O Premio Nobel de literatura como elemento canonizador: O "fenómeno Murakami"
Contido principal do artigo
Núm. 48 (2016): 1º semestre, Notas
Recibido: 2016-03-22
Publicado: 2016-09-03
Resumo
O presente traballo pretende reflexionar acerca do Premio Nobel de Literatura como un instrumento ao servizo dunha institución determinada, a Academia Sueca, capaz de influír na canonización de certos autores e textos. Este estudo proponse revisar algúns dos criterios nos que o organismo se fundamenta para levar a cabo a elección dos premiados, co fin de valorar ata que punto son verdadeiramente literarios. A través da situación do escritor xaponés Haruki Murakami poderase obter unha pequena mostra dos elementos que os círculos dominantes teñen en conta para xulgar a un determinado autor e, por tanto, das bases da súa canonización.
Palabras clave:
Premio Nobel, canonización, Murakami
Descargas
Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.
