Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil https://revistas.usc.gal/index.php/elos
Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil é unha publicación científica de periodicidade anual, pero de fluxo continuo, editada polo Grupo de Investigación LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación (ICE)-Universidade de Santiago de Compostela.
Está patrocinada pola Universidade de Santiago de Compostela; a Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); o proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; e ELOS-Galicia. Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
Creouse co obxectivo de fomentar un espazo de debate e reflexión ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, un foro de análise crítica, de difusión da investigación e de visibilización deste sistema literario.
Para cumprir estes obxectivos, a revista presenta catro seccións: Miscelánea, con traballos de investigación orixinais sobre Literatura Infantil e Xuvenil, focalizados cara á Historiografía, Teoría literaria, análise de obras literarias, Tradución, Educación literaria e calquera aspecto relacionado; Sección Monográfica, coa mesma estrutura e aspectos formais que rexen para os artigos da Miscelánea, pero que responden a unha temática concreta que se anunciará xunto á respectiva chamada de traballos; Recensións, comentarios críticos e orixinais sobre monografías, estudos, revistas e calquera outro material de carácter científico que se teña publicado nos dous últimos anos sobre a temática que acolle a Revista; e Para saber máis, repositorio de traballos críticos ou monográficos de autoría individual ou colectiva que se consideren de relevancia para o estudo e coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil, así como bibliografías descritas que orienten a investigación sobre este eido e contribúan ao seu avance.
Elos aparece indizada en ERIH+, ESCI, REDIB e MIAR
As linguas de publicación de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil son o galego, o castelán, o inglés e o portugués. O portal dixital desta Revista pódese consultar en galego, castelán e inglés.
gl-ES
Ao publicar en Elos, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).

Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón:  https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
mariadelrocio.garcia.pedreira@usc.es (Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil) sepinter@usc.es (USC. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico) Fri, 27 Dec 2024 00:00:00 +0100 OJS 3.1.2.4 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 As Andanzas de Montserrat del Amo: unha recreación do Cid para a infancia https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9889
As Andanzas del Cid Campeador (2006) de Montserrat del Amo é unha novela na que se recrea o texto do Cantar de Mio Cid e se adapta a historia para os lectores xuvenís actuais. Neste sentido, constitúe un exemplo moi interesante da supervivencia da cultura medieval en xeral e dun clásico da literatura castelá en particular. Por iso, merece un estudo pormenorizado dende o punto de vista non só literario ou didáctico, senón tamén como exemplo do que se denominou “ética das adaptacións”, xa que o autor pretende de forma honesta e intencionada respectar os contidos e o carácter do traballo de xograr. Neste artigo analizamos e valoramos como se leva a cabo esta adaptación e, ao mesmo tempo, a figura de Montserrat del Amo volve reivindicarse como un dos principais referentes da literatura infantil e xuvenil da segunda metade do século XX e comezos do século XXI.
Nuria Anaya-Reig, Vicente Calvo Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9889 Sat, 07 Dec 2024 21:59:05 +0100 El mundo artúrico y la literatura infantil y juvenil en proyectos editoriales argentinos https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10088
O último terzo do século XX foi testemuña da expansión do mercado editorial dedicado aos lectores infantís e xuvenís. En consonancia coas novas perspectivas pedagóxicas que se estaban impoñendo no sistema educativo arxentino, a demanda de novos relatos e novos textos permitiu a apropiación de temas alleos ao folclore nacional. Deste xeito, a narrativa medieval xurdida arredor do século XII en Europa occidental recupera un espazo propio nas series ou coleccións editoriais dedicadas ao sector infantil. Neste contexto, o tema da Bretaña, especialmente a lenda artúrica, sitúase nun lugar destacado, competindo con heroes, como o Cid Campeador, máis próximos á tradición literaria arxentina. Nesta ocasión, interésanos analizar, desde un enfoque neomedieval, coleccións de relatos referidos ao rei Artur e os seus cabaleiros, que se publicaron a partir dos anos 90. Trataremos de examinar como se produce a apropiación dos relatos, como foron construídas as versións e adaptacións, e que idea do mundo medieval recrean para os máis novos.
Lidia Amor, Juan Manuel Lacalle Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10088 Tue, 10 Dec 2024 23:13:55 +0100 Narrativa xuvenil e Idade Media no século XXI: o rol das personaxes femininas https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10100
A narrativa xuvenil histórica constitúe un recurso valioso para achegar os mozos ao pasado e reivindicar a figura feminina en épocas onde o seu espazo estaba reducido ao ámbito doméstico e a súa participación social era escasa. Profundar na Idade Media supón remitirse a un sistema feudal e patriarcal onde as mulleres loitan por abrir físgoas e mostrar o seu potencial. A selección de novelas do corpus de análise mostran a súa implicación en profesións privativas do sexo masculino, o seu poder como feiticeiras e a súa bravura coas armas no momento de defender os seus dominios. O compoñente máxico resulta fundamental nunha literatura dirixida á adolescencia, así como o protagonismo de mozas resolutivas e valentes que contribúen a romper os estereotipos de xénero.
Nieves Martín Rogero Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10100 Sat, 07 Dec 2024 22:17:00 +0100 A figura do xograr na mediación para a lectura do Cantar de mio Cid: o caso de Jaque al rey (2012), de Francisco Rincón Ríos https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10101
Partindo dunha recensión previa que corrobora a presenza da figura do xograr no conxunto das recreacións cidianas contemporáneas e dunha breve recensión para a caracterización do devandito perfil medieval, o presente traballo ten como obxecto a novela Jaque al rey, asinada por Francisco Rincón Ríos, publicada no ano 2012 e dirixida ao público adolescente, co fin de achegar estes lectores ao coñecemento dun clásico da literatura medieval castelá como é o Cantar de mio Cid. O artigo céntrase no personaxe protagonista do xograr de nome don Armillo, coa finalidade de desentrañar, en primeiro lugar, a base histórica e filolóxica de tal personaxe; pero, sobre todo, o seu papel na mediación literaria que se pretende na novela e que, á luz da súa caracterización, incide en tres aspectos esenciais para comprender a canción épica medieval en toda a súa complexidade: o compoñente xeográfico daquela composición, o potencial escénico dos seus versos e, finalmente, o seu valor simbólico.
Raquel Crespo Vila Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10101 Fri, 27 Dec 2024 10:47:17 +0100 El Cid conquista a linguagem da banda desenhada: uma análise de quatro propostas recentes nos mercados argentino e espanhol https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10110
O presente artigo propón unha análise comparativa de catro historietas baseadas na historia do Cid campeador, publicadas en Arxentina e en España, entre 2012 e 2020. Os textos abórdanse a partir dunha metodoloxía de análise en tres niveles, que considera a dobre dimensión icónica e lingüística da historieta, aínda que concedendo especial atención ao estudo das relacións intertextuais que se estabelecen entre as adaptacións e a materia cidiana. Tentaremos demostrar que, mentres nas propostas de orixe arxentina, a historia do heroe busca chegar a un lector infanto-xuvenil e constrúese con alto grao de fidelidade ao Cantar de Mío Cid, as versións españolas relaciónanse cun repertorio de fontes medievais moito máis amplo, a través de decisións creativas máis libres, e tentan achegar a historia do Cid a un público máis heteroxéneo en termos de idade. Nos dous mercados editoriais obsérvase un interese vixente en dar difusión a través de medios de consumo popular á historia do heroe medieval, pero factores como a maior ou menor circulación e o distinto grao de coñecemento da materia cidiana condicionan o tipo de historietas que se produce sobre a historia real ou lendaria do Cid.
Maria Belen Randazzo Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10110 Fri, 27 Dec 2024 10:53:51 +0100 Marcas intertextuais da lírica medieval na poesía portuguesa para a infancia https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10195
Este estudo apresenta uma abordagem da dimensão intertextual, em concreto das ressonâncias da lírica medieval, na poesia portuguesa para a infância. Após uma breve reflexão acerca do conceito de intertextualidade e das suas especificidades no que tange a literatura que tem na criança o seu potencial destinatário extratextual, procede-se a análise de um corpus textual relativamente restrito, mas exemplificativo das marcas intertextuais em questão. São analisadas, assim, composições líricas assinadas por António Torrado, Luísa Ducla Soares e João Pedro Mésseder – este último também em colaboração com Francisco Duarte Mangas. Conclui-se que são as linhas ideotemáticas, os motivos ou incidências semânticas, assim como estruturais ou técnico-compositivas das cantigas de amigo as que mais sobressaem dos textos poéticos revisitados, configurando estes, portanto, relevantes objectos estéticos do ponto de vista da conformação de uma competência literária, desde as primeiras leituras.
Sara Raquel Duarte Reis da Silva Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10195 Tue, 10 Dec 2024 14:45:12 +0100 Divulgación da literatura infantil a través de contas de influencers en Instagram: factores que inflúen no nivel de engagement https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9338
Analízase o uso que fan de Instagram autores de contas con alto impacto relacionadas con divulgación de literatura infantil e as respostas dos seus seguidores aos distintos tipos de publicacións mediante o engagement para comprobar o seu interese polo contido. A mostra extráese de 220 publicacións correspondentes a 11 contas sen ánimo de lucro relacionadas con divulgación de literatura infantil. Realízase un estudo exploratorio mixto, identificando as características das contas e analizando o seu contido mediante a adaptación dun instrumento de recollida de información previamente validado. Os datos colléitanse e analizan en Excel e compáranse as contas con maior e menor engagement. Entre outros resultados, destaca que xeralmente presentan lecturas recomendadas xunto a materiais docentes varios para educación infantil e o engagement decrece ao aumentar o número de seguidores. Discusión e conclusións: as recomendacións adoitan limitarse a referencias bibliográficas e unha superficial alusión ao contido; aquelas publicacións que obteñen maior interacción conteñen, de maneira xeral, reels, alusións a poesía infantil ou pretenden axudar na elaboración de recursos didácticos. O procedemento utilizado é aplicable a outras mostras.
Miguel López Verdejo, Beatriz Hoster-Cabo, Vanesa Sánchez-Canales Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9338 Mon, 19 Feb 2024 10:09:26 +0100 Bambi: Compreendendo um clássico da literatura juvenil através das capas dos livros https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9776 Este estudo ofrece unha análise das cubertas de Bambi: Unha vida na fraga de Félix Salten, poñendo o foco na edición orixinal en alemán e nas súas traducións ao inglés. Examínase como os elementos visuais desas capas inflúen nas expectativas dos lectores antes de entrar en contacto co texto. Utilizando unha abordaxe cualitativa, observacional e interpretativa, o artigo analiza a evolución dos deseños das capas ao longo de case 100 anos, dende a edición alemá de 1923 até traducións contemporáneas en inglés. O estudo investiga como esas representacións visuais abordan temas como a conciencia ecolóxica, o crecemento persoal e cuestións sociais, e como reflicten mudanzas culturais e estéticas máis amplas. Estilos de arte de capa, que varían dende o realismo detallado até a abstracción minimalista, son explorados para entender o seu papel na formación da interpretación da narrativa. Esta análise resalta a importancia de Bambi na literatura infantil e xuvenil, a súa conexión con cuestións ambientais e sociais e a súa relevancia universal ao longo de diferentes contextos históricos e culturais. Fernando Fraga de Azevedo Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9776 Sat, 07 Dec 2024 21:53:56 +0100 Cultivando o respeito pela Natureza e a inovação na não-ficção – novas tendências editoriais nos volumes não-ficcionais da Planeta Tangerina https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9689
Neste artigo, pretende-se caracterizar as principais tendências editoriais dos livros de não-ficção infantojuvenil sobre o Ambiente e a Natureza da editora Planeta Tangerina. Acompanhando a proliferação do género em Portugal, pretende analisar-se o papel da linguagem textual e visual na construção dos livros Lá Fora (2014), Um Ano Inteiro (2017), Plasticus Maritimus (2018) e Apanhar Ar, Apanhar Sol (2022), refletindo sobre a forma como estes modos semióticos dialogam entre si para transmitir a informação. Além do seu objetivo educativo e informativo, os livros de não-ficção infantojuvenis têm vindo a surgir progressivamente mais “sophisticated, multi-modal and polysemous” (Grilli, 2020, p.17), o que permite um investimento na criatividade ao nível da representação de conteúdo factual, fazendo com que estes livros sejam cada vez mais valorizados pela sua componente estética e artística. Este estudo pretende analisar de que modo o corpus selecionado contribui para a veiculação do conhecimento não só através da vertente textual, como também da vertente visual, recorrendo à multimodalidade e ao hibridismo. Além disso, pretende verificar-se se as semelhanças presentes no corpus permitem traçar uma “marca editorial” nos livros de não-ficção sobre o tema publicados pela editora em questão.
Mariana Braga Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/9689 Thu, 03 Oct 2024 14:59:36 +0200 Amando López Valero; Eduardo Encabo Fernández; Isabel Jerez Martínez; Lourdes Hernández Delgado (2021). Literatura infantil y lectura dialógica. La formación de educadores desde la investigación. Octaedro Editorial https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10254 Moisés Selfa Copyright (c) 2024 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/elos/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/10254 Fri, 27 Dec 2024 10:55:43 +0100