Boletín Galego de Literatura https://revistas.usc.gal/index.php/bgl
O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista científica anual editada pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1989 e redactada enteiramente en lingua galega. Acolle artigos de crítica e historiografía sobre calquera literatura do mundo e tamén traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica, etc., é dicir, todo o amplo campo do coñecemento de tan longa tradición como o desenvolvido ao redor do feito literario nun senso amplo.
O BGL aparece indexado en CIRBICR (CSIC), ISOC (CSIC), ULRICH’S PLUS, LATINDEX, MYRIADE, ERIH PLUS, REDIB, REBIUN e DIALNET.
O portal dixital do BGL aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán, aínda que todos os textos, excepto os portugueses ou os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego.
gl-ES
Ao publicar en BGL, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).

Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón:  https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
bgl@usc.es (Boletín Galego de Literatura) sepinter@usc.es (USC. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico) Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 OJS 3.1.2.4 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 Cidade, fronteira e arraigamento na lírica de María Rosa Lojo https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8279
Se ben a traxectoria lírica de María Lojo se inicia a mediados dos oitenta e se consolida no decenio seguinte, non se advirte nela a pegada urbana que tanto caracteriza a algúns dos seus contemporáneos, senón máis ben referencias populares e algo illadas. Con todo, é posíbel illar unha serie de composicións que cabería incluír dentro do que Cañas chama “poesía da cidade” e en cuxa sucesión cronolóxica se advirte a evolución da visión do suxeito do urbano, que primeiro é rexeitado como falsidade e algo alleo, e logo, de modo case oposto, a través da casa, é asumido como fogar. Esta transformación pode lerse como o desenvolvemento da idea de arraigo na poesía lojiana, concomitante á mutación da noción de fronteira que a percorre: de límite solitario a espazo de intercambio.
Enzo Cárcano Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8279 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Escolma posible, de Castelao, censurado polo franquismo https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8439
O obxectivo deste artigo é relatar as dificultades que a censura franquista puxo ao libro Escolma posible, editado por Galaxia en 1964, antoloxía de textos de Castelao organizada por Marino Dónega. Con carácter preliminar, examínanse os trazos máis relevantes da imaxe do autor que a Ditadura pretendía consolidar, a partir principalmente da lectura dos informes de censura dalgunhas das súas obras. Despois de revisar o expediente de Escolma posible de modo pormenorizado, préstase atención á recepción coetánea dispensada ao volume. A conclusión máis importante que se alcanza é que Escolma posible foi un proxecto condicionado polo contexto represivo do Réxime, e non tanto pola suposta vontade de Galaxia de potenciar a dimensión artística e literaria de Castelao.
Xosé Manuel Dasilva Fernández Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8439 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Parodia afropolítica, realismo grotesco e imaxi-Nación en Sua excelência de corpo presente, de Pepetela https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8304
Nun momento no que o continente africano parece iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, o escritor angolano Pepetela publica Sua excelência de corpo presente (2018), obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África. Os estudos da “narrativa da violencia” (Tomás Cámara, 2017), no ámbito dos "African Dictator Novel" (Veit-Wild, 2006; Walonen, 2011) ou "Politique-Fiction" (Coussy, 2000) son o marco teórico que nos permite analizar esta novela, que representa nas letras africanas o xénero “novela de ditador” na súa manifestación arquetípica, revelándose ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal. Trazos como a dimensión simbólico-mítica —coa elección dun tirano cadáver como protagonista—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos, o final metafórico e esperanzador da novela —estratexia burlesca que pecha a narración a modo de xustiza narrativa—, a estética satírica que domina a narrativa —combinando elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas das ditaduras—, sitúan a novela na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.
Ana Belén García Benito Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8304 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 A ficção brasileira contemporânea e o existencialismo bizarro nas obras: Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo, de Santiago Nazarian https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8353
Este artigo científico, resultante de pesquisa vinculada ao PIBIC-UESPI, e situado na linha de pesquisa que estuda a ficção brasileira contemporânea, analisa as obras Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo, romances adultos do escritor Santiago Nazarian. Estuda as anteriormente citadas obras através das pistas deixadas pelo próprio autor, que utilizou a expressão “existencialismo bizarro” para referir-se a sua obra. Desenvolve uma discussão sobre os temas do existencialismo, do bizarro e do uso da metaficção enquanto aspectos representativos na literatura contemporânea e que se fazem presentes em Nazarian. Realiza leituras aprofundadas dos romances Biofobia, Mastigando humanos e Feriado de mim mesmo com o intuito de perceber traços estilísticos distintivos, recorrências temáticas e preocupações formais. Discute temas como o fracasso, a solidão e a incapacidade de adaptação dos personagens de Santiago Nazarian. Apresenta ainda uma breve biobibliografia de Santiago Nazarian para uma melhor compreensão da trajetória do autor. Utiliza, por fim, a pesquisa bibliográfica e documental como estratégias de coleta de dados, apoiando-se esta análise em autores tais como Oliveira (2011), Santos (2005), Reichmann (2006) e Schollhammer (2009).
Alexandre César Mendes Araújo, Marcílio Machado Pereira Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8353 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Representações da Violência em O frío azul, de Ramón Caride Ogando https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8666
A novela O frío azul (2007), do escritor galego Ramón Caride Ogando, constitui um exemplo significativo da propensão da narrativa histórica pós-moderna para a reflexão sobre o esbatimento de fronteiras entre domínios do conhecimento como a história e a literatura. Nesse contexto, a interdiscursividade assume-se para o autor tanto enquanto horizonte de reencontro ficcional com o arquivo disponível como cenário de subversão criativa das referências aí encontradas. Na obra de Ramón Caride, esse olhar diverso revela-se, entre outros aspetos, na representação da violência, de que nos ocuparemos a partir do estudo de três dimensões intercomunicantes: o espaço, a soberania e o maravilhoso.
Francisco Saraiva Fino Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8666 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8773
A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara de obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.
Rocío García-Pedreira Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8773 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Dúas aproximacións á vida e obra de Xela Arias, muller libre polas súas eleccións https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8509
A investigadora, profesora de literatura galega na USC e crítica literaria María Xesús Nogueira publica en 2021 dous volumes en torno á figura de Xela Arias, poeta homenaxeada co Día das Letras Galegas 2021. Esta nota académica pretende realizar unha comparación entre ambas obras, destacando a análise dos puntos en común e buscando o porqué das diferenzas, que xurdirán debido especialmente ao tipo de público ao que se orienta cada unha. Así mesmo, tratarase de examinar nestas dúas obras concretas o cumprimento ou incumprimento dalgunhas das características máis problemáticas do xénero da biografía establecidas por Ricardo Senabre (1998) e Arenas Cruz (1998).
Alba Calo Blanco Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8509 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Encontro con Jesús Yáñez Castro, autor de Campo de plumas https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8206
Entrevista a Jesús Yáñez Castro, que vén de publicar, no pasado ano 2021, a súa obra Campo de plumas.
Alicia Anta Fernández Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8206 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Rodríguez Fer, C. (2021). Borges e Cunqueiro creadores de labirintos. Mondoñedo: Concello de Mondoñedo/Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. 89 pp. https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8313 Manuel Naveira Fuentes Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8313 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Paz Gago, J. M. (2022). Emilia Pardo Bazán e Galicia. A Coruña: Hércules de Ediciones. 237 pp. https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/7702 Blanca Paula Rodríguez Garabatos Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/7702 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Rodríguez Garabatos, B. P. (2021). Emilia Pardo Bazán: visiones del dandismo. A Coruña: Hércules de Ediciones. 156 pp. https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8335 Fátima Díez Platas Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8335 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100 Carreira López, M. (2021). Transcendencia e cidadanía. Estudo mitocrítico dos relatos de X. L. Méndez Ferrín. Faro: Centro de Estudos Galegos-Universidade do Algarve. 175 pp. https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8330 Juan Miguel Zarandona Copyright (c) 2022 Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/about/submissions#copyrightNotice https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/8330 Mon, 26 Dec 2022 10:55:21 +0100