O león, a bruxa e o armario: recreacións e fantasía na narración infantil de C. S. Lewis
Contido principal do artigo
Resumo
Resulta difícil comprender calquera relato infantil sen recoñecer a existencia de dous mundos paralelos, o primario ou real e o secundario ou ficticio. C. S. Lewis parece comprender este feito á perfección e plasmalo con excelencia nun relato cheo de fantasía e cun alto compoñente alegórico como son Las Crónicas de Narnia (2000). O propósito desta achega é mostrar o simbolismo presente na obra de C. S. Lewis, principalmente, en El león, la bruja y el armario (1952/2002). En primeiro lugar, trátase de relacionar a escritura da obra co momento biográfico no que se escribiu (Duriez, 2013); posteriormente, analízase o simbolismo presente na obra dende dúas perspectivas principais: o mítico e o alegórico (Gray, 1998; Adey, 1998; Williams, 2012). En referencia ao mítico sublíñanse algunhas das conexións da obra co folclore nórdico e con outras tradicións, mentres que ao estudar os elementos alegóricos, comentaranse determinadas pasaxes de reminiscencias marcadamente bíblicas. Por último, extráense algunhas conclusións que pretenden contribuír ao estudo desta saga.
Palabras clave:
Descargas
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)
- María Victoria Guadamillas Gómez, New Girls: Novos paradigmas educativos na novela escolar feminina de Meade , Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil: Núm. 12 (2025)
