E ti…, educas ou coeducas?: unha ollada pedagóxica dende un proxecto integrador
Contido principal do artigo
Resumo
A coeducación é un proceso de intervención social e educativa cun carácter proxectado ao logro dun desenvolvemento integral dos suxeitos, tendo presente a coexistencia de dous sexos diferentes non enfrontados e que comparten unha mesma construción social, educativa e persoal. Dende esta perspectiva, a escola de hoxe en día ten a obriga de renovarse e dar respostas as novas necesidades e requerimentos de igualdade, respecto e liberdade entre homes e mulleres demandados polas nosas comunidades socioeducativas.
O traballo que se presenta acontinuación recolle a experiencia vivida nun centro semiurbano de Vilagarcía de Arousa, o CEIP “O Piñeiriño”, a través dun proxecto coeducativo para todos os nenos e nenas dá etapa de educación Infantil e Primaria (3-12 anos). O motivo fundamental que suscitou o desenvolvemento de dito proxecto foi a necesidade de traballar, de xeito organizado e sistemático, aqueles aspectos que favorecen o respecto e a colaboración entre os dous sexos para conseguir unha sociedade mais igualitaria e xusta. Paro o logro de tal fin se diseñaron dous proxectos cunha duración de 3 anos, “Entre tod@s” e “Contando con elas”, nos que participou todo o centro. Os seus obxectivos principais foron:
- Modificar estereotipos masculinos e femininos.
- Sensibilizar ao alumando cara a corresponsabilidade nas tarefas domésticas
O artigo dá comezo ca descrición de cómo naceu unha idea que foi madurando a través dá contorna e dá historia do mesmo CEIP “O Piñeiriño”; de cómo todo o equipo docente se plantexou que o colexio é de todos e de todas (organización de espazos); de cómo se deron conta de que todos e todas poden facer de todo e traballar en equipo (organización de tarefas) e de cómo se percataron de que todos e todas deben colaborar e compartir esta idea, pois a Paz e a Igualdade se teñen que construír día a día.
Palabras clave:
Descargas
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)
- Eva María Barreira Cerqueiras, Laura Rego Agraso, Raquel Mariño Fernández, A innovación na formación profesional en Galicia: proxectos relevantes e iniciativas con potencial didáctico e de transferencia , Innovación educativa: Núm. 31 (2021): Alfabetización en saúde na escola e na comunidade
