Contenido principal del artículo

Beatriz García Antelo
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
Mª del Rosario Castro González
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
Núm. 26 (2016): Género y educación: la educación de las mujeres, el largo camino hacia la igualdad, Artículos
DOI: https://doi.org/10.15304/ie.26.3007
Recibido: 14-12-2015 Aceptado: 24-11-2016 Publicado: 07-12-2016
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.

O obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixidas fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade.

Citado por

Detalles del artículo