No 48 (2016): 1º semestre, Notas
Recibido: 22-03-2016
Aceptado: 05-07-2016
Publicado: 03-09-2016
Neste traballo preténdese reflexionar acerca das claves de “A lingua das bolboretas” e sobre o modo en que Manuel Rivas condensa no seu relato a situación vivida na España dos momentos previos á Guerra Civil, sobre todo no ámbito escolar e familiar. A barreira xerada a partir de entón borrou figuras coma os mestres, decisivos no período anterior, de maneira que o autor realiza con esta obra un acto de memoria histórica e unha reivindicación da liberdade. Así mesmo, tentarase profundar nas similitudes e nas diferenzas entre a versión escrita e a súa adaptación cinematográfica. Poderase observar como a película amplía o contido que se recolle na narración e valorarase ata que punto se respecta a idea orixinal exposta polo escritor galego.
Guerra Civil, liberdade, represión franquista, cine, literatura, memoria histórica.