Envíos
Criterios a verificar
Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.
- A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor).
- O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autores/as.
- Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse de que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
-
Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, teña en conta que poderá suxerir nomes de expertos, sempre que estes non participasen de ningún xeito na elaboración do traballo, non o lesen previamente e non manteñan co autor un tipo de relación que poida facer depender o resultado da avaliación de criterios que non sexan estritamente científicos. Poderá tamén recusar o nome dun máximo de dous potenciais revisores cos que teña un tipo de relación que, do mesmo xeito, poida dar lugar á introdución de criterios alleos á calidade do traballo na avaliación deste. En calquera caso, o nome dos avaliadores non será dado a coñecer ao autor ou autores do traballo (sistema de dobre anonimato).
Para suxerir use Comentarios ao editor. - Se o artigo inclúe algún material que requira permiso para a súa reprodución, fágao constar (use Comentarios ao editor). Os autores fanse responsables do respecto á propiedade intelectual na reprodución de materiais para a elaboración dos seus traballos e deben facer chegar á revista os correspondentes permisos.
Nota de copyright
Ao publicar en Elos, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).
Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl