Contido principal do artigo

María Carbajo Lago
Universidade de Santiago de Compostela
Spain
Biografía
Núm. 4 (2017), Notas
https://doi.org/10.15304/elos.4.3623
Recibido: 2016-10-03 Publicado: 2017-09-08
Cómo citar Citado por

Resumo

O presente artigo estuda os silencios que persisten ao redor dos episodios transcorridos durante a Guerra Civil española a partir do denominado “Ciclo das sombras” do escritor galego Agustín Fernández Paz (1947-2016) no seo da Literatura Infantil e Xuvenil. O corpus co que se traballou constitúe unha triloxía axeitada para analizar esta cuestión, pois as novelas preséntanse como verdadeiras reivindicacións da recuperación da memoria das vítimas do conflito de 1936. O seu estudo permitirá observar as consecuencias que produciron a guerra e a forte represión sufrida durante os anos do franquismo en décadas posteriores. Precisamente, o autor co fin de evitar o descoñecemento do que é parte da historia de todo un país crea estas tres obras para formar as novas xeracións e homenaxear a todos aqueles que foron silenciados.


Descargas

Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.

Detalles do artigo

Citas

incluir