Boletín Galego de Literatura
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl

O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista literaria semestral editada pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1989 e redactada enteiramente en lingua galega. Acolle artigos de crítica e historiografía sobre calquera literatura do mundo e tamén traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica, etc., é dicir, todo o amplo campo do coñecemento de tan longa tradición como o desenvolvido ao redor do feito literario nun senso amplo.
O BGL aparece indexado en CIRBICR (CSIC), ISOC (CSIC), ULRICH’S PLUS, LATINDEX, MYRIADE, ERIH PLUS, REDIB, REBIUN e DIALNET.
O portal dixital do BGL aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán, aínda que todos os textos, excepto os portugueses ou os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científicogl-ESBoletín Galego de Literatura0214-9117

Ao publicar en BGL, o autor cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright.

Salvo indicación contraria, todos os contidos distribúense baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glO traxe rexional na obra narrativa de Emilia Pardo Bazán
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6475

A cultura rural, particularmente a indumentaria, é un elemento narrativo imprescindíbel na obra literaria de Emilia Pardo Bazán. O traxe rexional galego é obxecto de interese antropolóxico por parte da autora (fundadora da Sociedad del Folk-Lore Gallego en 1883 e promotora do cuestionario do folclore galego de 1885), inclinación que a leva a realizar exhaustivas descricións deste tipo de indumentaria tradicional en obras como La gallega, en contos como Eterna Lei e mesmo na súa novelística máis urbana, representada por La Quimera. O seu gusto polo traxe rexional responde a unha dobre finalidade, ofrecer unha visión antropolóxica da vestimenta popular en Galicia e caracterizar tanto os grupos sociais do rural como algúns personaxes inesquecíbeis como Minia en Un destripador de antaño ou Maripepiña en Bucólica.
Blanca Paula Rodríguez Garabatos
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-305652210.15304/bgl.56.6475A incidencia de reescrituras fílmicas na relación de nomeados e premiados dos principais galardóns internacionais a longametraxes animadas
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6776

O presente artigo pretende dar conta da presenza de reescrituras fílmicas de obras literarias realizadas mediante técnicas de animación cuxa calidade as fixo merecedoras de ser nomeadas e/ou premiadas con algúns dos galardóns cinematográficos a nivel mundial máis importantes que contan cunha categoría específica para estas producións, en concreto os Óscar, Annie, Globos de Ouro e BAFTA. Ademais, tamén se analizará brevemente a influencia que ten a creación do hipertexto fílmico para a difusión do correspondente hipotexto.
Rocío G-Pedreira
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-3056234010.15304/bgl.56.6776A Revolução dos Cravos e a Literatura para a Infância e a Juventude
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6266

O 25 de Abril de 1974 é uma data marcante da história do Portugal do século XX, tendo constituído ponto de partida para numerosas obras musicais, literárias, teatrais, plásticas, cinematográficas e televisivas. A resistência contra a ditadura de quarenta e oito anos de Salazar e Marcello Caetano, a par do início da construção do Portugal democrático têm sido também tematizados em diversos livros para a infância e a juventude. Escritores de referência como Manuel António Pina, António Torrado, Luísa Ducla Soares ou Álvaro Magalhães, e ilustradores como João Abel Manta, Manuela Bacelar, António Modesto, Alex Gozblau, Evelina Oliveira e outros, não ficaram indiferentes a este marco histórico, e têm assim concorrido, através das suas obras, para a construção de uma memória, muito necessária às novas gerações, educadas já em democracia. É uma panorâmica crítica atualizada dessa produção o que neste artigo é proposto.
José António Gomes
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-3056416310.15304/bgl.56.6266Adiós, María: recepción e fortuna crítica en Grial na década dos 70
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6393

A novela Adiós, María, da autoría de Xohana Torres e publicada en 1971, foi a gañadora do Premio Galicia de 1970 convocado polo Centro Gallego de Buenos Aires, considerado como un dos galardóns literarios máis prestixiosos na época. Aínda así, a primeira e única novela de Xohana Torres non conseguiu naquela altura a suficiente atención por parte da crítica. As escasas e puntuais achegas que foron aparecendo de maneira espallada resultaron insuficientes e superficiais, evidenciando así a relativa falta de interese pola novela no momento da súa aparición. Tendo en conta isto, na primeira parte deste estudo achégase un breve estudo do contexto e da relevancia que supuxo a convocatoria do Premio Galicia para Xohana Torres, para logo ofrecer unha análise da controversia suscitada pola concesión deste premio á escritora. Na segunda parte, ofrécese unha revisión dos comentarios suscitados sobre a novela publicados na revista Grial entre 1970 e 1980.
Laura Caamaño Pérez
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-305652110.15304/bgl.56.6393Fixando os marcos: Carvalho Calero e o criterio filolóxico
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6783

Na presente nota realízase unha análise do papel de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990) na fixación do criterio filolóxico que rexería para a literatura galega de posguerra a través da súa obra de creación literaria.
Mario Regueira
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-3056233410.15304/bgl.56.6783Claudio Rodríguez Fer. Valente infinito: libertad creativa y conexiones interculturales
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6283
Arantxa Fuentes Ríos
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-305659Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, nº 5
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6526
Carmen Ferreira Boo
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-30561116Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega
https://revistas.usc.gal:443/index.php/bgl/article/view/6547
Laura Caamaño Pérez
Copyright (c) 2020
2020-06-302020-06-30561726