Estudios Penales y Criminológicos é unha revista de periodicidade anual fundada en 1977 que publica orixinais sobre calquera das especialidades relativas á criminoloxía e materias afíns (dereito penal, medicina legal, dereito administrativo sancionador, dereito penal, psicoloxía criminal, psiquiatría criminal, victimoloxía, socioloxía criminal, política criminal, etc.). Na revista coexisten os artigos dedicados a un tema monográfico —establecido para cada número pola redacción da revista— cos de tema libre, cabendo tamén a posibilidade de que todo o número teña un carácter misceláneo.
Estudios Penales y Criminológicos aparece indexada en Westlaw, Criminal Justice Abstracts, Criminal Justice Abstracts with Full Text, CARHUS Plus+ 2018, ERIH PLUS, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, LATINDEX, IBZ Online, Aranzadi Instituciones.