Contenido principal del artículo

Manuel Ferreiro
Universidade da Coruña
España
Vol. 40 (2013), Artículos, Páginas 453-470
Recibido: 12-06-2013 Aceptado: 12-06-2013
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

A partir da teoría formulada por Cunha sobre a imposibilidade de sinalefa e/ou crase da conxunción condicional se (e tamén que e ca) na poesía profana galego-portuguesa, neste artigo son estudados aqueles casos en que na vulgata trobadoresca de 1996 aparecen supostas crases desa conxunción. A pesar dalgúns problemas ecdóticos levantados pola tradición manuscrita, a revisión de todos os exemplos vai demostrar a validade da teoría de Cunha, porque en todos eles hai elementos que permiten unha solución editorial diferente á tradicional. Deste xeito, partindo dunha interpretación diversa dos manuscritos, verifícase que non é necesaria a elisión vocálica de se para atinxir a correcta contaxe métrica e un perfecto sentido dos textos analizados.

Detalles del artículo