Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil
https://revistas.usc.gal/index.php/elos

Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil é unha publicación científica de periodicidade anual, pero de fluxo continuo, editada polo Grupo de Investigación LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación (ICE)-Universidade de Santiago de Compostela.
Está patrocinada pola Universidade de Santiago de Compostela; a Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); o proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; e ELOS-Galicia. Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
Creouse co obxectivo de fomentar un espazo de debate e reflexión ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, un foro de análise crítica, de difusión da investigación e de visibilización deste sistema literario.
Para cumprir estes obxectivos, a revista presenta catro seccións: Miscelánea, con traballos de investigación orixinais sobre Literatura Infantil e Xuvenil, focalizados cara á Historiografía, Teoría literaria, análise de obras literarias, Tradución, Educación literaria e calquera aspecto relacionado; Sección Monográfica, coa mesma estrutura e aspectos formais que rexen para os artigos da Miscelánea, pero que responden a unha temática concreta que se anunciará xunto á respectiva chamada de traballos; Recensións, comentarios críticos e orixinais sobre monografías, estudos, revistas e calquera outro material de carácter científico que se teña publicado nos dous últimos anos sobre a temática que acolle a Revista; e Para saber máis, repositorio de traballos críticos ou monográficos de autoría individual ou colectiva que se consideren de relevancia para o estudo e coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil, así como bibliografías descritas que orienten a investigación sobre este eido e contribúan ao seu avance.
Elos aparece indizada en ERIH+, ESCI, REDIB e MIAR
As linguas de publicación de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil son o galego, o castelán, o inglés e o portugués. O portal dixital desta Revista pódese consultar en galego, castelán e inglés.
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostelagl-ESElos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil2386-7620
Ao publicar en Elos, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).

Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Biografías de Emilia Pardo Bazán para futuros lectores
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/8168

O presente artigo ofrece unha análise das recensións e biografías de Emilia Pardo Bazán dirixidas ao público infantil e xuvenil. O percorrido comeza cunha mostra de libros de texto de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e pasa a centrarse nas biografías divulgativas, tanto nas individuais como nas breves inseridas dentro de antoloxías de mulleres. Con este traballo preténdese analizar que informacións se ofrecen a este público concreto para que se acerque á súa vida e obra, que obras se mencionan e que imaxes se utilizan para ilustrar a súa persoa. Son 11 os materiais estudados e da comparativa realizada non só se extraen conclusións, senón que tamén se abren portas a novas cuestións ou reflexións, como a constatación da ausencia de materiais sobre esta autora destinados ao público infantil.
Sandra Mª Peñasco González
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-04-102023-04-101011410.15304/elos.10.8168Entre o libro físico e a versión audiovisual dos contos: un estudo sobre os soportes utilizados nas aulas de educación infantil
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/8274

Este estudo pretende coñecer en que tipo de medios o profesorado de Educación Infantil achega a literatura infantil ao seu alumnado. Para iso, preséntanse os resultados dunha investigación cuantitativa descritiva realizada a través dunha enquisa a profesores en activo (n = 111). A partir dos datos recollidos, púidose valorar cales son os soportes máis e menos utilizados. Así, pódese afirmar que o libro físico é o medio favorito do profesorado, mentres que os libros electrónicos son os menos utilizados. Para completar a investigación, correlacionáronse os diferentes soportes co curso e co gusto pola lectura. Os resultados demostraron que existen soportes especialmente vinculados ao primeiro ciclo e outros que se utilizan especialmente no segundo. Por outra banda, o gusto pola lectura non parece ser unha variable da que existan diferenzas estatisticamente significativas.
Ana Segovia GordilloCristina V. Herranz-Llácer
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-04-172023-04-171011410.15304/elos.10.8274A revolta ausente e a vacinación como lección: asedios pedagóxicos á Revolta da Vacina
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/8774

Este artigo analiza tres textos de literatura infantil que representan a Revolta da Vacina, un motín popular ocorrido en Río de Janeiro a finais de 1904. O seu propósito é pensar como se reconstrúe a violencia subxectiva das masas cariocas no discurso literario e, sobre todo, que se reconstrúe e que non. Sosteño que estas obras visitan o evento para romantizar a época, borrando a violencia en si. É dicir, este empeño ficcional, cuxo norte é facilitar a aprehensión histórica do público infantil, rememora a revolta como unha simple lembranza da Belle Époque carioca e non como un fito da resistencia popular contra a violencia modernizadora do Estado. Os textos son: Ludi na Revolta dá Vacina (1999) de Luciana Sandroni; Eu era criança: Durante a Revolta dá Vacina (1998) de Marilú F. Marin e Elias Monteiro; e Quatro dias de rebelião (1980) de Joel Rufino dous Santos.
Hector Alfonso Melo Ruiz
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-10-062023-10-061011810.15304/elos.10.8774Os desafios na edição de audiolivros infantojuvenis
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9052

A crescente popularidade do audiolivro a nível mundial, na última década, incentivou as editoras portuguesas a iniciar o investimento neste formato. No entanto, a edição de audiolivros infantojuvenis apresenta-se mais desafiadora do que os restantes segmentos, principalmente devido aos elevados custos e ao nível de adaptação do texto necessários para garantir a sua qualidade. Dado o seu recente desenvolvimento em Portugal, raros são os estudos que se debruçam sobre o formato áudio e a produção nacional já existente. Assim, o presente artigo procura refletir sobre os desafios mais prementes na edição de audiolivros infantojuvenis, a partir da análise da oferta do grupo editorial LeYa. Procede‑se, então, ao estudo do contexto português da edição de audiolivros, à análise das características e limitações do formato áudio, assim como à distinção entre livro ilustrado e livro-álbum, a fim de compreender que características, tipologias e géneros da literatura infantojuvenil podem trazer desafios à produção áudio.
Leonor Rodrigues Furtado
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-10-102023-10-101011110.15304/elos.10.9052Era unha vez un conto… musical! Criterios para o seu uso na iniciación á música
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9147

O conto musical asemella ser unha ferramenta moi útil nos contextos de iniciación musical, pero realmente é aproveitado o potencial educativo e motivador destes contos na ensinanza especializada da música? A iniciación musical adoita ter lugar no ámbito das ensinanzas non reguladas, onde atopamos un déficit de investigación e experiencias publicadas que nos permiten coñecer os recursos máis empregados, entre outros, o conto musical.

A investigación que se presenta busca extraer algunhas chaves para a inclusión do conto musical no proceso de ensinanza-aprendizaxe da música. Para tal fin, realizáronse entrevistas e grupos de discusión con expertos, analizándose a súas aportacións en relación a unha definición de conto musical e as directrices para a elaboración e o uso de estes no ámbito da iniciación á música. Os resultados permiten coñecer cales son os elementos que subxacen nunha proposta didáctica que, partindo dun conto musical que funcione coma fío condutor, implique un proceso de ensinanza-aprendizaxe significativo da música.
Laura Álvarez CortizoAlbert Casals IbáñezCristina González Martín
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-10-192023-10-191011510.15304/elos.10.9147Viajar num museu sem sair do lugar: para uma leitura de uma selecção de livros-álbum
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9207

A presença da arte na literatura para a infância, em particular no livro-álbum, tem sido assídua (Nodelman, 2018; Serafini, 2015; Silva, 2015; Yohlin, 2012). Analisaremos um corpus textual composto por cinco livros-álbum, de diferentes “tipologias”. Além do conto em forma(to) de álbum, com palavras e ilustrações (O Museu (2013), de Susan Verde e Peter Reynolds; Perdi-me no museu porque... (2017), de Davide Cali e Benjamin Chaud; e O lobo que partiu à descoberta do museu (2021), de Orianne Lallemand e Éléonore Thuillier), incluímos uma narrativa visual (Museum (2019), de Javier Sáez-Castán e Manuel Marsol) e, ainda, um livro-álbum não ficcional (O que se faz no Museu? (2022), de Mariana Ramos e Catarina Correia Marques). Estas obras ficcionalizam espaços físicos que mimetizam um museu, apresentado diversamente, através da sua recriação pela decoração com figurações estilizadas de pinturas célebres, pela paródia alusiva a obras de arte reconhecidas ou à transfiguração de peças que ganham vida ou, ainda, pela veiculação de conteúdos informativos/factuais. Destacaremos especificidades técnico-compositivas e estético-estilísticas, bem como potencialidades no sentido da sensibilização para a arte. Estes livros poderão permitir experiências reflexivas e imaginativas com a arte (Yohlin, 2012), constituindo instrumentos fundamentais na educação artística e literária desde a primeira infância.
Sara Raquel Duarte Reis da Silva
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-06-072023-06-071011110.15304/elos.10.9207Pegadas da novela picaresca no século XX: Un estudo sobre Antón Retaco de María Luisa Gefaell
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9109

As teorías que recolle este estudo sobre a evolución da novela picaresca sinalan que baixo dita categoría non se inclúe unha serie de obras homoxénea. Con todo, os criterios temporais e xeográficos resultan máis precisos, pois trátase dun dos legados máis significativos da tradición literaria española e encádrase no "Siglo de Oro". Con todo, diversos autores chaman a atención sobre a recorrencia de elementos narrativos picarescos na literatura de séculos posteriores. Así pois, tras presentar unha panorámica sobre a tradición picaresca que expón as súas características definitorias no contexto das súas orixes, e tamén a súa transcendencia no tempo e o espazo, desenvólvese unha análise do libro infantil Antón Retaco (1955), da escritora española María Luisa Gefaell, co fin de examinar algunhas características que evocan a narrativa áurea e como se adaptan a un novo contexto literario.
Sara Núñez de la Fuente
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-09-292023-09-291011510.15304/elos.10.9109Fina Casalderrey, exemplo de mestra e escritora a prol da educación literaria, o fomento de valores e a Literatura Infantil e Xuvenil
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9267

Realízase unha achega biobibliográfica á figura da autora clásica contemporánea galega Fina Casalderrey, reparando nas principais liñas temáticas da súa produción narrativa infantil e xuvenil para o desenvolvemento da educación literaria. Na narrativa xuvenil salientan a ficción científica, as problemáticas adolescentes e o misterio; mentres que a narrativa infantil se clasifica en oito categorías temáticas: respecto aos animais, relacións familiares, temas tabús, descuberta do mundo, problemáticas sociais, aprendizaxe vital, defensa da natureza e misterio. Conclúese que o éxito da longa traxectoria literaria de Casalderrey a sitúa no centro do canon da Literatura Infantil e Xuvenil galega, grazas a unha poética propia e singular, que se caracteriza pola naturalidade, linguaxe sinxela, inxenuidade, tenrura e humor. O estudo complétase cunha entrevista na que a escritora profunda nalgunhas cuestións da súa vida persoal e profesional e da súa faceta literaria.
Carmen Ferreira Boo
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-11-102023-11-101011710.15304/elos.10.9267Unha viaxe ao centro do libro
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9366

Neste artigo realízase un percorrido por unha selección de catro contos cuxo tema principal xira arredor dos libros e do ambiente das bibliotecas. Concretamente, analízanse tres álbums ilustrados e mais un libro de poesías: El libro en el libro, de Jörg Müller; El libro que se sentía solo, de Kate Bernheimer, ilustrado por Chris Sheban; El pez rojo, de Taeeun Yoo; e Los versos del libro tonto, de Beatriz Giménez de Ory, ilustrado por Paloma Valdivia.

O motivo principal desta publicación é mostrar un eido pouco explorado, o da metaliteratura, un eido que ten moitas vantaxes que ofrecer no mundo da animación á lectura e no mundo da educación literaria. A idea consiste en explorar algunhas características e algúns recursos paratextuais das obras literarias que poidan resultar interesantes para estimular aos nenos (referímonos a protagonistas que rematan no interior do conto, a libros humanizados, a viaxes cara ao interior do libro, a referencias intertextuais á arte...). En definitiva, estes recursos constitúen unha importante axuda para que os mediadores capten a atención dos lectores infantís.
María Vidal-FrancoOlalla Cortizas Varela
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-11-182023-11-181011310.15304/elos.10.9366Em uma narrativa juvenil, Tudo pode acontecer: análise do livro de Will Walton
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9045

Tudo pode acontecer é um romance juvenil norte-americano escrito por Will Walton em 2015 e que, no Brasil, foi publicado pela editora V&R. Neste trabalho, objetivou-se identificar o potencial comunicativo-cultural da obra, por meio de uma análise estrutural e contextual da narrativa. Para isso, adotou-se a metodologia de abordagem qualitativa e interpretativo-analítica, partindo do roteiro de Gancho (2006) e expandindo para dimensões culturais. A fundamentação teórica ancorou-se nos estudos de narrativa, tendo como base Todorov (2011), Genette (2011) e Barthes (2011), entre outros autores. Os resultados apontaram que, para além das categorias convencionais da narrativa (enredo, temporalidade, ambientação, narrador e discurso), foi possível detectar referências linguísticas, sociais, históricas e artístico-culturais.
João Paulo Hergesel
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-12-062023-12-061011610.15304/elos.10.9045María del Carmen Ferreira Boo (2022). As reescrituras de contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega (das orixes a 2010). Hércules de Ediciones.
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9400
Alba Calo Blanco
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-12-062023-12-06101410.15304/elos.10.9400Neira Rodríguez, Marta, Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Soto López (coords.) (2023). Nenas transgresoras na LIX. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Red LIJMI, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9470
Genma García
Copyright (c) 2023 Universidade de Santiago de Compostela
http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice
2023-12-302023-12-30101310.15304/elos.10.9470