Contido principal do artigo

Raquel Mariño Fernández
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
Ana Isabel Álvarez Vázquez
CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa)
España
Biografía
Xulia Quintela Gallego
CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa)
España
Biografía
No 26 (2016): Xénero e educación: a educación das mulleres, o longo camiño cara á igualdade, Traballos por invitación
DOI https://doi.org/10.15304/ie.26.3671
Recibido: 14-10-2016 Aceptado: 19-10-2016 Publicado: 14-11-2016
Copyright Como citar

Resumo

A coeducación é un proceso de intervención social e educativa cun carácter proxectado ao logro dun desenvolvemento integral dos suxeitos, tendo presente a coexistencia de dous sexos diferentes non enfrontados e que comparten unha mesma construción social, educativa e persoal.  Dende esta perspectiva, a escola de hoxe en día ten a obriga de renovarse e dar respostas as novas necesidades e requerimentos de igualdade, respecto e liberdade entre homes e mulleres  demandados polas nosas comunidades socioeducativas.

O traballo que se presenta acontinuación recolle a experiencia vivida nun centro semiurbano de Vilagarcía de Arousa, o CEIP “O Piñeiriño”, a través dun proxecto coeducativo para todos os nenos e nenas dá etapa de educación Infantil e Primaria (3-12 anos). O motivo fundamental que suscitou o desenvolvemento de dito proxecto foi a necesidade de traballar, de xeito organizado e sistemático, aqueles aspectos que favorecen o respecto e a colaboración entre os dous sexos para conseguir unha sociedade mais igualitaria e xusta. Paro o logro de tal fin se diseñaron dous proxectos cunha duración de 3 anos, “Entre tod@s” e “Contando con elas”, nos que participou todo o centro. Os seus obxectivos principais foron:

  • Modificar estereotipos masculinos e femininos.
  • Sensibilizar ao alumando cara a corresponsabilidade nas tarefas domésticas

O artigo dá comezo ca descrición de cómo naceu unha idea que foi madurando a través dá contorna e dá historia do mesmo CEIP “O Piñeiriño”; de cómo todo o equipo docente se plantexou que o colexio é de todos e de todas (organización de espazos); de cómo se deron conta de que todos e todas poden facer de todo e traballar en equipo (organización de tarefas) e de cómo se percataron  de que todos e todas deben colaborar e compartir esta idea, pois a Paz e a Igualdade se teñen que construír día a día.

Citado por

Detalles do artigo