O ciclo do lobo e a raposa nos contos de animais
Contido principal do artigo
Resumo
Despois de describir os contos de animais, unha das clases na que os especialistas dividen os contos da transmisión oral, e de presentar as súas diferentes funcións, o estudo céntrase no denominado "ciclo do lobo e a raposa". Expóñense as súas características que se exemplifican co análise dos contos deste tipo que se reproducen na obra Contos de animais I, de Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba, comentando os tipos e motivos e as diferenzas entre as versións orais e as reescrituras que se ofrecen na colección infantil.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Mª del Carmen Ferreira Boo, Variabilidade da narrativa de transmisión oral e reescritura: apuntamentos teóricos , Boletín Galego de Literatura: No 53 (2018): 2º semestre