@article{García Antelo,_Castro González,_2016, title={Iniciativas de educación para a igualdade na administración local: unha análise dos plans de igualdade municipais}, url={https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/3007}, DOI={10.15304/ie.26.3007}, abstractNote={<p>A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.</p><p>O obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixidas fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade.</p&gt;}, number={26}, journal={Innovación educativa}, author={García Antelo, , Beatriz and Castro González, , Mª del Rosario}, year={2016}, month={Dec.} }