Resumo

O obxectivo fundamental deste artigo é examinar as versións en castelán d’As crónicas do Sochantre, a segunda novela en galego de Álvaro Cunqueiro, a cal nunca autotraduciu a diferenza doutros títulos. Tras a reconstrución do proceso de creación da obra, analízase a tradución realizada por Francisco Fernández del Riego, a finais dos anos cincuenta, por encargo de Cunqueiro. Seguidamente, considérase a versión impulsada nos últimos tempos por Ediciones 98, na que participou o fillo do escritor. De modo complementario, abórdanse os conceptos de suposta autotradución, tradución alógrafa con colaboración do autor, tradución autorizada e retradución en relación concretamente con estas dúas traducións d’As crónicas do Sochantre.