Contido principal do artigo

María Míguez López
University of Santiago of Compostela
España
Biografía
No 47 (2015), Estudos
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.47.2388
Recibido: 05-02-2015 Aceptado: 28-09-2015 Publicado: 23-12-2015
Copyright Como citar

Resumo

Na nómina de películas de Disney hai unha que chama especialmente a atención: Canción do Sur, que a compañía ten prohibida por racista. Esta adaptou os libros de Joel Chandler Harris nos que un escravo, o tío Remus, lle conta ao fillo da súa ama unhas fábulas animadas. O protagonista destas é Brer Rabbit, mito entre a poboación negra, a cal tiraba ensinanzas deste coello avezado que por medio do enxeño vence aos seus inimigos. Porén, na adaptación ao cinema, Remus, que nos libros goza dunha posición privilexiada na plantación e incluso ostenta certa autoridade, é un home dócil e sumiso, que só busca a felicidade dos seus patróns, e as fábulas dos animais aparecen despoxadas desa lectura subversiva.
Citado por

Detalles do artigo