https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/issue/feed Boletín Galego de Literatura 2023-01-09T08:08:32+01:00 Boletín Galego de Literatura bgl@usc.es Open Journal Systems
O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista científica anual editada pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1989 e redactada enteiramente en lingua galega. Acolle artigos de crítica e historiografía sobre calquera literatura do mundo e tamén traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica, etc., é dicir, todo o amplo campo do coñecemento de tan longa tradición como o desenvolvido ao redor do feito literario nun senso amplo.
O BGL aparece indexado en CIRBICR (CSIC), ISOC (CSIC), ULRICH’S PLUS, LATINDEX, MYRIADE, ERIH PLUS, REDIB, REBIUN e DIALNET.
O portal dixital do BGL aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán, aínda que todos os textos, excepto os portugueses ou os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego.
https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8279 Cidade, fronteira e arraigamento na lírica de María Rosa Lojo 2022-12-26T10:55:20+01:00 Enzo Cárcano enzo.carcano@usal.edu.ar
Se ben a traxectoria lírica de María Lojo se inicia a mediados dos oitenta e se consolida no decenio seguinte, non se advirte nela a pegada urbana que tanto caracteriza a algúns dos seus contemporáneos, senón máis ben referencias populares e algo illadas. Con todo, é posíbel illar unha serie de composicións que cabería incluír dentro do que Cañas chama “poesía da cidade” e en cuxa sucesión cronolóxica se advirte a evolución da visión do suxeito do urbano, que primeiro é rexeitado como falsidade e algo alleo, e logo, de modo case oposto, a través da casa, é asumido como fogar. Esta transformación pode lerse como o desenvolvemento da idea de arraigo na poesía lojiana, concomitante á mutación da noción de fronteira que a percorre: de límite solitario a espazo de intercambio.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8439 Escolma posible, de Castelao, censurado polo franquismo 2023-01-09T08:08:32+01:00 Xosé Manuel Dasilva Fernández jdasilva@uvigo.es
O obxectivo deste artigo é relatar as dificultades que a censura franquista puxo ao libro Escolma posible, editado por Galaxia en 1964, antoloxía de textos de Castelao organizada por Marino Dónega. Con carácter preliminar, examínanse os trazos máis relevantes da imaxe do autor que a Ditadura pretendía consolidar, a partir principalmente da lectura dos informes de censura dalgunhas das súas obras. Despois de revisar o expediente de Escolma posible de modo pormenorizado, préstase atención á recepción coetánea dispensada ao volume. A conclusión máis importante que se alcanza é que Escolma posible foi un proxecto condicionado polo contexto represivo do Réxime, e non tanto pola suposta vontade de Galaxia de potenciar a dimensión artística e literaria de Castelao.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8304 Parodia afropolítica, realismo grotesco e imaxi-Nación en Sua excelência de corpo presente, de Pepetela 2022-12-26T10:55:21+01:00 Ana Belén García Benito agbenito@unex.es
Nun momento no que o continente africano parece iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, o escritor angolano Pepetela publica Sua excelência de corpo presente (2018), obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África. Os estudos da “narrativa da violencia” (Tomás Cámara, 2017), no ámbito dos "African Dictator Novel" (Veit-Wild, 2006; Walonen, 2011) ou "Politique-Fiction" (Coussy, 2000) son o marco teórico que nos permite analizar esta novela, que representa nas letras africanas o xénero “novela de ditador” na súa manifestación arquetípica, revelándose ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal. Trazos como a dimensión simbólico-mítica —coa elección dun tirano cadáver como protagonista—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos, o final metafórico e esperanzador da novela —estratexia burlesca que pecha a narración a modo de xustiza narrativa—, a estética satírica que domina a narrativa —combinando elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas das ditaduras—, sitúan a novela na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8353 A ficção brasileira contemporânea e o existencialismo bizarro nas obras: Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo, de Santiago Nazarian 2022-12-26T10:55:21+01:00 Alexandre César Mendes Araújo amssphb@gmail.com Marcílio Machado Pereira marcilio.machado@phb.uespi.br
Este artigo científico, resultante de pesquisa vinculada ao PIBIC-UESPI, e situado na linha de pesquisa que estuda a ficção brasileira contemporânea, analisa as obras Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo, romances adultos do escritor Santiago Nazarian. Estuda as anteriormente citadas obras através das pistas deixadas pelo próprio autor, que utilizou a expressão “existencialismo bizarro” para referir-se a sua obra. Desenvolve uma discussão sobre os temas do existencialismo, do bizarro e do uso da metaficção enquanto aspectos representativos na literatura contemporânea e que se fazem presentes em Nazarian. Realiza leituras aprofundadas dos romances Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo com o intuito de perceber traços estilísticos distintivos, recorrências temáticas e preocupações formais. Discute temas como o fracasso, a solidão e a incapacidade de adaptação dos personagens de Santiago Nazarian. Apresenta ainda uma breve biobibliografia de Santiago Nazarian para uma melhor compreensão da trajetória do autor. Utiliza, por fim, a pesquisa bibliográfica e documental como estratégias de coleta de dados, apoiando-se esta análise em autores tais como Oliveira (2011), Santos (2005), Reichmann (2006) e Schollhammer (2009).
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8666 Representações da Violência em O frío azul, de Ramón Caride Ogando 2022-12-26T10:55:21+01:00 Francisco Saraiva Fino fmsfino@gmail.com
A novela O frío azul (2007), do escritor galego Ramón Caride Ogando, constitui um exemplo significativo da propensão da narrativa histórica pós-moderna para a reflexão sobre o esbatimento de fronteiras entre domínios do conhecimento como a história e a literatura. Nesse contexto, a interdiscursividade assume-se para o autor tanto enquanto horizonte de reencontro ficcional com o arquivo disponível como cenário de subversão criativa das referências aí encontradas. Na obra de Ramón Caride, esse olhar diverso revela-se, entre outros aspetos, na representação da violência, de que nos ocuparemos a partir do estudo de três dimensões intercomunicantes: o espaço, a soberania e o maravilhoso.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8773 A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado 2022-12-26T10:55:21+01:00 Rocío García-Pedreira mariadelrocio.garcia.pedreira@usc.es
A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara de obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8509 Dúas aproximacións á vida e obra de Xela Arias, muller libre polas súas eleccións 2022-12-26T10:55:21+01:00 Alba Calo Blanco pontenafonso.alba@gmail.com
A investigadora, profesora de literatura galega na USC e crítica literaria María Xesús Nogueira publica en 2021 dous volumes en torno á figura de Xela Arias, poeta homenaxeada co Día das Letras Galegas 2021. Esta nota académica pretende realizar unha comparación entre ambas obras, destacando a análise dos puntos en común e buscando o porqué das diferenzas, que xurdirán debido especialmente ao tipo de público ao que se orienta cada unha. Así mesmo, tratarase de examinar nestas dúas obras concretas o cumprimento ou incumprimento dalgunhas das características máis problemáticas do xénero da biografía establecidas por Ricardo Senabre (1998) e Arenas Cruz (1998).
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8206 Encontro con Jesús Yáñez Castro, autor de Campo de plumas 2022-12-26T10:55:21+01:00 Alicia Anta Fernández alianta@usal.es
Entrevista a Jesús Yáñez Castro, que vén de publicar, no pasado ano 2021, a súa obra Campo de plumas.
2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8313 Rodríguez Fer, C. (2021). Borges e Cunqueiro creadores de labirintos. Mondoñedo: Concello de Mondoñedo/Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. 89 pp. 2022-12-26T10:55:21+01:00 Manuel Naveira Fuentes manuelnaveira0@gmail.com 2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/7702 Paz Gago, J. M. (2022). Emilia Pardo Bazán e Galicia. A Coruña: Hércules de Ediciones. 237 pp. 2022-12-26T10:55:21+01:00 Blanca Paula Rodríguez Garabatos blanparoga73@gmail.com 2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8335 Rodríguez Garabatos, B. P. (2021). Emilia Pardo Bazán: visiones del dandismo. A Coruña: Hércules de Ediciones. 156 pp. 2022-12-26T10:55:21+01:00 Fátima Díez Platas fatima.diez@usc.es 2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8330 Carreira López, M. (2021). Transcendencia e cidadanía. Estudo mitocrítico dos relatos de X. L. Méndez Ferrín. Faro: Centro de Estudos Galegos-Universidade do Algarve. 175 pp. 2023-01-03T10:20:28+01:00 Juan Miguel Zarandona juanmiguel.zarandona@uva.es 2022-12-26T10:55:21+01:00 Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela