1. A NÉBOA SOBRE A VIDA DOS TROBADORES
As pescudas sobre as identidades dos nosos trobadores non rematan case nunca. Son moi escasas as ocasións en que o nome dun autor dos nosos cancioneiros aparece na documentación medieval identificado como “trobador”. En xeral, os trobadores quedan sempre baixo a sombra da dúbida que deita a recorrente homonimia no sistema antroponímico da Idade Media.
Eis o que lle pasa ao trobador coñecido como Nuno Perez Sandeu. No sitio web que dirixen Graça Videira Lopes e Manuel Pedro Ferreira na páxina correspondente ao autor podemos ler hoxe: “Trovador português, sobre o qual nada se sabe”, para logo referir os datos que se coñecen desde que o historiador Oliveira publicara a súa tese de doutoramento no ano 1994. No esencial, recoñécese que o alcume Sandeu está presente no “Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, como sobrenome de descendentes de um cavaleiro asturiano que teria acompanhado o conde D. Henrique para Portugal” (). Algo máis detallada resulta a base de datos do cirp, mais, no entanto, as conclusións son as mesmas ao consideralo probablemente natural de Portugal, onde os Sandeu gozarían de certos bens en Aguiar da Pena (Vila Pouca de Aguiar, Trás-os-Montes).
Por norma, cando non existe un documento que nos permita encamiñar unha liña de investigación, os estudosos fíxanse noutros indicios. Un deles, quizais o máis determinante, é o da súa colocación nos cancioneiros, onde se atribúen a Sandeu seis cantigas de amigo colocadas, en principio, na sección que lles corresponde. Mais tampouco é definitivo á hora de establecer a súa cronoloxía (). De ter formado parte da compilación inicial, sería un autor do século xiii, mais se é un dos autores que se incorporaron despois, sería de finais do xiii ou mesmo inicios do xiv ().
2. ESTRUTURA
Este traballo ten dúas partes. Na primeira, bosquexamos unha nova hipótese sobre o trobador Nuno Perez Sandeu e a súa posible vinculación con Compostela a partir do estudo dunha serie de rexistros documentais inéditos procedentes do Tombo C da Catedral de Santiago de Compostela, cuxa lectura ofrecemos en Apéndice. Na segunda parte, analizaremos os trazos máis relevantes das súas seis cantigas de amigo para atendermos principalmente aos vínculos dialóxicos e intertextuais e ver que relacións nos permiten establecer.
3. DOCUMENTOS HISTÓRICOS
3.1. Antecedentes galegos
Como xa dixemos, a tendencia actual é considerar que Nuno Perez Sandeu é probablemente portugués, en tanto que descendente de Egas Mendez, fillo dun cabaleiro asturiano que chegou a Portugal da man do conde Don Henrique. Porén, pouco se afondou sobre determinadas persoas que son caracterizadas co alcume Sandeu na documentación de Galicia.
Unha destas persoas atópase na documentación de Sobrado dos Monxes, Petro Pelaiz cognomento Sandeu, en relación a transaccións que teñen que ver con Vilar Covo, quizais hoxe Vilarcovo, lugar da parroquia de San Xillao de Irixoa no concello lucense de Muras (), e con Anafreita, localidade do concello lucense de Friol (). Como curiosidade, anotaremos que ambos os lugares teñen bastante que ver cos Ambroa. Non obstante, a franxa cronolóxica 1162-1189 semella algo afastada da que podemos establecer para o homónimo do Tombo C. Loxicamente, non se pode nin confirmar nin desbotar que este Sandeu sexa un antepasado do miles documentado en Compostela.
3.2. Nuno Perez Sandeu en Compostela
Son tres os documentos do Tombo C que identifican ao posible trobador co nome de Nuno Petri dictus Sandeo. A súa datación corresponde aos anos 1258 (Apéndice I, docs. 2 e 3) e 1262 (Apéndice I, doc. 1). Trátase de documentos que non achegan datos directos sobre este homónimo, xa que neles figura só en calidade de testemuña dos actos que se documentan. Non obstante, no rexistro de 1262 (doc. 1) figura acompañado do seu fillo, Sancius Nuniz e, como procuraremos describir, é posible deducir máis aspectos a raíz do contexto. Ademais, a estes tres documentos podemos engadir, como detallaremos, outros dous de 1242 e 1258, onde consta como Nuno Petri miles.
3.2.1. Hospital de La Espina en terra de Tineu (Asturias) (Apéndice, doc. 1)
Neste documento Gundisalvus Pelagii miles, fillo do defunto e tamén cabaleiro Pelagii Gundisalvi de Tineu, afirma en 1262, ante o arcebispo Johan Airas (1238-1266), que está a cargo da protección do Hospital de La Espina “que est in Terra de Tineu in Asturiis”. Ademais, manifesta que dita posesión provén do seu pai a quen llo entregara o anterior arcebispo don Bernardo II (no cargo entre 1220 e 1237, falece no mosteiro de Sar en 1240; véxase ).
No estadio actual das nosas investigacións é o único documento en que sae Nuno Perez Sandeu acompañado do seu fillo, Sancius Nuniz. De non termos outros rexistros poderiamos pensar nunha vinculación entre Sandeu e Gundisalvo Pelagii de Tineo, sendo, por exemplo, o seu vasalo. Esta vinculación serviría, ademais, para incidir na anotada procedencia asturiana da parentela que se instala en Portugal. Do rexistro destacaremos a presenza como testemuñas de dous cabaleiros, en aparencia irmáns, Martin Sancii et Garsias Sancii de Soberado in Asturiis milites. Pode que sexa memoria de que Sobrado dos Monxes tiña baixo a súa dependencia o mosteiro asturiano de Valdediós, situado na parroquia de Puelles, no concello de Villaviciosa, se ben, desde inicios do século xiii tentaba liberarse de dita dependencia ().
En calquera caso, ao igual que se destaca o carácter estranxeiro dos Sancii ou de Menendus Iohannis de Tamamaes mediante a localización toponímica in Astoriiis, temos a impresión de que se faría o mesmo co noso homónimo no caso de proceder desas terras. Non obstante, non se pode desbotar do todo a súa asturianidade.
Este feito non significou renunciar a realizar pescudas na documentación asturiana. Así, procedemos a unha lectura do fondo medieval do mosteiro de Santa María de Obona () sen que aparecese algo que alimentase o carácter asturiano deste homónimo do trobador. Non obstante, si coidamos ter localizado a Gundisalvus Pelagii en 1248, xunto coa súa muller, Maria Diaz, como responsable dos malatos de Basxar, o outro nome co que era coñecida a leprosería de La Espina, parroquia do extremo occidental do concello de Salas, no couto de Myallo (). Hoxe só queda en pé a igrexa de San Vicente de La Espina. Nada queda do Lazareto de La Espina ou de Nosa Señora de Bazar. De feito, xa no século xviii semella un recordo afastado, se non interpretamos mal os datos da tese de doutoramento de .
Rematamos este apartado lembrando que “Ordonio Alvari canonico compostelano” recibe no testamento do arcebispo Johan Airas en 1266 “quanta herdade temos in Asturiis ex parte matris nostre domne Maioris Martinez et matertere nostre domne Marie Johannis [...] et damos in prestimonio eiusdem Ordonio Alvari hospitale quod archiepiscopi compostellanus habebat in Asturiis” (). Esta referencia é importante porque indica que o Hospital de La Espina, en 1266, isto é catro anos despois do documento protagonizado por Gundisalvus Pelagii miles, é entregado para a súa xestión a Ordonio Alvari. Ademais, esta pasaxe demostra a “asturianidade” por parte materna do arcebispo Johan Airas.
3.2.2. Johan Airas, arcebispo de Santiago (1238-1266)
Os tres documentos do Apéndice I en que se rexistra o homónimo do trobador sitúanse no tempo de goberno do arcebispo Johan Airas (1238-1266), que se inscribe no que describiu como os dous séculos de ouro da Catedral de Santiago de Compostela. Con el, o arcebispo devén plenamente unha instancia de poder señorial que compite e convive, a través de dinámicas de cooperación e confrontación, co poder rexio e aristocrático laico. Con el increméntase o patrimonio da mesa arcebispal. A chave para dilucidar a natureza de dito patrimonio vén expresado polo seu testamento de 1266 (. Tense sinalado que “en realidade semella tratarse máis ben dun inventario dos privilexios, bens e rendas que a mesa arcebispal conseguira anexionar durante o longo pontificado do prelado” ( sobre o emprazamento dos 241 casais que se recontan no testamento e a p. 48 para un mapa que os distribúe na xeografía galega). Entre as localidades situadas fóra de Galicia, aparecen Cacabelos, Trabadelo, Astorga, León, Sevilla, Toro, Arquilinos, Zamora ou Ledesma, principalmente (). Pero, contrariamente ao agardado, se non erramos na nosa lectura, nada se di sobre o Hospital de La Espina de Tineo en Asturias, a pesar de que todo indica que existe un claro interese por parte da mesa arcebispal no seu control, organización e xestión desde tempos, cando menos, de Bernardo II, como vimos.
O arcebispo Johan Airas é o que dispón a construción do castelo da Rocha Forte, un enclave para o que necesitaría, sen dúbida, persoal preparado para os labores de control e vixilancia como cabaleiros e escudeiros. Nada se sabe de forma expresa sobre este particular. Nada sobre a composición da súa corte, se ben os documentos do Tombo C deixan adiviñar certos trazos da súa constitución (véxase ). Un dos seus servidores é Petrus Sardina, identificado en 1255 como home do arcebispo en tanto que comprador de bens () e que aparece como testemuña nun dos documentos en que sae Nuno Petri miles (, VI kals julii era M.CC.LXXX, 28/06/1242).
3.2.3. Rua Vallis Dei (Apéndice, docs. 2 e 3)
A rúa Vallis Dei (Valdedeus) transcorre hoxe paralela á rúa de San Francisco confluíndo as dúas onde na Idade Media estaba a porta de Sofrades, xusto en fronte do actual convento de San Francisco. Até as primeiras décadas do século xiii o nome dominante nos documentos era, precisamente, rua Subfratribus (; ; ). Refire o estudoso que a primeira documentación da rúa Vallis Dei ten lugar en 1216; en efecto, neste documento unha muller, Maior, e o seu marido Arias Dominici mercador venden ao mestre Afonso, unha casa na rúa Vallis Dei, entre a casa de Martinus Munionis, capelán de San Xoán Batista, e as casas novas de Johannis Pelagii “de Lupo” (, era 1254 xv kals julii. 19/06/1216).
A documentación amosa que tanto o arcebispado compostelán como San Martiño Pinario tiveron intereses e propiedades na rúa Vallis Dei. De feito, no testamento do arcebispo Johan Airas aparece o dato de que fai doazón das casas e das hortas que fixo en dita rúa: “domos que fuerunt Didaci Roderici quondam archidiaconi cum domibus quas emi(mus) in Rua Vallis Dei quas destruximus ut feceremus ibi ortos” ().
As lendas, cando prenden no imaxinario, son moi difíciles de suprimir pola racionalidade dos feitos e das probas. É o que sucede coa lenda da peregrinación de San Francisco a Compostela no ano 1214. En realidade, como describe todo apunta a que foi unha estratexia planificada polas autoridades compostelás para incrementar o interese pola urbe xacobea e potenciar o Camiño de Santiago. Se a primeira referencia documental a Vallis Dei semella ser de 1216, para algúns estudosos o asentamento dunha pequena comunidade de frades franciscanos en Vallis Dei (que se debía prolongar ao outro lado da porta de Sofrades) debe ser da década 1220-1230, e a construción do seu convento, lenta, contou coa xenerosa achega de doazóns de mandatarios catedralicios, de residentes e burgueses coñecidos de Compostela como os Cotolaia ou os Tudela ().
En 1261 a prelatura compostelá, comandada polo arcebispo Johan Airas, cedería unha terceira parte da auga que viña desde Vite, na periferia compostelá, para favorecer o abastecemento da comunidade de San Francisco, e non será até o inicio do século xiv cando se produzan os primeiros testamentos de persoeiros facendo constar o desexo de seren soterrados no cemiterio de San Francisco, daquela extramuros, en fronte da desaparecida porta de Sofrades (; consúltese este traballo sobre a instalación na cidade xacobea das institucións da Orde Terciaria).
3.2.4. Sandeu, de condición miles
Nos tres documentos en cuestión o noso Nuno Perez Sandeu aparece definido como miles xunto con Suerus Froile (docs. 2 e 3 do Apéndice I), ao que se lles engade Johannis Petri de Figuario (doc. 2). No propio Tombo C atopamos outros dous rexistros cun Nuno Petri miles, que pode ser o noso trobador, xa que entre as testemuñas figuran persoas como Petrus Nuniz, Fernan Johannis repositarius, Petrus Vitalis, Petrus Martin praedicator hospitalis Sancti Iacobi, habituais nos documentos en que sae co nome completo. O primeiro é do ano 1242 e trátase dunha venda de Pelagius Pelagii e da súa muller Maria Ramiriz ao arcebispo Johan Airas do “casale de Pardinos de Susanis et de Iusanis in villa nominata Paredes”. Nel Nuno Petri milles aparece con Petrus Sardina, Petrus Vitalis, laico cidadán compostelán, e con Petrus Arie da Cana, membro da parentela do trobador Pai da Cana ( kals julii era M.CC.LXXX, 28/06/1242). No segundo documento, datado un día antes dos rexistros en que o vemos co alcume, asistimos de novo a unha compra do arcebispo Johan Airas dunha casa situada en “Rua Vallis Dei cum sua cortina”. Nuno Petri miles aparece testemuñando a transacción con dº Petrus Nuniz, dº Martin Cabeza, FernanJohannis repositarius e Petrus Martin praedicator hospitalis Sancti Jacobi. ( kals aprilis era M.CC.LXL.VI.,27/03/1258).
A estes nomes podemos engadir Petro Pelagii [dicto] Beizudo (Apéndice I, docs. 2 e 3) que consta nos dous documentos en calidade de testemuña xunto co noso Nuno Perez Sandeu. Atopámolo noutro en que Petro Pelagii [dicto] Beizudo exerce de comprador de bens en San Vicenzo de Rial de parte de Arias Petri Arllegio miles, e nel identifícase como morador na rúa Vallis Dei (: doc. 134, 08-09/12/1273). Considerando a presenza de Nuno Perez Sandeu en tres documentos que teñen que ver coa rúa Vallis Dei, non descartaríamos que vivise en dita rúa. Non obstante, cómpre dicir que na nosa análise do Tombo C non atopamos un Nuno Petri miles con residencia nesa rúa.
3.2.5. Tuivert
No Tombo catedralicio figura unha doazón de Ouroana Martin ao seu fillo Petro Petri clerico de todo o que posúe por parte do seu pai domno Martin Didaci en Molendino de Tortis ( viii idus julii, 1237). O relevante xorde na nómina de testemuñas do acto, xa que nela figura un Johannis Johannis dicto Sandeu de Tuivert. Un novo Sandeu. Familiar de Nuno Petri? Onde está Tuivert?
Nunha relación do patrimonio de domno Fernan Alfonso judicis atopamos o topónimo Tuivert (.). O patrimonio do xuíz é amplo e espallado: enumera a posesión de numerosos casais en Sancti Juliani e Sancti Felicis in Ripa Ulie (concello de Vedra); terra de Cordario (concello de Valga); Sancti Johannis de Fecha (actual concello de Compostela); en Ponte de Alvar (ponte que unía o concello de Trazo e o de Compostela á altura de Fecha); en Bando (antigo concello de Infesta, hoxe en Compostela); item in Tuyverde ii casalia. De primeiras, tendo en conta o conxunto en que se enuncia, pensamos que o topónimo ten que ver coa contorna de Santiago de Compostela.
Na investigación que Manuel Lucas Álvarez dedicou ao arquivo do mosteiro de San Martiño Pinario figura un rexesto de 1466 onde se mencionan as “heredades de Tuiverde en Santa Cristina de Fecha” (). A confirmación a isto provén dun documento de 1201 protagonizado por Maria Martin, que vende a parte que posúe “in villa Tuyverty concurrentem ad ipsam ecclesiam Sancte Cristina de Fecha” ().
3.2.6. Sandeu: o alcume
Trátase dun alcume de personalidade, simplemente? Representa, antes ben, unha orixe toponímica? lanzou unha suxestiva hipótese sobre a etimoloxía de sandeu (tolo), vinculándoo co actual Montesandeu, documentado en 947 como Monte Sanideo (˂ monte *insanis deus), no lugar de Cuntis (Pontevedra), co significado de ‘enlouquecido por un Deus’ ou ‘monte como lugar de culto’. Ademais deste topónimo, temos tamén un Mozandeo, no concello lucense de Trabada e un Río Sandeo, que quizais proveña do nome dun monte, en Limodre, no concello coruñés de Fene. O culto sería de tipo dionisíaco e podería vir da man de lexionarios tracios ou macedonios.
3.2.7. Sandeu: un bosquexo provisorio
Nuno Perez Sandeu aparece co nome completo (Nuno Petri dictus Sandeo) en tres documentos e de forma parcial noutros dous rexistros (Nuno Petri miles). A franxa cronolóxica dos mesmos esténdese entre 1242 e 1262. De ser o noso trobador, a súa actividade tería lugar durante o reinado de Fernando III (1217 Castela / 1230 León-1252) e o inicio do de Alfonso X (1252-1284). A súa consideración de miles permite pensar en que era membro da pequena aristocracia galega. E é posible que estivese ao servizo do arcebispo Johan Airas, tanto no pazo arcebispal que posuía en Compostela como máis tarde na Rocha Forte, sen que se poida descartar unha posible residencia na rúa Vallis Dei.
En canto á súa parentela, podería ser familiar de Johannis Johannis Sandeu de Tuyvert, unha vila da parroquia de Santa Cristina de Fecha, hoxe parte integrante do propio concello de Santiago de Compostela. Sería fillo seu Sancius Nuniz (documento de 1262).
4. ARGUMENTOS INTERTEXTUAIS
De Nuno Perez Sandeu conservamos só 6 cantigas de amigo colocadas na zona correspondente da zona tripartita de B/V, isto é, a que respecta a tripartición tipolóxica: amor ― amigo ― escarnio. Non obstante, non se conservaron de Sandeu cantigas nas restantes dúas seccións de amor e escarnio. Figura colocado xusto antes de Men Vazquez Folhente. deixou escrito que había que “estar atentos à cronologia e naturalidade destes autores […] no sentido de controlarmos a antiguidade da sua colocação”. A pesar de que ambos os autores figuran xuntos na tradición manuscrita, e de que atopamos o topónimo Follente na parroquia de Santa María de Bemil (Caldas de Reis), non podemos aplicar as conclusións provisionais de Nuno Perez Sandeu a Men Vazquez Folhente por falta de probas documentais. O que si se confirma con respecto a Sandeu é a impresión de que sería de condición aristocrática (). Non obstante, de se confirmar a hipótese documental, Nuno Perez Sandeu estaría activo a mediados do século xiii, entre 1240 e 1265, e non a finais do xiii ou inicios do xiv.
Cinco das seis cantigas de Nuno Perez Sandeu desenvolven o motivo da madre () e unha xoga co motivo do mandado incumprido (). Certos estudos puxeron de relevo a importancia da intertextualidade e a presenza do motivo da madre en trobadores das primeiras xeracións como Airas Carpancho ou Nuno Fernandez Torneol ().
A nosa análise realizouse principalmente sobre un corpus de 135 cantigas pertencentes a 44 trobadores que se caracterizan por conter a presenza da madre nalgunha das manifestacións do motivo poético que, só por comodidade, denominaremos cantigas de madre (véxase no Apéndice II a relación de trobadores coa súa cronoloxía). De forma contrastiva, ampliamos a investigación ás restantes cantigas de amigo (unhas 366 cantigas), e só de xeito adicional ollamos o que acontecía nas cantigas de amor. Non podemos detallar con minuciosidade as conexións e vínculos que se detectan no reducido cancioneiro de amigo de Nuno Perez Sandeu. Atenderemos aos aspectos máis relevantes co fin de ver que conclusións nos achegan os trazos dialóxicos e intertextuais e con que autores amosa afinidade.
. O diálogo entre nai e filla xira arredor do xuramento (jura) incumprido e, xa que logo, da condición de perjurado do amigo, que a madre usa como demostración da falta de amor do namorado. A filla contesta que todo obedece a que a nai exerce de obstáculo, motivo que reverbera en toda a composición a través do refrán.
O esquema da cantiga (aaaBaB) é o 33:15 do repertorio métrico () de Tavani, do que se recontan só 24 realizacións, entre elas destacamos de Airas Carpancho () e de Juião Bolseiro ( , que son cantigas de madre e ambos os autores, como se sabe, están documentados tamén no Tombo C da Catedral de Santiago. A relación do texto de Sandeu co de Bolseiro maniféstase así mesmo no feito de que ambas forman parte das 27 cantigas en que fala primeiro a nai. Igualmente, o primeiro verso da cantiga (“—Ai, filla, o que vos ben queria”) vémolo usado na última estrofa da cantiga de Airas Nunez, unha cantiga que xoga coa presenza da madre e do baile: “Bailade oj’, ai filla, por Sancta Maria, / ant’ o voss’ amigo, que vos ben queria" (1-2 IV). Airas Nunez é tamén un autor vinculado a Compostela.
O uso de certos rimantes pouco recorrentes no corpus permite establecer hipóteses intertextuais. A esta tipoloxía pertence o rimante ousado que aparece, ademais de nesta cantiga de Nuno Perez Sandeu, noutros dous autores: Don Denis e Martin de Padrozelos. Non obstante, a cantiga de Don Denis pertence ao xénero de escarnio (), mentres que a de Padrozelos é unha cantiga que comparte o motivo da madre coa de Sandeu, ademais de ser de santuario (). Se nos fixamos no contexto poético, veremos que tres dos rimantes son coincidentes, sendo ousado o máis suxestivo, pois só xorde nestas dúas cantigas no corpus das cantigas de madre.
No que se refire á parella coitado-perjurado figura dentro do corpus de madre en Pero da Ponte (: coitado-perjurado-mandado) e dentro do corpus xeral de amigo tan só noutra cantiga máis, de Martin de Ginzo (: grado-coitado-perjurado). Son cantigas definidas polo motivo do mandado e do seu incumprimento, o que demostraría, como expresa a madre de Sandeu, a falta de amor do amigo (véxase ).
As cantigas (), (), (), () non destacan polo esquema, pois empregan un dos máis numerosos (466 realizacións). As particularidades tentaremos atopalas no eido dos procesos intertextuais (rimantes, motivos e léxico).
. O amigo como meu lum’e meu ben (no refrán en posición de rima) e a asociación de rimantes val-mal, pero en orde inversa, aparece noutro autor de cantigas de madre, en Pero d’Armea (), posiblemente orixinario de San Vicenzo de Armea, no concello de Coirós. Esta caracterización como lume e ben vémola tamén en posición de refrán nunha cantiga de madre de Juião Bolseiro (: “e meu amigu’ e meu lum’ e meu ben”; 2-3 IV). Entre as sete aparicións de lume en cantigas de madre está igualmente Johan Airas de Santiago (: “ai meu amigu’ e meu lume”, 4 III). Tanto Juião Bolseiro como Johan Airas son autores vinculados a Compostela ben pola documentación, ben pola súa denominación nos cancioneiros. Se nos fixamos no corpus xeral de amigo, a imaxe xorde en Johan Airas (): “[e], meu amigu’ e meu lum’ e meu ben”; e aparece como íncipit en Afons’Eanes do Coton (): “Ai, meu amigu’ e meu lum’ e meu ben” (idéntica á imaxe de ), onde rima, ao igual que no texto de Sandeu, coa expresión por en . Engadiremos aquí o seu uso nunha cantiga de amor de Nuno Fernandez Torneol (), autor con vínculos documentais con Compostela.
A combinación dos rimantes val-mal e ben-por en en posición de rima no refrán consta noutra cantiga de madre de Johan Airas de Santiago (), que xoga coa potencialidade semántica do verbo querer, unha vez que a madre exerce de obstáculo: o querer mal imposto pola madre da amiga fronte ao querer ben do amigo. Tanto Johan Airas como Sandeu empregan o refrán para reverberar a expresividade do verbo querer. En Johan de Cangas () e en Per’Eanes Solaz () aparece tamén a parella, mais en orde inversa, mal-val.
estrutúrase sobre o motivo do mandado e do seu incumprimento, un dos máis recorrentes na dialéctica amorosa entre os namorados. Non obstante, da cantiga emana un concepto pouco usado, o da ledicia, expresado mediante o termo lezer, en contraposición a coita, tal como prazer se contrapón a pesar: “e en mi ten a coita e o lezer / e o pesar e quant’á de prazer” (refrán). De feito, entre as 135 cantigas de madre lezer non xorde de novo, e no resto do corpus amoroso só o fai en 18 ocasións (distribuídas en 9 cantigas de amor e en 7 de amigo). Mais, se atendemos á asociación de rimantes sinónimos lezer-prazer, constatamos que esta parella xorde fundamentalmente en cantigas de amor. Os contextos temáticos permiten esta diferenciación: contexto negativo non lezer / non prazer: (Don Denis, amigo); 85.4 (Bolseiro, amor) // contexto positivo en perspectiva, desexo: (Fernan Padron, amor); (Roi Fernandiz, amor). Non son moitas cantigas, o que nos permite destacar o desprazamento ao tipo lírico de amigo que opera Nuno Perez Sandeu con respecto a Bolseiro (), pero sobre todo con respecto á cantiga de amor de Roi Fernandiz de Santiago, que destaca polo uso dos catro termos que figuran en Sandeu e por facelo nunha estrutura análoga: “De gram coyta faz gram lezer / Deus, per quant’ eu entend’ e ssey, / e de gram pesar gram prazer” (). Se temos en conta que lezer só aparece en 18 ocasións, a analoxía non nos semella casual. Trátase dun interesante proceso intertextual e dialóxico. Destacan os emprazamentos (o inicio da cantiga e o refrán) e os desprazamentos funcionais dos seus causantes (Deus en Roi Fernandiz e a Amiga en Sandeu).
. Esta cantiga emprega na súa segunda estrofa o motivo da sintomatoloxía amorosa a través da imaxe dos ollos e da perda do sono: “E pois aquestes olhos meus / por el perderan o dormir / e non poss’end[e] eu partir / o coraçon, madre, por Deus” (1-4 IV). A consecuencia desta sintomatoloxía causada por non poder ver ao namorado é a morte: “Madre, pois non posso veer / meu amig’, atanto sei ben, que morrerei cedo por en” (1-3 I).
Se atendemos ás 135 cantigas de madre, vemos que entre as 10 cantigas en que xorde o termo olhos non é infrecuente a asociación olhos meus – Deus en posición de rima: (chorar), 25.39 (veer), 74.4 (veer), 77.3 (chorar), 92.3 (veer). Como sinalamos cos verbos que aparecen entre parénteses, en ningunha vemos a sintomatoloxía da perda do durmir asociada aos ollos. O motivo dos ollos asociado á perda do sono é unha manifestación das consecuencias do amor en expectativa de correspondencia.
Entre os exemplos que destacan nas cantigas de amigo podemos citar a Afonso Lopez de Baian (), onde xorde a rima olhos meus – Deus dentro dunha ambientación que prefigura o motivo da cantiga de santuario; ou nesta cantiga de amigo de Bolseiro: “Sen meu amigo manh’ eu senlheira / e sol non dormen estes olhos meus / e, quant’ eu posso, peç’ a luz a Deus” (), onde se produce a mesma asociación rimática e idéntica sintomatoloxía (insomnio de amor) que en Sandeu.
No que se refire de xeito específico ao motivo do insomnio de amor podemos sinalar que non é moi frecuente na cantiga de amigo. En efecto, dentro do corpus de madre vemos o motivo en Johan Airas: “e eu mui triste, poilo vi partir / de mí, ca nunca máis pudi dormir” (). O mesmo autor emprégao noutras dúas cantigas de amigo: (“non dórmia ja mentre comigo for” ; “e eu mui triste, poilo vi partir / de mí, ca nunca máis pudi dormir”, ). Pero da Ponte emprégao nunha cantiga de madre: “ca non dormho nen dormirey?” () e noutras dúas cantigas de amigo: “nunca eu depoys dormir / pudi [...]” (); “os meus olhus non poderam dormir” (). O terceiro autor que mencionaremos é Bolseiro, do que xa anticipamos o uso do motivo do insomnio vinculado aos rimantes olhos meus – Deus ( ). Úsao tamén noutra cantiga de amigo: “Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada!” (). Finalmente, mencionaremos a súa presenza no refrán dunha cantiga de santuario de Nuno Treez, integrante do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos: “non dormirei" () e nunha cantiga de amigo do rei portugués Don Denis ().
. Nesta cantiga poñemos de relevo a asociación de rimantes sanhuda– perduda e o termo ferida como descrición do estado anímico da amiga. A primeira pesquisa sobre a presenza de sanhuda en feminino e aplicado á madre só aparece en Sandeu no corpus das 135 cantigas. En feminino, pero aplicado á amiga, vémolo nunha cantiga de amigo de Pero Garcia Burgalés (). Finalmente, noutras 4 cantigas de amigo, tres delas do xograr Lopo () e unha de Pero da Ponte (), o adxectivo aplícase ao amigo. O termo perduda como descrición da situación en que se atopa a amiga con respecto ao namorado figura, igualmente, tan só na presente cantiga de Nuno Perez Sandeu dentro do corpus estudado.
No entanto, se nos fixamos no resto do corpus amoroso, a parella de rimantes sanhuda-perduda só aparece noutra cantiga de amigo pertencente a Johan Soarez Coelho () onde a sanhuda é a amiga: “Per boa fé, mui fremosa, sanhuda / sej’ eu e trist’ e coitada por en, / por meu amigu’ e meu lum’ e meu ben, / que ei perdud’ e el mi [á] perduda, / por que se foi sen meu grado d’ aquí”. Será simple casualidade que os catro rimantes (ben – sanhuda – perduda – por en) de Sandeu e Coelho sexan os mesmos?
Dentro das 135 composicións, ferida figura noutras dúas cantigas de madre, unha de Airas Carpancho () e outra do xograr Lopo (). No resto do corpus de amigo rexístrase en Afonso Sanchez (), en Johan Soarez Coelho () e en Per’Eanes Solaz (). No que respecta a mal treita só aparece nesta peza de Sandeu, o que sinala unha certa calidade do léxico que usa o trobador na súa produción de amigo.
. Nesta cantiga Sandeu usa un esquema non moi numeroso (aaaBBB, ), cun total de 42 realizacións. Dentro do corpus das 135 composicións con presenza da madre, vemos este esquema en Johan Airas de Santiago (, ), que emprega tamén o adxectivo leda (aplicado á madre) e o motivo do insomnio de amor (como en ). Figura nunha de Johan Servando (), que xoga co motivo do mandado que se incumpre (sair do mandado), mentres que a de Sandeu é o mandado recibido o que anuncia a chegada do amigo (aver mandado). No resto do corpus amoroso vemos a súa presenza en Airas Carpancho (, Amor) e Johan Airas (, Amor; 63.30, Amigo; 63.78, Amigo).
No que se refire a expresións caracterizadoras, fixarémonos no sintagma “Muit’and’eu leda” (1 III). Nas cantigas de madre figura en Airas Carpancho (“querrey andar mui leda, e parecer melhor”, ), Nuno Fernandez Torneol (“madre, per bõa fé, led’ and’ eu”, , refrán) e Johan Soarez Coelho (, verso de refrán: “e por aquest’ ando leda”). Dentro do corpus xeral de cantigas de amigo, a construción andar leda figura en Bernal de Bonaval (), Don Denis (), Fernan Rodriguez de Calheiros (), Martin Anes Marinho (), Nuno Fernandez Torneol (). Con variantes atopamos o adxectivo leda nas cantigas de madre de Don Denis (), Johan Airas (), Johan de Requeixo (), Johan Servando (), Martin de Caldas () e Martin de Ginzo ().
Esta descrición dos vínculos intertextuais non pode ser, loxicamente, afondada e moi detallada. O que ofrecemos neste traballo debe ser considerado como un primeiro chanzo, un bosquexo provisional que require dun estudo moito máis minucioso para dar forma ao que hoxe non son máis que indicios. Aínda así, a lectura relacional e contrastiva fai que abrollen liñas a seguir, que quizais se poidan percibir mellor na seguinte táboa:
É evidente que non se poden establecer conclusións definitivas, debido á propia natureza tipolóxica da cantiga de amigo. Non obstante, hai particularidades que permiten destacar como, polo menos tres autores relacionados con Santiago de Compostela, Airas Carpancho (en tres cantigas), Johan Airas (en catro cantigas) e Juião Bolseiro (en catro cantigas), manteñen vínculos ben por esquema, ben por léxico ou por rimantes con Nuno Perez Sandeu. Albiscamos igualmente que a súa textualidade ofrece relacións cos autores que forman parte do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos ( cxg ) e dos que aínda son precisos estudos prosopográficos máis estables.
Estudos e edicións
4
7
8
cmgp = Lopes, Graça Videira; Ferreira, Manuel Pedro (dirs.). 2011. Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de datos online], Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, fcsh/nova. http://cantigas.fcsh.unl.pt [08/07/2023].
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
Manso Porto, Carmen. 2014. El convento de San Francisco de Valdediós, santuario de la tradición de la peregrinación de Francisco de Asís a Santiago de Compostela en 1214. Ad limina 5, 17-42. http://dx.doi.org/10.61890/adlimina/5.2014/01.
20
meddb = Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa [base de datos en liña], Versión 3.11. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://www.cirp.gal/meddb [30/04/2023].
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
Solano Fernández-Sordo, Álvaro. 2022. De coros y caños. Tiempos turbulentos para ser abad en Valdediós (1480-1515). Hispania Sacra LXXIV(150), 403-415. https://doi.org/10.3989/hs.2022.27.
33
34
Notas
[1] Pensamos no “Arias Núñez trobador”, que figura na Nómina de León de 1285 (R3) (, n.º 24.18); ou podemos citar tamén o “Martin Soares trobador”, que figura nun documento de 1241 como testemuña dunha venda ao mosteiro de Santa Cruz ().
[2] Outras referencias a persoas alcumadas Sandeu en Galicia: Petro Menendi Sandio en Oseira (); Petrus Sandeu en Santa María de Melón (); Fernandus Sandeu en Santa María de Montederramo (); Petro Peres dito Sandeu de Thavagon en Santa María de Oia (). A pesar da onomástica, sen máis probas documentais, non especularemos coa posibilidade de que algún dos dous primeiros ―se non son un mesmo― puidera ser o pai do trobador.
[3] Como apoio poderíamos apelar ao Johan Fernandez “Sandeu” que se documenta en Vilanova de Oscos, nunha transacción que afecta a vila de Veiga en Abres, na fronteira con Galicia (). Na documentación do mosteiro de Meira, ao outro lado da fronteira asturiana, vemos a un Sancius Sandiu, miles, como testemuña nunha doazón de Elvira Pelagii (: doc. 420, 23/09/1227).
[4] Seguimos neste particular a prudencia de , quen opta pola dúbida ante as hipóteses que emparentan a Johan Airas cos Gallinato ou cos Meira. O único que se detecta no seu testamento é unha relación con Asturias a través da nai e un parentesco con Roi Gonzalvez Giron, ao que identifica como sobriño. Igualmente, non deixa de chamarnos a atención unha especial presenza de localidades do eixo sur con respecto a Compostela: Padrón, Cordeiro (Valga); Follente, Godos, Caldas de Reis, Santa María de Bemil (Caldas de Reis); Cuntis; Pontevedra; o Morrazo (Coiro, Moaña, Cela). Cómpre sinalar que descoñecemos cantos bens proveñen do seu propio patrimonio e cantos polo exercicio do cargo.
[5] A primeira documentación do castelo semella ser de 1255, isto é, uns 15 anos despois de que se comezase a súa construción () e figura a súa doazón á mesa arcebispal no testamento do arcebispo de 1266 ().
[6] No seu testamento, de 1266, o arcebispo nomea a “Martino Iuliano como homine nostro, a Johan Martini como stabilarius nostro, a Fernando Fernandi como homine nostro”. Noutro rexistro documental de 1249 atopamos un “Petrus Johannis dictus de Figueyra homo domni Archiepiscopi” ().
[7] No ano 1276, o cardeal compostelán Laurencius Dominici encomenda a realización de diferentes dons no seu testamento, un deles a “fratri Laurencio Martin de Valli Dei dco de Ficaria”, isto é, ao noso entender, un membro da comunidade que pronto será máis coñecida como San Francisco ().
[8] Este suxeito, polo patronímico, podería ser fillo de Nuno Perez Sandeu, mais non dispoñemos de rexistro probatorio para confirmalo.
[9] Trátase dos aniversarios que dá o arcebispo Johan Airas e destaca, máis unha vez, a presenza da rúa Vallis Dei como lugar do proceso de adquisición do arcebispo dentro da vila xacobea.
[10] Nun documento protagonizado por Petrus Petri “Petrilinus” aparece xunto con dº Petrus Vitalis laico, Johannis Petri de Figuario miles ().
[11] En 1254 o arcebispo Johan Airas compra unha serie de propiedades en Santa María de Bemil, en Caldas de Reis. Como testemuña aparece un Nuno Petri. Podería ser o noso trobador ().
[12] Temos coñecemento doutro documento en que “Pedro Peláez, chamado Beizudo, e a súa muller, Elvira Pérez [adquiren a Pedro Pérez Chouleiro] todas as súas posesións na vila de Viaño Pequeño (Bianio) e na freguesía de San Xoán de Campo, por prezo de 20 soldos” (: doc. 295, s.d./04/1275); trátase dun rexesto dun documento da colección de López Ferreiro que se custodia no Arquivo da Catedral de Santiago.
[13] Véxase , para a análise fonética; 231-232, para a xustificación semántica; 232-234, para a análise morfolóxica).
[14] Paulo Roberto Sodré cataloga 27 cantigas como cantigas de madre, isto é, cando a primeira en falar é a madre. Igualmente, establece catro subtipos de madre: ”a madre gardadora (dezaoito cantigas), a madre-cómplice (cinco), a madre-celestina (tres) e a madre amiga (unha)” (). Non obstante, en realidade, as situacións poéticas defínense ao redor de dúas funcións fundamentais: obstáculo ou consentidora.
[16] Entre os restantes autores que usan este esquema no rexistro de amigo están Don Denis (), Pero Gomez Barroso () e Pero Glvez de Portocarreiro (), que podemos definir como portugueses e Johan Baveca (), Johan Lopez d’Ulhoa (), Pedr’Amigo (), como galegos, e Lourenço (), de orixe menos clara.
[17] Só atopamos no corpus das cantigas de amigo un caso en Martin de Caldas: “pero mi a vós non ousades dizer” ( meddb 92.1).
[18] Perjurado xorde noutras 9 ocasións, principalmente en posición de rima. Corpus Amigo: meddb 25.81: aficado-perjurado; : perjurado-mandado; : mandado-perjurado; : grado-perjurado; : mandado-perjurado; CM: : passado-perjurado (2 veces); : guysado-perjurado; : perjurado-mandado.
[19] Dentro do corpus de madre figura noutros tres autores de orixe portuguesa: Estevan Fernandiz d’Elvas (), Johan Perez d’Aboim () e Johan Zorro ().
[20] Afons’Eanes do Coton debeu desenvolver a súa actividade poético-musical entre 1240-1260. É posible a súa participación na conquista de Xaén en 1246. Se ben o seu apelido nos encamiña cara á localidade de Negreira, onde existe un Pazo de Cotón, non temos a día de hoxe probas concluíntes. A súa relación con Compostela podería confirmarse se o seu pai é o Johannes Coton documentado no Tombo C da Catedral de Santiago, en tanto que propietario dunha casa na actual Porta Faxeira da cidade xacobea ().
[21] Se atendemos á relación entre o par antónimo pesar vs. prazer, entre os casos que se dan no corpus xeral de amigo, destacamos a súa presenza en seis autores do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos definido por : Galisteu (); Lopo (); Martin Campina (); Martin de Padrozelos (); Nuno Treez (); Pero de Veer (). Nas cantigas de madre aparece o par en Don Denis () e Martin de Caldas (), un autor incorporado tamén no Cancioneiro de Xograres Galegos.
[22] Destacamos tamén unha cantiga de amor de Pero d’Armea () que establece unha relación dobre con Sandeu: coa presente cantiga a través do termo lezer en posición de rima, e do caracterizador meu lum’e meu ben como descrición da dona coa cantiga xa comentada
[23] Se non nos equivocamos, só recollemos o mesmo sintagma morrerei cedo en dúas cantigas de amigo de Johan Airas (), autor que as rúbricas atributivas vinculan a Santiago de Compostela, e en Gonçal’Eanes do Vinhal, unha variante con inversión da orde: “e sey eu d’ el que cedo morrerá” (). Existe unha variante neste corpus só en Estevan Travanca (): “de meu amigo, que el averá, / morte mui cedo, se meu ben non á” (2-3 II).
[24] En masculino aparece nunha cantiga de Roi Paez de Ribela (: “Poys dela sõo maltreyto”) que é considerada de escarnio, pero que en realidade xoga cos límites do xénero de amor.
[25] Na táboa resumimos as relacións existentes entre Nuno Perez Sandeu e os restantes trobadores. Sintetizamos esa relación ao redor das analoxías do esquema de rimas, do tipo de léxico empregado e da coincidencia no uso das palabras en rima. As siglas cxg abrevian Cancioneiro de Xograres Galegos; ademais, os nomes destacados na táboa corresponden a autores vinculados a Compostela.
[26] Activo probablemente durante o primeiro terzo do século xiii, aparece nun documento do Tombo C da Catedral de Santiago de Compostela de 1230 e é posiblemente el o homónimo que redacta testamento en 1237 (). Sería, polo tanto, un trobador das primeiras xeracións da nosa lírica profana medieval.
[27] Johan Airas de Santiago, en función das hipóteses hoxe existentes, estaría activo a partir de 1260.
Apéndices
APÉNDICE I. DOCUMENTOS
Doc. 1, tc1, f. 124r (05/04/1262)
Era M.CCC. et quotum nonas aprilis. Notum sit omibus quod ego Gundisalvus Pelagii miles filius quondam domni Pelagii Gundisalvi de Tineu militis confiteor mei recepisse et tenere et possidere de manu jure et possessione vestri venerabilis patris domno .J. dei gratia compostellani archiepiscopi et successorum vestrorum hospitale de Spina quod est in terra de Tineu in Asturiis cum omnibus juribus populationibus et pertinenciis suis ubicumque fuerint ad montem et as vallum quod hospitale tenuit dictus pater meus de antecessore vestro domno .B. quondam compostellano archiepiscopo et vos datis et conceditis mei dictum hosppiitale tenendum et possidendum cum omnibus juribus et pertinenciis suis per vobis et successoribus vestris in tota vita mea de quo hospitali debeo dare vobis et successoribus vestris annuatim in festo sancti Michaelis de septembrii bonos quatuor boves per recognitionem dicti hospitalis debeo et domos hereditates et omnia alia ad ipsum hospitale pertinencia in vigore et in bono statu tenere et alienata proposse non recuperare ad operus dicti hospitalis post mortem vita mea dictum hospitale cum omnibus juribus et partinenciis suis et cum quanto ego aquisivero ganavero perfectavero populavero in vestro hospitalis et in possessionibus suis vobis et successoribus vestris in pace sine contraditionem aliquis vel excepcionem penitus devolvatur et hac omnia et singulla predictorum et per victo et convenio observare et complero vobis et successoribus vestris per me et per omnia bona mea et per iuramentum quo inde vobis facto in presenti coram testibus et notario infrascriptis. Huius rei testis. P. cantor vicarius decani . P. Martin de Coronato . G. Roderici de Nendis archidiaconi . F. Alfonsi et Pelagius Johannis judices . P. Fidelis . Johannis Johannis . Alfonso Petri . Aprilis Fernandi et Johannis Michaelis canonici compostellani . Didacus Gomecii de Nendis . Garsia Petri Prego . Nuno Petri dictus Sandeo filius eius Sancius Nuniz . Johannis Arie dictus Sogo (erro por Soga?) . Alfonso Arie de Sayans . Arias Fernandi de Neyra . Menendus Johannis de Camamaes in Astoriis . Johannis Martin de Sancto Martin . Martin Sancii et Garcias Sancii de Soberado militis in Asturiis milites . Bernardo Johannis notarius compostellani. Ego Dominicus Petri notarius compostellani juratus interfui et confirmo et de mandato infrascriptus Dominicus Petri scripsit. Ego Dominicus Martin de mandato Dominicus Petri notarii compostellani iurati scripsi et confirmo.
Doc. 2, tc1, f. 130v (28/03/ 1258)
In nomine domine amen. Notum sit omnibus que nos Petrus Petri buarius de opera beati Jacobi et uxor mea Maria Pelagii et omnis vox nostra. Grato animo et spontanea voluntate vendimus et firmiter concedimus vobis domno .J. dei gratia compostellano archiepiscopo pro libris xxxiii legionenses de quibus confitemur nos .CC. bene paccatos et renunciamos omnis excepcioni dictorum denariorum nobis non numeratorum et non traditorum medietatem cum sua cortina totius illius domus site in Rua Vallis Dei de qua altera medietas est vestra qui se tenet cum domo vestra que fuit curialis Sancti Jacobi per parietem ex parte una et ac alia domo vestra que fuit monasterii Sancti Martin cum qua se tenet per parietem ex altera et debemus defendere et amparare vos et successores vestris cum predicta domo et cortina que vobis vendimos per nos et per omnia bona nostra. Et de cetorum vos et successores vestri faciatis mei totam voluntatem vestram in perpetuum. Si quis igitur contra hanc venditionem nostram ad irrumpendum venerit quisquis fuerit pectet vobis vel successoribus vestris libris XL VI fortem monetem. Carta et venditione nichilomeneus in suo robore permanentibus. Facta carta V kals. aprilis in era M.CC.LXL VI. Nos iamdicti in hac carta manus nostras. Qui presentes fuerunt: Petrus Martini praedicator hospitalis Sancti Iacobi . Petrus Nuniz . Petrus Vitalis . Petrus Beyzutus . Petrus Petri campsor . Johannis Pelagii dictus de Arquiliniis . Petrus Valasci . Fernan Johannis repositarius . Suerus Froyle. Nuno Petri dictus Sandeo. Johannis Petri dictus de Figuario milites. Oduarius Johannis notarius compostellano. Ego Petrus Didaci notarius concilii compostellani juratus interfui et confirmo et de mandato meo infrascriptus Dominicus Martin scripsit. Ego Dominico Martin de mandato Petri Didaci notarii compostellani jurati scripsi.
Doc. 3, tc1, ff. 130v-131r (28/03/1258)
In nomine domine amen. Notum sit omnibus que nos Dominica Alfonsi et maritus meus Petro Petri ferrarius et filie meee Maria Petri et altera Maria Petri et omnis vox notra grato animo et bona voluntate vendimus et firmiter concedimus vobis domno .J. dei gratia compostellano archiepiscopo per solidos CCCC XL legionensem de quibus confitemus omni excepcioni dictorum denaniorum nobis non numeratorum et non traditorum medietatem illius domus site in Rua Vallis Dei cum sua cortina de qua altera medietate est vestra et tem se per parietem cum domo que fuit Johannis Boylino ex parte una et cum domo que fuit curialis sancti Jacobi ex altera et debemus defendere et amparare vos et successoribus vestri cum predicta dimidia domus cum sua cortina que vobis vendimus per nos et per omnia bona nostra. Et de cetorum vos et successoribus vestri faciatis in totam voluntatem vestram in perpetuum. Si quis igitur contra hanc venditionem nostram ad irrumpendum venerit quiquis fuerit pectet vobis vel successoribus vestris solidos dccc Lxxv fortis monetem. Carta et venditionem nichilomeneus in suo robore permanentibus. Facta carta v kalendas aprilis in era M.CC.LXL VI. Nos iam dicti in hac carta manus nostras. Qui presentes fuerunt Petrus Martin praedicator ospitalis Sancti Iacobi . Nuno Petri dictus Sandeo et Suerus Froile milites . Petrus Nuniz . Petrus Pelagii Beyzutus . Fernan Johannis repositarius . Petrus Valasci . Dominicus Amadus. Oduarius Johannis notarius compostellani. Ego Petrus Didaci notarii concilii compostellanii juratus interfui et confirmo et de mandato meo infrascriptus Dominicus Martin scripsit. Ego Dominico Martin de mandato Petri Didaci notarii concilii compostellani jurati scripsi.