Contido principal do artigo

Raquel Patriarca
Universidade do Porto (Facultade de Letras)
Portugal
Biografía
No 2 (2015), Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/elos.2.2566
Recibido: 28-05-2015 Aceptado: 01-09-2015 Publicado: 14-12-2015
Copyright Como citar

Resumo

Algúns dos libros destinados á infancia e á xuventude levan contidos que sobardan moito as simples funcións educativa e lúdica, inherentes á práctica da lectura e á abertura de incontables escenarios de encantamento e imaxinación. Serven, sobre todo, a un propósito de formación ideolóxica, moral e de comportamento que non pasa desapercibido para ningún dos rexímenes políticos que Portugal coñeceu entre 1880 e 1940. O sentido da identidade nacional é un tema que, desde sempre, se revelou de enorme importancia, aparecendo, recorrentemente, nos libros para a a infancia e a xuventude, tratado, en gran parte dos casos, a través da narración da Historia de Portugal, integrándoa no cadro de valores e concepcións político-culturais e socioeconómicas de diferentes épocas, de acordo cos modelos de sociedade que se pretenden non só transmitir senón tamén, e sobre todo, cos que criar aos mozos lectores.

Citado por

Detalles do artigo