Contido principal do artigo

Xosé Xove
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol 1 (2009), Peneira
Recibido: 05-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

A partir da inclusión da locución prepositiva cara a nas Normas de 1982 houbo certa tendencia a mantela sempre, mesmo cando precedía adverbios de lugar. Con base no uso escrito e oral manifestado nos textos galegos incluídos no TILG examinamos o uso de cara a / cara no contexto mencionado. Os resultados, tanto da lingua escrita coma dos cancioneiros e transcricións da fala, indican con rotundidade que no período 1612- 1984 a forma xeral é cara + adverbio de lugar e que, se a partir de 1985 comezan a observarse na escrita exemplos de cara a + adverbio de lugar (minoritarios en relación a cara), isto só pode deberse a unha aplicación ultracorrecta da forma recollida nas Normas de 1982. A regra de uso de cara en lugar de cara a coincide en todo coa regra de ausencia de a no mesmo contexto sintáctico. Por outro lado, cara a convive con outras posibilidades de uso máis limitado, como de cara a e (de) cara para.

Detalles do artigo

Citas

Álvarez, Rosario / Henrique Monteagudo / Xosé Luís Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.

Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

DD = Santamarina, Antón (ed.) (2003): Diccionario de diccionarios. Versión 3. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.

Dic. Xerais = Ares Vázquez, Mª Carme et al. (1986): Diccionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.

DRAG = García, Constantino / Manuel González González (dirs.) (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG / Xerais / Galaxia.

Fernández Salgado, Benigno (coord.) (1991): Diccionario de dúbidas da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Fernández Salgado, Benigno (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.

García González, Constantino (dir.) (1990): Diccionario da lingua galega. Santiago de Compostela: Real Academia Galega, Seminario de Lexicografía.

Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Normas = Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Vigo: RAG / ILG (1ª ed.: 1982).

Saco Arce, Juan A. (1868): Gramática gallega. Lugo: Imp. de Soto y Freire.

Solá, Joan et al. (dirs.) (2002): Gramàtica del català contemporani, vol. 2. Sintaxi (1-16). Barcelona: Empúries.

TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Imaxin (http://www.ti.usc.es/tilg/).

TMILG = Varela Barreiro, Francisco Xavier (dir.): Tesouro medieval informatizado da lingua galega, Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega (http://corpus.cirp.es/tmilg/).

VOLGa = González González, Manuel / Antón Santamarina Fernández (coords.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: Real Academia Galega / Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega.

Xove, Xosé (coord.) (1995): Diccionario da lingua galega. Vigo: Obradoiro / Santillana.

Xove, Xosé (coord.) (2005): Novo dicionario da lingua galega. Vigo: Obradoiro / Santillana.