Contido principal do artigo

Maria Belen Randazzo
Universidad Nacional del Sur
Arxentina
https://orcid.org/0009-0004-7750-0916
No 11 (2024), Sección monográfica. A Idade Media para idades temperás: o imaxinario medieval na produción literaria dirixida a público infantil e xuvenil, páxinas 1-26
DOI https://doi.org/10.15304/elos.11.10110
Recibido: 07-09-2024 Aceptado: 04-11-2024 Publicado: 27-12-2024
Copyright Como citar Citado por

Resumo

O presente artigo propón unha análise comparativa de catro historietas baseadas na historia do Cid campeador, publicadas en Arxentina e en España, entre 2012 e 2020. Os textos abórdanse a partir dunha metodoloxía de análise en tres niveles, que considera a dobre dimensión icónica e lingüística da historieta, aínda que concedendo especial atención ao estudo das relacións intertextuais que se estabelecen entre as adaptacións e a materia cidiana. Tentaremos demostrar que, mentres nas propostas de orixe arxentina, a historia do heroe busca chegar a un lector infanto-xuvenil e constrúese con alto grao de fidelidade ao Cantar de Mío Cid, as versións españolas relaciónanse cun repertorio de fontes medievais moito máis amplo, a través de decisións creativas máis libres, e tentan achegar a historia do Cid a un público máis heteroxéneo en termos de idade. Nos dous mercados editoriais obsérvase un interese vixente en dar difusión a través de medios de consumo popular á historia do heroe medieval, pero factores como a maior ou menor circulación e o distinto grao de coñecemento da materia cidiana condicionan o tipo de historietas que se produce sobre a historia real ou lendaria do Cid.