Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
No marco da literatura galega, a novela negra converteuse nun dos xéneros máis cultivados, que conta, ademais, cun amplo número de lectores. O presente artigo ten como obxectivo principal demostrar a existencia dun modelo de detective galego mediante a análise de catro personaxes: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela). O estudo destes investigadores, presentes nun mínimo de dúas novelas, permiten realizar unha busca de trazos diverxentes e semellantes. Deste xeito, o artigo fundaméntase na procura das características que configuran o personaxe do detective na novela negra galega a través das obras Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato.
Ao publicar en BGL, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).
Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Como citar
Pousada Pardo, , V. (2016). A figura do detective na novela negra galega: Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro. Boletín Galego De Literatura, (48). https://doi.org/10.15304/bgl.48.3164