Contido principal do artigo

Antón Costa Rico
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-5260-7435
Biografía
No 29 (2019): Respostas educativas innovadoras ao cambio climático, Artigos, páxinas 157-197
DOI https://doi.org/10.15304/ie.29.6284
Recibido: 18-09-2019 Aceptado: 24-11-2019 Publicado: 10-12-2019
Copyright Como citar

Resumo

Célestin Freinet, cunha inquedanza intelectual, emocional e social extraordinaria, levou adiante unha intensa acción pedagóxica entre 1920 e 1966. Fíxoo con capacidade renovadora das escolas ao propoñer novas técnicas, instrumentos e recursos didácticos e novas orientacións de filosofía educativa, a partir dunha intensa experimentación práctica, constantemente reflexionada e teorizada, fusionando niso aspectos da corrente escolar socialista, do pragmatismo deweyano, do activismo da Escola Nova, do vitalismo filosófico, da Gestalt e aínda do condutismo e do construtivismo psicolóxico. Mediante a construción e renovación dunha dinámica rede de profesorado presente no conxunto do territorio francés e en diversos estados e nacións (desde o Xapón ao Senegal, desde México ata Italia) a Pedagoxía Freinet continua sendo hoxe unha orientación innovadora e de futuro, ao dar vida a valiosas prácticas escolares. O presente texto procura realizar unha presentación global e sistemática desta orientación pedagóxica, tendo en consideración a súa evolución no tempo e como actualmente se define, ao ter considerado tanto as análises críticas realizadas desde o pensamento pedagóxico que a analiza, como o seu propio dinamismo.

Detalles do artigo