2021-06-01
Libros de distintos tamaños, formatos, texturas, materiais, estruturas e proxectos gráficos son amplamente publicados no escenario contemporáneo. Estarían eles, polo tanto, dirixidos exclusivamente ao público infantil, como algúns suxiren? Sería a recepción do libro-obxecto -artefacto no cal a materialidade se revela como elemento esencial no acto da lectura- do interese só da infancia?
Aínda que agrade moito e, nalgúns casos, sexa destinado de maneira preferente ao público infantil -recibindo, inclusive, este "rótulo" nas librarías- o libro-obxecto contemporáneo supera as franxas de idade máis baixas. A concatenación de distintas linguaxes na súa composición, así como a relevancia asumida polas súas características materiais na (re)construción de sentidos no acto da lectura, transfórmano nun obxecto con distintas capas de sentido, as cales serán (des)vendadas de acordo co repertorio e competencia lectora, suscitando, así, distintas lecturas a distintos lectores. Súmase a iso o carácter lúdico asumido polo libro-obxecto, elemento capaz de atraer e encantar non só á infancia, senón tamén a mozos e adultos, aproximándose ao universo do libro de artista, por exemplo.
Este tipo de produción constitúe o foco de interese deste número temático da Revista ELOS, co cal se anhela ampliar as reflexións críticas en torno a libros cuxos elementos materiais contribúen para a expansión dos sentidos suscitados polo texto literario, resultando en artefactos marcados pola innovación estética que poden ser do interese dos máis variados públicos.
Prazo para o envío dos textos: 15 de setembro de 2021.
*É necesario especificar de forma clara e evidente no envío en OJS (comentarios para o editor), que se trata dun artigo para o Call for Papers do número temático da revista.