Contido principal do artigo

Xosé Xove Ferreiro
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol 2 (2010), Peneira
Recibido: 13-11-2013 Aceptado: 13-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaia seguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo contracción dentro do noso uso gramatical no marco das relacións entre grafía e pronuncia, por un lado delimitando o que inclúen as contraccións e polo outro destacando que pode haber pronuncia “contracta” mesmo en ausencia de composto gráfico. Nesta liña, aínda que as Normas non informan sobre isto, sinalamos que a grafía con un non impón [ko???], senón que pode corresponder tamén a [ku?]. A consulta das bases TILG e CORGA, e mais dun conxunto importante de textos con transcricións da fala mostra que a prescrición normativa é fundamentada, pois a amálgama fónica falta sobre todo cando un é N. Neste mesmo contexto sintáctico os galegofalantes practican tamén contraccións fónicas, particularmente cando un, como N, vai seguido da prep. de + sintagma; nestas situacións a pronuncia [ku?] pode corresponder de maneira natural á grafía normativa.

Detalles do artigo

Citas

A nosa fala = Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (1996): A Nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Álvarez, Rosario / Henrique Monteagudo / Xosé Luís Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.

Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Asturias = Babarro González, Xoán (1993): Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística. Tese de doutoramento. Univ. de Santiago de Compostela.

A Veiga = Fernández Vior, José Antonio (1997): El habla de Vegadeo (A Veiga y su Concejo). Uviéu: Academia de la Llingua Asturiana.

Bases = Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego. 1977. Univ. de Santiago de Compostela / E. Anaya.

Begonte = Graña Núñez, Xosé (1983): Contribución ó estudio da dialectoloxía galega: Begonte (Lugo). Tese de licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Cangas = González González, Margarita (2002): El gallego hablado de Cangas de Morrazo. Tese de doutoramento. Univ. de Oviedo.

Carballo Calero, Ricardo (19797): Gramática elemental del gallego común. Vigo: Galaxia.

Cebreiro = Roux, Martine (1982): Fala o fistor e faise o día. Algúns aspectos da tradición oral galega na parroquia do Cebreiro. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.

Compostela = Dubert García, Francisco (1998): A fala de Santiago de Compostela. Estudio xeolingüístico. Tese de doutoramento. Univ. de Santiago de Compostela.

CORGA = Rojo, Guillermo (dir.): Corpus de Referencia do Galego Actual. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades (http://corpus.cirp.es/corga).

Feás = Couceiro Pérez, José Luis (1976): El habla de Feás. Anexo 5 de Verba. Santiago de Compostela: Univ. de Santiago de Compostela.

Gallego 2 = Instituto de la Lengua Gallega (1972): Gallego 2. Santiago de Compostela: Univ. de Santiago de Compostela.

Gallego 3 = Instituto de la Lengua Gallega (1974): Gallego 3. Santiago de Compostela: Univ. de Santiago de Compostela.

Goián = Pousa Ortega, Helena (1987): A fala de Goián. Estudio descritivo. Tese de licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Maia, Clarinda de Azevedo (1986): História do Galego-Português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI (Com referência à situação do galego moderno). Coimbra: Instituto Nacional de Investigação Científica.

Negueira = Santamarina, Antón (1975): “Testos e noticia da fala de Negueira (Lugo)”, Verba 2, 307-323.

Normas = Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (1982): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Vigo: RAG / ILG (1ª revisión: 1995; 2ª revisión: 2003).

Oscos = Alonso, Dámaso (1969): “Narraciones orales gallego-asturianas. San Martín de Oscos”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXIV, 140- 153. Reimpreso en Obras Completas. I. Estudios Lingüísticos Peninsulares, 1972. Madrid: Gredos, 495-521.

Papés = Mariño Paz, Ramón / X. R. Barreiro Fernández / Rosa Aneiros Díaz (eds.) (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I). Santiago de Compostela: CCG (http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/09/papes_demprenta.pdf).

Queizán = Castro Castedo, Xosé Manuel (1986): O galego en Queizán (O Corgo). Tese de Licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Saco Arce, Juan A. (1868): Gramática gallega. Lugo: Imp. de Soto y Freire.

Sada = Ríos Panisse, Mª Carme (1974): “Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudio lingüístico”, Verba 1, 181-232.

Sarria = López Castro, Mª Xosé (1990): A fala de Sarria (Lier, Calvor, Castelo). Estudio fonético e léxico. Tese de Licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Seteventos = Sánchez Rodríguez, Helena (1983): A fala da parroquia de Seteventos. Tese de Licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Terra Chá = Regueira Fernández, Xosé Luís (1989): A fala do norte da Terra Chá. Estudio descritivo. Tese de doutoramento. Univ. de Santiago de Compostela.

TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Imaxin (http://www.ti.usc.es/TILG/).

Verín = Taboada Cid, Manuel (1979): El habla del valle de Verín. Anexo 15 de Verba. Santiago de Compostela: Univ. de Santiago de Compostela.

Vincios = Costas González, Xosé Henrique (1986): Aproximación lingüística á fala de Vincios (Val Miñor). Tese de licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.

Zolle = Vázquez Somoza, Xosé Luís (1986): O galego en Zolle (Guntín). Tese de Licenciatura. Univ. de Santiago de Compostela.