O Consello editorial da revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía comprácese en anunciar a publicación do volume 51 da revista, no ano de celebración do seu cincuentenario. A revista Verba, que desde os seus inicios contribuíu decididamente a difundir a investigación filolóxica e lingüística en Galicia, foi ampliando progresivamente o abano de temas e de linguas de estudo, ao tempo que o facía a procedencia institucional e rexional de autores, revisores e lectores. A todos eles queremos agradecerlles a súa colaboración, sen a cal a revista no podería acadar os niveis de rigor académico, de calidade e de difusión alcanzados internacionalmente. No ano 1974, ademais do anuario con artigos, notas e revista de libros, publicáronse tamén 4 anexos monográficos centrados na lingua galega. Desde entón viron á luz 84 monografías cuxa temática ofrece un panorama representativo da investigación filolóxica e lingüística dos últimos 50 anos, con atención destacada á lingua galega.

Logo_50_aniv._modificado_reducido_2.png

Ir atrás