Estudos de Lingüística Galega figura no o Portal de Revistas Universitarias Españolas, unha iniciativa da Unión de Editoriales Universitarias Españolas que dá acceso ás 981 publicacións resxistradas, 212 delas do ámbito da Filoloxía e a Lingüística.

Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade FECYT

2023-07-04

A revista ELG renova o selo de calidade da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación. O selo recoñece a calidade, visibilidade e impacto de revistas científicas de distintas categorías. Na oitava avaliación, correspondente a 2023, a revista renova un ano máis o selo de calidade FECYT no campo de coñecemento Lingüística dentro da modalidade Humanidades.

Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade FCYT

2021-07-07

No listado da resolución provisional da VII Convocatoria de Avaliación de Revistas FECYT, Estudos de Lingüística Galega figura un ano máis entre as revistas que renovan o selo de calidade. O selo identifica as revistas que superaron o proceso de avaliación da calidade científica e editorial. A revista figura na posición 21 na categoría Lingüística (ranking de visibilidade 2019).

ELG inicia a publicación continuada de contribucións

2021-03-16

Co número 13 de Estudos de Lingüística Galega, correspondente a 2021, iníciase a publicación continua dos artigos recibidos e avaliados de xeito positivo. O sistema de publicación continua procura reducir o tempo de publicación das contribucións e mellorar a súa difusión e impacto. Os traballos incorpóranse á páxina da revista unha vez que son avaliados, aprobados, revisados e editados.

ELG ascende no ránking de revistas con selo de calidade FECYT

2020-10-16

Na categoría temática de lingüística a publicación periódica ligada ó Instituto da Lingua Galega e publicada polo Servizo de publicacións da USC ocupa a posición 21 (2º cuartil) entre un total de 52 revistas. Este ránking corresponde ó ano 2019 e acaba de ser difundido pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología, F.S.P. (FECYT).

ELG, clasificada como A2 en Qualis Periódicos

2017-08-01

Na última actualización de Qualis Periódicos (CAPES, Brasil), a correspondente a 2015, a revista Estudos de Lingüística Galega foi clasificada coa categoría A2. É salientable o ascenso de ELG nesta listaxe, xa que subiu un posto con respecto á última clasificación, na que se lle atribuía unha categoría B1.

Estudos de Lingüística Galega, revista excelente

2016-07-20

ELG acaba de ser incluída no selecto grupo de revistas con selo de calidade que concede a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Tal e como indica a propia fundación, "FECYT identifica, mediante convocatorias de evaluación voluntarias, a las mejores revistas de cada área". O listado completo de revistas excelentes, usando o cualificativo da fundación, pode consultarse en http://evaluacionarce.fecyt.es/documentos/ListadoSelloFECYT.pdf.

Estudos de lingüística galega en MIAR 2016

2016-07-05

A revista Estudos de lingüística galega está puntuada cun ICDS de 9,3 en MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas) 2016. O ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria) da revista, mediante o cal se establecen listaxes de publicacións de cara á evaluación cualitativa por expertos e que mide a visibilidade da revista, subiu máis de dous puntos con respecto á mesma publicación en 2015.

A revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, sétima no ránking das publicacións de linguas e lingüística editadas en España e primeira entre as publicadas en Galicia, Portugal e Brasil

2015-09-30

A revista do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC Estudos de Lingüística Galega (ELG) ocupa o sétimo lugar no Journal Rankings de SCImago (Scopus) correspondente ao ano 2014 entre as revistas de linguas e lingüística publicadas en España, así como o primeiro entre as publicadas en Galicia, Portugal e Brasil. Scopus é unha das bases de datos bibliográficas de resumos e citas de artigos de revistas científicas máis prestixiosas no ámbito académico.

Esta posición acada maior relevancia se a comparamos co ano anterior, 2013, en que  ELG se situaba no posto 21 a nivel nacional nesta mesma categoría e no terceiro entre as publicacións galegas, portuguesas e brasileiras. Estes datos converten a revista do ILG na publicación que máis posicións ascendeu nesta clasificación nos dous últimos anos. Sitúase, ademais, na segunda posición entre as revistas editadas polas universidades galegas en calquera área temática e na primeira entre as publicadas pola USC.

 

Estudos de lingüística galega en MIAR 2015

2014-07-23

A revista Estudos de lingüística galega está indexada en MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas) 2015 e puntuada cun ICDS de 7.278. O ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria) da revista, mediante o cal se establecen listaxes de publicacións de cara á evaluación cualitativa por expertos e que mide a indexación dunha revista en repositorios internacionais, subiu 0,079 puntos con respecto á mesma publicación en 2014.