Contido principal do artigo

Sara Núñez de la Fuente
Universidad de Valladolid
España
Biografía
No 2 (2015), Notas
DOI https://doi.org/10.15304/elos.2.2533
Recibido: 01-05-2015 Aceptado: 21-09-2015 Publicado: 07-10-2015
Copyright Como citar

Resumo

O motivo literario do autómata foi adquirindo ao longo da historia diferentes enfoques en función das correntes de pensamento de cada época. Nos En mitos de creación é frecuente que os deuses insuflen vida a figuras de barro. Non obstante, na Idade Media, o ser humano tamén se revela como portador de vida grazas á fascinación que lle producen as figuras. O século XVIII comeza cunha actitude favorable fronte ao desenvolvemento técnico e en canto á creación de vida artificial pero, coa chegada do Romanticismo, ábrese outra perspectiva. A idea do determinismo humano provoca reflexións sobre a libertade do autómata, que se presenta como un símil da propia situación, e na literatura transloce unha visión negativa. Por outra banda, no século XX, o motivo xira ao redor dos prexuízos da industrialización e a automatización do ser humano. Na literatura xuvenil de Carmen Martín Gaite e Óscar Esquivias os autómatas presentan características que lembran as correntes dalgúns momentos da historia pero tamén se observan particularidades que os converten en personaxes orixinais, únicos e merecedores dunha análise individual.


 

 

 


Citado por

Detalles do artigo