Resumo

Neste artigo realízase unha aproximación ao libro de arte para a infancia e ás posibilidades que ofrece para o desenvolvemento de propostas na aula. Iníciase cunha introdución teórica ao concepto do libro de arte dende unha mirada non restritiva, que permita o estabelecemento dunha proposta de clasificación pensada para docentes. De seguido, tamén se analiza a definición da competencia en conciencia e expresións culturais, vinculando os saberes implicados co uso do libro de arte nas aulas. O estudo dá conta do potencial destas obras para o desenvolvemento de propostas eficaces para a formación artístico-literaria da infancia dende un enfoque competencial.