Contido principal do artigo

José Antonio Caride Gómez
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
No 24 (2014): Temas: "Mediación escolar" e "A escola rural", Tema: a escola rural
DOI https://doi.org/10.15304/ie.24.2145
Recibido: 25-09-2014 Aceptado: 12-11-2014 Publicado: 02-12-2014
Copyright Como citar

Resumo

A escola sempre é escola. Unha obviedade que non precisa matices cando a imaxinamos formando parte da armazón urbana. Non sucede o mesmo cando nos situamos no mundo rural. Aquí, identificar, explicar, interpretar... as súas circunstancias só é posible cando aludimos ás realidades que a contornan, no variado xogo de palabras que nomea a ruralidade.

A escola que quixo, podía e debería ser: un recurso, equipamento, institución, centro educativo..., ao servizo da comunidade e das persoas ás que se vincula territorial, pedagóxica e socialmente. Sen dúbida, unha oportunidade para educar sendo congruentes cos contextos nos que insire as súas prácticas; tamén para poñer en valor as identidades e diversidades do rural e as súas opcións para un desenvolvemento máis sostible e integral. Unha escola que, sendo grande ou pequena, agrupada ou unitaria, vella ou nova... non se contradiga a si mesma. No artigo argumentamos sobre os significados inherentes ás súas posibilidades e limitacións, en clave de pasado e futuro.

http://dx.doi.org/10.15304/ie.24.2145

Citado por

Detalles do artigo