Contido principal do artigo

Xavier Mínguez-López
Universitat de Valéncia
España
Biografía
No 2 (2015), Notas
DOI https://doi.org/10.15304/elos.2.2670
Recibido: 10-07-2015 Aceptado: 19-10-2015 Publicado: 20-12-2015
Copyright Como citar

Resumo

A animación é un xénero audiovisual que mereceu pouca atención por parte dos educadores a pesar de que os nenos visualizan cada día moitas horas deste produto televisivo e cinematográfico. A súa función como educador na sombra é, pois, innegable a pesar de contar con escasa investigación dende a educación, máis alá da difusión de valores. Dende o noso punto de vista é importante ligar a animación,  non tan só -como é obvio-  coa competencia audiovisual senón tamén coa competencia literaria xa que constitúe unha das fontes máis importantes das que se nutre. A achega de referentes literarios, de recursos, das convencións propias da literatura outórganlle á animación un gran potencial educativo tamén dende a educación literaria. O  alumnado que se integra na educación formal xa recibiu unha gran cantidade de información sobre literatura a través deste xénero que non se debería descoidar. Neste artigo amosaremos algúns dos vínculos que unen a animación coa competencia literaria para o seu posterior desenvolvemento como ferramenta didáctica.

Citado por

Detalles do artigo