta dun poder centralizado que divulgase a norma normal como norma exemplar, pode considerarse o sistema centroriental (C) como a koiné galega ou norma normal (vid. supra). Tamén se poden considerar trazos laterais os plurais -ns e -is. As terminacións -ns e -án son marcadores occidentalizantes e a terminación -is é orientalizante.
Entre o galego común central e oriental (con irmao / irmau, irmaos / irmaus, irmá, irmás) e o galego occidental (con meu irmán, meus irmáns, miña irmán, miñas irmáns) conformouse unha área híbrida, xerada polo desaxuste do poder civil e do poder eclesiástico que houbo ó longo do tempo, e caracterizada por especializar unha variante occidental para o feminino (miña irmán) e outra variante centrooriental para o masculino (meu irmao / irmau). O plural da forma masculina coincide co galego común ou da área maior (meus irmaos / irmaus) e o da forma feminina tamén (miña irmán → miñas irmás). Esta coincidencia mostra que o galego común ou galego centrooriental se ía impondo sobre as falas occidentais; no entanto, a fixación no galego normativo (o galego exemplar) das formas masculinas irmán(s) freou a expansión lenta na longa duración das formas centrorientais irmau(s) e miña(s)irmá(s) e, no futuro, é probable que gañen territorio as formas masculinas occidentais.
Da área híbrida forman parte puntos irienses, aurienses, mindonienses e lucenses. Chama a atención a hibridación lingüística da comarca de Santiago de Compostela, xa que, se esta variedade se uniformizase na Idade Moderna ou a principios da Idade Contemporánea, sería moi posible que as formas occidentais ocupasen un territorio maior (cf. o que ocorreu co pronome persoal de nominativo ou suxeito ti). En todo caso, a falta de uniformidade da fala de Santiago de Compostela ensínanos que, ó non ser unha megacidade nin lograr imporse sobre as outras autoridades civís e eclesiásticas autárquicas de Galicia, nin tan sequera logrou uniformiza-la fala da súa comarca. A isto axudou que as elites dominantes non usasen o galego nos rexistros formais.
No continuuum dialectal galego-portugués as formas masculinas -au(s) do galego común son máis parecidas cás formas -án(s) occidentais coas portuguesas normativas grafadas -ão(s) e pronunciadas cun ditongo nasal, xa que só difiren pola marcaxe do grao de nasalidade, o cal se considera que é maior en portugués ca en galego. Agora ben, lingüistas portugueses destacaron a falta de nasalidade ou a menor nasalidade no portugués máis norteño e iso mostra a continuidade entre os falares do sur de Galicia e do norte portugués.
Nas comarcas de Ferrol e de Betanzos, é dicir, en territorio da antiga provincia de Betanzos, perdeuse a nasalización na forma feminina plural (irmás) e iso contribuíu a que se perdera tamén na forma feminina singular (irmá) para dota-la lingua dunha maior regularidade (irmá + s → irmás = café + s → cafés). Nesta zona houbo alternancia entre os elementos masculinos irmau(s) e irmán(s) e, posteriormente, cando se produciu a eliminación da consoante nasal (irmán → irmá, irmáns → irmás), as formas masculinas irmá e irmás pasaron a alternar coas formas irmau e irmaus, respectivamente, e incluso se impuxeron nalgúns sitios.
Financiamento
Este artigo foi realizado no marco do proxecto O galego no seu contexto xeolingüítico: os romances noroccidentais no ALPI, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Agencia Estatal de Investigación, e con referencia PID2023-150684NB-I00.
Referencias bibliográficas
1
ALEPG = Atlas Linguístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza. http://clul.ulisboa.pt/en/projeto/alepg-linguistic-and-ethnographic-atlas-portugal-and-galicia. [6/12/2023].
2
3
4
5
6
7
8
Alonso Núñez, Aquilino S. 1995. Notas sobre a fala de Campobecerros. Cadernos de Lingua 11, 103-127. https://doi.org/10.32766/cdl.11.532.
9
Alonso Núñez, Aquilino S. 1999. Os sufixos nominais diminutivos -iñ-o / -iñ-a, -it-o / -it-a e -ic-o / -ic-a na fala do concello de Catrelo do Val. Cadernos de Lingua 20, 127-143. https://doi.org/10.32766/cdl.20.121.
10
11
Alonso Núñez, Aquilino S. 2002. Contribución ó estudio da fronteira entre os bloques oriental e central no sueste da provincia de Ourense. En Rosario Álvarez, Francisco Dubert & Xulio Sousa (eds.), Dialectoloxía e léxico. 223-244. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega.
12
Alonso Núñez, Aquilino S. 2006. Topónimos compostos de Campobecerros. Cadernos de Lingua 28, 121-143. https://doi.org/10.32766/cdl.28.49.
13
Alonso Núñez, Aquilino S. 2007. O xénero do substantivo na fala do concello ourensán de Castrelo do Val. Verba 34, 311-331. http://hdl.handle.net/10347/3478.
14
15
16
17
18
Alonso Núñez, Aquilino S. 2013. Diferenzas e converxencias dialectais dentro do concello de Castrelo do Val. Estudos de Lingüística Galega 5, 5-25. https://revistas.usc.gal/index.php/ elg/article/view/1348/1185
19
Alonso Núñez, Aquilino S. 2014a. El vocalismo tónico y los principales fenómenos que lo afectan en un habla gallega del sureste de la provincia de Ourense (España). Zeitschrift für Romanische Philologie 130 (3), 725-753. https://doi.org/10.1515/zrp-2014-0057.
20
21
22
Alonso Núñez, Aquilino S. 2017. Os sufixos nominais diminutivos -et-e /-et-a, -uc-o / -uc-a e -ech-o / ‑ech-a na fala de Castrelo do Val. Estudos de Lingüística Galega 9, 5-22. https://doi.org/10.15304/elg.9.3867.
23
24
Alonso Núñez, Aquilino S. 2023a. Los sistemas de nominativo del pronombre personal gallego. Zeitschrift für romanische Philologie 139(2), 453-478. https://doi.org/10.1515/zrp-2023-0016.
25
Alonso Núñez, Aquilino S. 2023b. Los pronombres personales tónicos en un habla gallega. Neuphilologische Mitteilungen 124(2), 6-58. https://doi.org/10.51814/nm.124839.
26
27
Alonso Núñez, Aquilino S. 2023d. Alicerces para trazar unha caracterización dialectolóxica da fala do concello de Castrelo do Val e do conxunto do galego, e a súa relación co cambio lingüístico". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 26. https://dx.doi.org/10.5209/madr.94029.
28
29
Álvarez, Rosario, Francisco Dubert & Xulio Sousa. 2006. Aplicación da análise dialectolométrica aos datos do Atlas Lingüístico Galego. En Rosario Álvarez, Francisco Dubert & Xulio Sousa (eds.), Lingua e Territorio. 461-489. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega. https://doi.org/10.17075/lt.2006.015.
30
31
32
33
34
35
36
Bisol, Leda & João Veloso. 2016. Phonological Processes Affecting Vowels: Neutralization, Harmony and Nasalization. En W. Leo Wetzels, João Costa & Sergio Menuzi (orgs.), The Handbook of Portuguese Linguistics. 69-85. Oxford: John Wiley / Sons. https://doi.org/10.1002/9781118791844.ch5.
37
38
39
40
41
43
44
47
Carvalho, Joaquim Brandão de. 1989. L’origine de la terminaison -ão du portugais: une approche phonétique nouvelle du problème. Zeitschrift für romanische Philologie 105, 148-160. https://doi.org/10.1515/zrph.1989.105.1-2.148.
48
Castelo, Adelina. 2012. Competência metafonológica e sistema não consonântico no português europeu: Descrição, implicações e aplicações para o ensino do português como língua materna.http://hdl.handle.net/10451/7454.
50
51
52
Costas González, Xosé Henrique. 1999. Valverdeiro, lagarteiro e mañego: O galego do Val do Río Ellas (Cáceres). En Francisco Fernández Rei & Antón Santamarina (eds.), Estudios de Sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. 83-106. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
53
54
55
56
57
58
59
61
Fernandes, Maria Alice & Esperança Cardeira. 2017. Notas sobre toponímia portuguesa medieval. En María Álvarez de la Granja, Ana Isabel Boullón Agrelo & Ernesto Xosé González Seoane (eds.), Aproximaciónsá variación lexical no dominio galego-portugués. Revista Galega de Filoloxía, monografía 11, 149-174.
65
66
67
68
69
71
72
73
74
75
76
77
78
81
82
83
Méndez García de Paredes, Elena. 1999. La norma idiomática del español: visión histórica. Philologia hispalensis 13, 109-132. https://doi.org/10.12795/PH.1999.v13.i01.08.
84
85
86
Moreira, Ana João Herdeiro de Brito Alves. 2016. Um tratado de medicina inédito do século xviii: Estudo comparativo com fonte impressa e aspetos de variação na língua do Minho. Universidade do Minho. https://hdl.handle.net/1822/44294.
87
88
89
90
91
93
95
Pimenta, Heglyn. 2022. Sobre a Ditongação de Vogais Nasais em Português Europeu. En Marcia dos Santos Machado Vieira & Vanessa Meireles (eds.), Variação em Português e em Outras Línguas Românicas. 67-90. São Paulo: Blucher. https://doi.org/10.5151/9786555501292-03.
96
97
Regueira, Xosé Luís. 2010. Nasalización en gallego y en portugués. Estudios de Fonética Experimental 19, 71-110. https://www.raco.cat/index.php/EFE/article/download/218542/297973/.
98
99
Sampson, Rodney. 1999. Nasal Vowel Evolution in Romance. Oxford: Oxford University Press. https://doi.org/10.1093/oso/9780198238485.001.0001.
100
Sánchez Rei, Xosé Manuel. 2018. Toponimia menor e conservadorismo lingüístico: algúns exemplos contemporáneos da cidade da Coruña. LaborHistórico 4(2), 135-148. https://doi.org/10.24206/lh.v4i2.23558.
101
102
103
104
105
106
107
108
111
112
113
114
115
116
117
119
Nota ao pé de páxina
[1] O concello de Castrelo do Val pertence ó partido xudicial de Verín, á provincia civil de Ourense e ó bispado auriense. A comarca verinesa ou de Monterrei foi do convento xurídico romano bracarense e está formada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
[2] Prefiro citar sempre o lugar (neste caso, Campobecerros) ó lado do punto (neste caso, O22) porque o texto é máis entendible e lexible ó non ter que recorrer a unha táboa que indique que O22 = Campobecerros).
[4] usa o termo koiné para a lingua común que vai xurdindo da confluencia das diferentes falas locais.
[5] Non se vai discutir neste artigo as razóns que levaron a preferir na normativa galega irmán antes ca irmau pero é evidente que a forma escollida se parece menos á portuguesa estándar .
[6] Ó se-lo galego da área maior, pode considerarse o galego maioritario en sentido xeográfico. No pasado (na Idade Media, na Idade Moderna e na maioría da Idade Contemporánea) era evidente que a área maior do galego era tamén a maioritaria en falantes de galego . Dende a década de 1960 a emigración ás cidades da costa galega fíxoas medrar moito. Agora ben, os emigrantes da provincia de Ourense a Vigo continuaron falando galego centrooriental e os seus descendentes raramente pasaron ou non pasaron a falar galego con trazos occidentalizantes como irmán ou sinco. Eu non coñezo ningún destes últimos casos.
[7] O concepto de longa duración procede de , quen pasou a analiza-los sucesos históricos dentro dunha nova temporalidade chamada longue durée en lugar de centrarse no tempo curto (a máis enganosa das duracións).
[8] defende a continuidade para os pobos de España. Esta é maior para os pobos do norte. Para o sur admite a hibridación de elementos islámicos e hispanocristiáns.
[9] Denomino galegocomún a aquel que ocupa a área maior (neste caso aproximadamente 2/3 do territorio). O concepto de área maior é un concepto xeográfico da xeografía lingüística. explica con máis detalles o concepto de galego común, que é equivalente ó de norma normal de . En moitas ocasións o galego non creou unha norma normal, unha área maior. Uso galego común, koiné galega e galego maioritario (entendido como o de área maior) como sinónimos.
[10] Para os estruturalistas, os conceptos de fonema e arquifonema son idealizacións dos sons que se realizan no cerebro. Antes deles, os alfabetos creados baseáronse na segmentación na cadea sonora continua de unidades abstractas representadas polas chamadas letras, que simbolizan cada unha delas unha clase de elementos fónicos.
[11] Regueira ; admite, nas secuencias vocal + nasal + consoante obstruínte do tipo mundo, analizadas por el nun laboratorio de fonética, que os falantes portugueses presentan maior nasalidade porque a porcentaxe de vogal nasalizada se aproxima ó 100% en portugués e é superior ó 50% en galego.
[12] Cómpre lembrar que a parte nororiental da provincia de Ourense pertenceu e pertence ó bispado de Astorga (GEG s.v. Astorga, Diócesis de).
[14] Uso o posesivo ó lado do substantivo para facer referencia á forma masculina ou á forma feminina.
[15] Dado que se recolleu neste punto irmao e irmá, conxecturo que tamén existiu irmán, elemento que despois se reduciu a irmá.
[16] Con posterioridade ó ALGa, atopou na comarca de Santiago de Compostela e na propia cidade variedade nos resultados de -anu como demostran os exemplos meuermán e meuermao / irmau, man e mao / mau, chan e chao / chau, e verán e verao. Agora ben, Dubert atopou, como formas únicas, tabao e grao.
[18] Nunha análise morfolóxica sincrónica tanto o elemento final de irmau coma o de irmán forman parte dunha única palabra insegmentable (irmau ‘irmán = significado léxico + masculino’ vs. irmán ‘irmá = significado léxico + feminino’). Para estas cuestións véxase Alonso Núñez ; ;
[19] En relación coa influencia da ortografía é interesante o que se di na tese de , quen tratou a competencia metafonolóxica do sistema non consonántico do portugués europeo en alumnos portugueses do ensino básico e secundario, e realizou dous estudos empíricos en que se avaliou o desempeño en tarefas metafonolóxicas de informantes de catro anos escolares: 5.º ano (10 informantes no estudo piloto e 36 no estudo principal); 7.º ano (10 e 34 informantes); 10.º ano (10 e 34 informantes) e 1.º ano do ensino superior (10 e 36 informantes). Tamén fixo tarefas de avaliación de consciencia segmental, de consciencia de procesos fonolóxicos e de coñecemento explícito sobre procesos fonolóxicos. Tódolos grupos escolares revelaron un desempeño insatisfactorio e rexistrouse unha tendencia para mellorías lixeiras na consciencia de segmentos e de procesos a partir do 10.º ano, pero só a variable proceso fonolóxico mostrou un impacto claramente disociado da interferencia do coñecemento ortográfico. Os resultados indican o uso dunha estratexia ortográfica na resolución de tarefas metafonolóxicas e levan á autora a elaborar propostas didácticas para promove-la competencia metafonolóxica no ensino básico e secundario.
[20] Lémbrese que o único que presupoño é unha resonancia nasal, a cal pode transcribirse cun arquifonema, cun til de nasalidade, cunha consoante nasal ou mesturando máis dun elemento.
[21] A grafía -ao é un caso evidente de grafía conservadora posto que o ditongo xa existía na etapa da grafía medieval -ãõ ou -aom ou -auns.
[22] Cómpre precisar que a interpretación bifonémica (vogal oral seguida dunha consoante nasal tautosilábica /VN/) da vogal nasal prevalece en Brasil con , quen tratou este tema no capítulo dedicado ás sílabas, e con Barbosa ; en Portugal. informan que competiron dúas visións sobre as vogais nasais do portugués. Unha, que defendeu Hall Jr. ; , sostén que a nasalidade é contrastiva nas vogais (/Ṽ/ vs. /V/) e outra, que defendeu e moitos outros despois, decántase por unha representación bifonémica. O experimento perceptivo que realizou apoia a interpretación bifonemática.
[23] Para o asturiano, a evolución de vecino > vecín, explícase por relaxación da vogal final ; . propón a relaxación da vogal final para as formas do galego oriental -ín (˂ -inu e apóiase para iso en que se trata dun fenómeno suprarrexional sobre o que hai unanimidade no tronco asturleonés e passim; ; .
[24] Represento con arquifonema e tamén podería representar con til de nasalidade ou cunha consoante nasal ou mesturando varios elementos pero, como se defende en todo o traballo, o que houbo presumiblemente é unha resonancia nasal máis esaxerada ca na actualidade. Cómpre lembrar que as vogais e os ditongos sempre teñen nasalidade, pero non sempre se marcan na escrita (cf. a grafía portuguesa estándar muito coa grafía portuguesa muinto, propia de persoas non cultivadas).
[25] comenta que os ditongos nasais non finais do portugués presentes nas palabras cãibra, muito e zãibo son tratados como excepcións e deixados de lado nas análises fonolóxicas do portugués (cf. . Lémbrese o dito sobre a nasalidade de muito na nota anterior.
[27] cita tamén topónimos deste tipo no nordés lugués e coida que son moi rechamantes os topónimos derivados de fontanu con -án na parte nororiental luguesa: Fontán (Trabada) e Fontangordo (Vilaboa ‑A Pontenova–), e o topónimo Funtoum (Trabada), recollido por nun documento de 1230 para un lugar que aparece nomeado en 1089 como Funtano.
[28] Vilarchao non figura no Nomenclátor de Galicia no Grove; si que existe a Urbanización Villarchao, que seguramente debe o nome á unha familia de Ourense que se estableceu no Grove hai máis de cen anos (http://bueu.esy.es/Revistas/Aunios/25/24-Familia-Villarchao.pdf).
[29] Para a distinción entre coñecemento de experto ou episteme e coñecemento ordinario ou doxa véxase .
[30] Estes autores seleccionan como definitorios tales trazos. O pensamento complexo de Morin ; axuda a entender que a compexidade (de complexus ‘o que é tecido xunto’) é un tecido de constituíntes heteroxéneos inseparablemente asociados, que fai evidente o paradoxo do un e do múltiple. Dunha maneira parecida ó que acontece na física subatómica, que mostra que o átomo non é o lugar da simplicidade física e lóxica, senón unha fronteira sobre unha complexidade quizás inconcibible , na análise lingüística do significante, ó chegar ós elementos mínimos (fonema e son), descóbrese unha realidade substancial múltiple do son, como unha nebulosa de trazos fónicos. Nebulosa que os fonólogos reducen a trazos pertinentes e os fonetistas a trazos preponderantes ou principais. O uso de aparatos ou instrumentos complementa a descrición lingüística, pero non soluciona de vez o problema da categorización lingüística.
[31] Hai autores que explican a unificación dos singulares por evolución fonética e outros por accións analóxicas; explica os cambios por causas fonéticas e analóxicas, as cales se complementan. Inda que este autor non se pare a explica-lo que propón, considero que houbo razóns dos dous tipos. Tamén penso que o cambio gráfico do portugués de -am a -ão só se pode dar se -ão ten unha pronuncia ditongada, a cal é unha estratexia natural de busca da optimidade silábica da cal carecen os hiatos por non teren unha marxe silábica o suficientemente clara. En relación coas pronuncias, é consciente de que as grafías antigas esconden a ditongación dos hiatos, e de que, durante a Idade Media, xa había eliminación de hiatos (28), incluídos os nasais (44) do tipo [ãw̃], exemplificado con eliminación dunha sílaba (mã-o ˃ mão). Tanto Castro (1991: 162-240), filólogo portugués, como , filóloga brasileira, consideran que, se ben é imposible verifica-las pronuncias dos textos antigos, xa había ditongos nasais dende o século xiii. Dito con palabras de Castro (1991: 216): “A colecção de exemplos acima presta-se a traçar a história dos hiatos nasais, que entre o século xiii e o xv foram sendo eliminados de diversas formas”. Unha idea parecida sostena cando di: “Note-se que o ditongo -[α̃w] não ocorria no Português Antigo [que comprende para ela dende os primeiros documentos ata finais do século xiv ou mediados do século xv] com a mesma frequência com que ocorre actualmente” (49).
[32] expón que os gramáticos portugueses usaron como guía o castelán para discrimina-los plurais portugueses.
[33] Dado que as palabras con alternancia do tipo [ɐ̃w̃] / [õȷ] para singular e plural, respectivamente, son as máis frecuentes, isto explica que este modelo se expanda no portugués actual por non seren capaces os falantes de motiva-los diferentes tipos plurais a partir dunha forma singular única do portugués estándar.
[34] O resultado ditongado da terminação latina -ana era, aínda no século xx, un trazo dialectal miñoto, que, difundido coa colonización interna, pasou a caracterizar outras variedades diatópicas ; .
[35] No falar altoalentexano de Tolosa (concello de Nisa), os nomes terminados en -ãu (<-ANU) pasan todos eles a face-lo plural en -õs se do xénero masculino e en -ãs se do xénero feminino. Os plurais en -õs caracterizan o madeirense (véxase .
[36] Para a nasalización das vogais nas linguas romances véxase , quen tamén trata as mudanzas históricas que deron lugar ás vogais e ditongos nasais do portugués. Para isto último, véxanse tamén de e .
[37] Unha vez que o falante só emprega formas do tipo mação no singular, non pode motiva-lo plural da palabra e, en consecuencia, poden xurdir plurais non etimolóxicos do tipo mações ou macains. A palabra macains , grafada sen ç maçains), aparece nun texto norteño de medicina do século xviii e representa con -ains o ditongo (ai), a nasalidade (n) e o plural (s).
[38] É posible que unha máquina atine máis cós propios falantes, pero estes non discriminan dun xeito tan categórico coma as máquinas, senón que interpretan dun xeito que tende a casar co que fan o resto dos falantes do seu lugar ou, como din os estruturalistas, seguindo a estrutura aprendida e construída pola súa propia mente. Convén recordar que son estas percepcións tan flexibles as que dan lugar ós cambios lingüísticos e convén recordar que insiste na noción de estrutura como xeradora de continuas transformacións: cada estrutura remítenos ás estruturas precedentes, pero tamén a algúns mecanismos operativos que traballan por debaixo destas. En todo caso, é a percepción do falante e do oínte a que importa para a categorización lingüística (Eco ; ; ; .