Estudos de Lingüística Galega é unha revista universitaria de publicación anual e temática centrada nos estudos de lingüística das linguas románicas, de xeito especial nas investigacións sobre a lingua galega. De acordo con este propósito, na revista publícanse artigos de investigación orixinais sobre investigación lingüística das variedades románicas (sección Pescuda) e comentarios críticos de publicacións que atangan ó ámbito da revista (sección Recensións)

Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT (2023; cuartil C3) e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2018 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como A2 e en MIAR ten un ICDS de 9,6 (2020).

As linguas do portal web de Estudos de Lingüística Galega son o galego e o inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano.

A preparación dos volumes de Estudos de Lingüística Galega finánciase parcialmente a través da axuda de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ao Grupo de Investigación Filoloxía e Lingüística Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, a revista é parta das actividades desenvolvidas no Instituto da Lingua Galega coa colaboración do Ministerio de Cultural. 

ISSN1889-2566
ISSN-e 1989-578X

   Scimago Journal & Country Rank

 

Máis Novas...

Resultados das terminacións -ANUM, -ANAM, -ANOS e -ANAS en galego

  • Aquilino Santiago Alonso Núñez
Publicado 06-03-2025
O obxectivo desta investigación consiste en describi-los resultados das terminacións -anum, -anam, ‑anos e -anas no concello de Castrelo do Val, na comarca verinesa, no conxunto do galego e no continuum dialectal galego-portugués. Os datos proceden do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) e do traballo de Rodríguez Lorenzo (NEnq 2022) e doutras investigacións, entre as que se inclúe unha pescuda de campo propia. Para a variación na longa duración das terminacións citadas, usáronse datos toponímicos e exemplos de textos do pasado. O cambio fundamental consistiu en simplifica-la sílaba complexa, especialmente nas verbas plurais (‑auns). As mudanzas producidas levaron a que o galego común sexa o centrooriental, o cal conserva formas específicas (con nasalidade imperceptible, que non se grafa) para masculino e feminino e para os seus plurais. O sistema occidental anula a diferenza xenérica dos elementos medievais no singular e no plural ó perde-lo glide do ditongo das palabras masculinas ou ó resultar este imperceptible. Isto fai que se aparte máis das formas medievais có sistema centrooriental, aínda que non tanto como algunhas variedades portuguesas dialectais. O sistema centrooriental e o occidental son o resultado da converxencia que se foi producindo entre territorios veciños con continuidade de poboamento nun tempo grande, que permitiu elimina-la variación neles (-aun / -au / -án). Entre os dous sistemas citados hai unha área híbrida con variedade de resultados. Nela vanse impondo as formas centroorientais. No territorio non occidental hai illas conservadoras con -án e con [ã], e lugares innovadores con -ou.

Zoónimos en el Atlas Lingüístico de El Bierzo: variación semántico-motivacional

  • Leticia Santín Gallego
Publicado 14-04-2025

El uso de atlas lingüísticos como fuente de datos para el estudio variacional del léxico ha resultado ser de gran relevancia. El objetivo principal de este trabajo es analizar ocho zoónimos (libélula, mariquita, luciérnaga, mariposa, culebra, renacuajo, comadreja y lechuza) recogidos en el Atlas Lingüístico de El Bierzo (ALBi) desde un punto de vista formal, geolingüístico y motivacional, con la intención de estudiar el grado de variación de cada concepto, las características de las denominaciones y cuáles son las motivaciones que llevan a la creación de las distintas formas designativas de los ocho conceptos escogidos. En primer lugar, los resultados del estudio muestran un elevado grado de variación, y, en segundo lugar, que las motivaciones de creación de las formas son de carácter metafórico (de acuerdo con los postulados cognitivistas) y sociocultural (con relación a creencias populares de la comunidad de habla analizada). Además, también se dan variaciones por causas fonéticas.

Ver todos os números