Contido principal do artigo

Carmen Ferreira Boo
Universidade da Coruña
España
https://orcid.org/0000-0002-6069-568X
Biografía
No 10 (2023), Notas, páxinas 1-17
DOI https://doi.org/10.15304/elos.10.9267
Recibido: 20-06-2023 Aceptado: 11-10-2023 Publicado: 10-11-2023
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

Realízase unha achega biobibliográfica á figura da autora clásica contemporánea galega Fina Casalderrey, reparando nas principais liñas temáticas da súa produción narrativa infantil e xuvenil para o desenvolvemento da educación literaria. Na narrativa xuvenil salientan a ficción científica, as problemáticas adolescentes e o misterio; mentres que a narrativa infantil se clasifica en oito categorías temáticas: respecto aos animais, relacións familiares, temas tabús, descuberta do mundo, problemáticas sociais, aprendizaxe vital, defensa da natureza e misterio. Conclúese que o éxito da longa traxectoria literaria de Casalderrey a sitúa no centro do canon da Literatura Infantil e Xuvenil galega, grazas a unha poética propia e singular, que se caracteriza pola naturalidade, linguaxe sinxela, inxenuidade, tenrura e humor. O estudo complétase cunha entrevista na que a escritora profunda nalgunhas cuestións da súa vida persoal e profesional e da súa faceta literaria.