Resumo

O presente artigo ofrece unha análise das recensións e biografías de Emilia Pardo Bazán dirixidas ao público infantil e xuvenil. O percorrido comeza cunha mostra de libros de texto de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e pasa a centrarse nas biografías divulgativas, tanto nas individuais como nas breves inseridas dentro de antoloxías de mulleres. Con este traballo preténdese analizar que informacións se ofrecen a este público concreto para que se acerque á súa vida e obra, que obras se mencionan e que imaxes se utilizan para ilustrar a súa persoa. Son 11 os materiais estudados e da comparativa realizada non só se extraen conclusións, senón que tamén se abren portas a novas cuestións ou reflexións, como a constatación da ausencia de materiais sobre esta autora destinados ao público infantil.