A figura do detective na novela negra galega: Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro
Contido principal do artigo
Núm. 48 (2016): 1º semestre, Estudos
Recibido: 2016-02-24
Publicado: 2016-05-16
Resumo
No marco da literatura galega, a novela negra converteuse nun dos xéneros máis cultivados, que conta, ademais, cun amplo número de lectores. O presente artigo ten como obxectivo principal demostrar a existencia dun modelo de detective galego mediante a análise de catro personaxes: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela). O estudo destes investigadores, presentes nun mínimo de dúas novelas, permiten realizar unha busca de trazos diverxentes e semellantes. Deste xeito, o artigo fundaméntase na procura das características que configuran o personaxe do detective na novela negra galega a través das obras Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato.
Palabras clave:
literatura galega, novela negra, detective
Descargas
Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)
- Verónica Pousada Pardo, Sumario BGL 53 (2º semestre 2018) , Boletín Galego de Literatura: Núm. 53 (2018): 2º semestre
- Verónica Pousada Pardo, Sumario BGL 54 (1º semestre 2019) , Boletín Galego de Literatura: Núm. 54 (2019): 1º semestre
- Verónica Pousada Pardo, Sumario BGL 52 (1º semestre 2018) , Boletín Galego de Literatura: Núm. 52 (2018): 1º semestre
- Verónica Pousada Pardo, Sumario BGL 55 (2º semestre 2019) , Boletín Galego de Literatura: Núm. 55 (2019): 2º semestre
