É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor)
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

As persoas interesadas en enviar artigos, notas ou recensións de libros para a súa publicación no Boletín Galego de Literatura deberán aterse ás seguintes normas:   

1ª) Os traballos serán inéditos e versarán sobre temas relacionados coa Literatura, en xeral, de calquera cultura, Teoría e Crítica literarias.      

2ª) Aceptaranse traballos escritos en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán, aínda que todos, excepto os portugueses ou os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego co permiso dos/as autores/as. O prazo para o envío de orixinais estará aberto durante todo o ano e, de maneira aproximada, os recibidos antes de finais do mes de marzo publicaranse no número do primeiro semestre e, os que entren antes de finais de setembro, no do segundo. Non obstante, sempre se poderá ver alterada esta regra como resultado da planificación dos distintos números. Esta información será facilitada ao autor logo da fase de revisión.

3ª) Os traballos orixinais provenientes do alumnado universitario de primeiro ciclo deberán vir avalados polo titor e/ou o profesor/a que os dirixiu, á parte de ser sometidos aos criterios que se explicitan nestas instrucións.

4ª) De cada traballo presentarase unha copia electrónica seguindo as presentes normas. Rogamos que, antes de remitírnola, cada autor se asegure de que a copia electrónica que nos envía non vén infectada con ningún virus. Ademais, recórdase a importancia de completar metadatos (nome, apelidos, afiliación, correo-e, ORCID ID, país, título do traballo, resumo, palabras chave e referencias bibliográficas) dentro da propia plataforma, tanto na lingua orixinal do artigo como en inglés e, se o/a autor/a ten algún problema con isto, pode poñerse en contacto co equipo da revista para solicitar asistencia.           

5ª) A extensión máxima dos traballos será de 30 páxinas para a sección de “Estudos”, 15 para a de “Notas”, 20 para a de “Encontros” e “Documentos”, 6 para a de “Libros” e 10 para a de “Creación”. O texto xeral dos traballos e a bibliografía final, caso de habela, escribiranse con letra de corpo 12 e interliñado 1,5.

6ª) Os orixinais estarán debidamente redactados e puntuados.

7ª) Os artigos e as notas deberán ir encabezados da seguinte maneira:

  • Título do artigo ou da nota: centrado con minúscula negra de corpo 12.
  • Nome e apelidos do/a autor/a: debaixo do título, centrado, con minúscula e cursiva de corpo 12.
  • Universidade (ou centro de traballo) á que pertence o/a autor/a e ORCID: debaixo do nome, centrado, con minúscula redonda de corpo 12.
  • Breve resumo (máximo 200 palabras) e palabras chave (entre 3 e 5) do artigo ou nota na lingua en que está escrito e en inglés. Se o autor ten algún tipo de dificultade na tradución poderá poñerse en contacto co equipo editorial do Boletín para que se encargue de dita tarefa.

8ª) As recensións encabezaranse coa ficha bibliográfica completa do traballo comentado, seguindo este modelo:

  • Libro impreso: Apelido, N. (ano). Título do libro. Lugar de edición: Editorial. Nome da colección, número da colección. Número de páxinas.
  • Libro en liña: Apelido, N. e Apelido, N. (ano). Título do libro. Lugar de edición: Editorial. Nome da colección, número da colección. Número de páxinas. DOI ou URL
  • Libro con editor: Apelido, N. (Ed.). (ano). Título do libro. Lugar de edición: Editorial. Nome da colección, número da colección. Número de páxinas.

Ademais, no final do documento debe constar o nome do/a autor/a da recensión e, debaixo, a institución de afiliación e o ORCID. Ambos datos irán aliñados á dereita, o nome en cursiva e a afiliación e o ORCID en redonda.

9ª) As citas curtas que non superen as tres liñas situaranse entre aspas dobres no texto principal e levarán letra redonda (nunca cursiva) de corpo 12. As citas máis longas colocaranse en parágrafo á parte, con sangría pola esquerda, con letra de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcarase con aspas simples.        

10ª) Cada táboa, cadro, gráfico ou imaxe debe estar numerado consecutivamente con números arábigos e marcado cunha lenda que o identifique, colocado no seu lugar correspondente dentro do corpo do documento.           

11ª) As notas a pé de páxina deberán estar colocadas no seu lugar correspondente e numeradas correlativamente, con formato de letra redonda tamaño 10. As chamadas das notas no texto deberán compoñerse en superíndice. O contido das notas servirá só para aclarar ou ampliar conceptos, nunca para indicar referencias e/ou citas bibliográficas, incluídas as fontes electrónicas. Aconséllase que non sobrepasen as dez liñas de extensión.

12ª) As citas dentro do texto deben introducirse entre parénteses dentro do propio texto, evitando a utilización para este fin das notas a pé de páxina, e de acordo ao seguinte formato: (Boves Naves, 1989, p. 47)

Ás veces os nomes dos autores citados poderán ir dentro do propio texto, e non entre parénteses, como no seguinte exemplo: Como xa sinalou Boves Naves (1990, p. 50), a literatura...
Ademais, as citas repetidas dun mesmo traballo, por norma xeral, farán constar a referencia completa, evitando as formas tipo op. cit., Ibidem. etc.  

13ª) Todas as citas do texto deberán estar referenciadas nun apartado final de “Bibliografía” seguindo o modelo APA. De acordo á ultima versión actualizada destas normas (7º edición, 2019), as fichas bibliográficas de libros, artigos de revista, colaboracións integradas en obras colectivas, traballos académicos, páxinas web, artigos de xornal e obras audiovisuais compoñeranse deste xeito:

  • Libros:

Apelido, N. (ano). Título do libro. Editorial.

Apelido, N. e Apelido, N. (ano). Título do libro. Editorial. DOI o URL

Apelido, N. (Ed.). (ano). Título do traballo. Editorial.

  • Artigos de revista:

Apelido, A. A., Apelido, B. B., e Apelido, C. C. (ano). Título do artigo específico. Título da Revista, volume (número da revista), número de páxina inicio–número de páxina fin. DOI ou URL

  • Capítulo de libro:

Apelido, N. (ano). Título do capítulo. En N. Apelido (Ed.), Título do libro (pp. XX-XX). Editorial. DOI ou URL

  • Teses ou traballos monográficos:

Apelido, N. (ano). Título do traballo [tipo de documento: tese de doutoramento, traballo fin de grao, traballo fin de mestrado etc.]. Universidade. URL

  • Páxina web:

Apelido, A., Apelido, B., e Apelido, C. (ano). Título do artigo específico [Formato especial de ser o caso]. URL

  • Artigo de xornal:

Apelido, N. (data de publicación do artigo, seguindo o formato: 1 de xaneiro de 2020). Titular do artigo no xornal. Nome do xornal. URL

  • Cinta cinematográfica ou outro tipo de obra audiovisual:

Apelido do produtor, A. (produtor) e Apelido do director, A. (director). (ano). Nome do filme [tipo de obra: cinta cinematográfica, documental etc.]. País: produtora.

Nos seguintes arquivos anexos poderán descargarse os modelos correspondentes aos artigos, notas e recensións, co fin de facilitar a tarefa de adecuación ás normas aquí explicadas.           

ARQUIVOS
NOTAS e RECENSIÖNS

14ª) Os editores reservamos o dereito de facermos leves alteracións nos traballos recibidos coa única finalidade de corrixirmos erros mecánicos ou lingüísticos. Se as modificacións necesarias fosen considerábeis, consultarase co autor ou autores para lle(s) pedir a súa aprobación para facelas.

15ª) Os traballos recibidos que se axusten a estas normas técnicas, logo dunha comprobación inicial favorábel realizada polo editor, serán avaliados por dous especialistas externos (ou tres, se os dous informes non son positivos), manténdose sempre o anonimato do autor do traballo e dos avaliadores (dobre cego), pero será a Dirección da Revista e o Consello científico quen decida sobre a súa publicación.

No caso das recensións, será a secretaría e o equipo de redacción da revista quen decidan sobre a publicación ou non do manuscrito, así como dos cambios necesarios. Toda esta información seralle remitida ao autor para o correcto seguimento do estado do envío. 

16º) O avaliador debe enviar o formulario de revisión no prazo máximo dun mes dende a recepción do traballo. Se existen discrepancias entre os revisores, remitirase a un terceiro, cuxo ditame será definitivo. A Secretaría comunicará nun prazo aproximado de tres meses, despois do envío a revisores e mediante correo electrónico, da aceptación (definitiva ou condicionada) ou o rexeitamento das colaboracións. A comunicación irá acompañada dos informes anónimos dos avaliadores. Eventualmente, poderá enviarse un único informe elaborado polo Comité de Redacción a partir dos formularios entregados polos avaliadores.

17ª) Se o traballo é aceptado provisoriamente, o autor deberá realizar antes de quince días as oportunas modificacións ou as alegacións aos cambios solicitados. O traballo revisado deberá  enviarse á Revista destacando os cambios realizados mediante formato “resaltar”. Cando sexa precisa algunha aclaración, o autor enviará un documento no que vincule as modificacións realizadas no traballo cos cambios solicitados polos revisores e incluíndo as alegacións que considere pertinentes. A nova versión, xunto co documento indicado, enviarase de novo aos revisores, os cales, nun prazo de quince días, emitirán un informe sobre a conveniencia ou non da publicación.

18ª) O Comité de Redacción, nun prazo de quince días a partir da comunicación dos revisores, acordará e notificará a aceptación ou o rexeitamento definitivo do traballo. Nesta notificación, que se realizará mediante correo electrónico, a non ser que o autor solicite un xustificante en papel, solicitaráselle ao autor o envío do traballo nas linguas de publicación da Revista (galego ou portugués, se foi enviado nesa lingua) e indicaráselle así mesmo en que número da Revista se publicará o traballo. Se o autor ten algún tipo de dificultade nesta tarefa, poderá solicitarlle ao equipo da revista que leve a cabo as tarefas de tradución pertinentes.

19ª) O Boletín Galego de Literatura non se responsabiliza do contido de ningún traballo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.