1. INTRODUCIÓN
A cuestión da incorporación do territorio de Olivenza á coroa española é un tema que excede amplamente o ámbito da Lingüística e abrangue tamén áreas como a Historia, a Socioloxía e a Etnografía, entre outras disciplinas. No obstante, na análise que aquí se presenta, cinguirémonos unicamente aos aspectos lingüísticos, socorréndonos, cando iso se xustifique, doutras áreas de coñecemento para contextualizar e alicerzar o noso estudo. Este traballo ten como obxectivo principal analizar o papel que as actitudes lingüísticas tiveron (e teñen) no proceso de substitución lingüística do portugués oliventino polo castelán na cidade de Olivenza. Para acadar este obxectivo recorremos aos xuízos lingüísticos proferidos polos informantes que participaron na recolla do Corpus Oral da Fronteira Portugal-España do proxecto Fronteira hispano-portuguesa ().
1.1. Os estudos sobre a situación sociolingüística en Olivenza
Son escasos os datos sobre a situación lingüística en Olivenza no período posterior á ocupación militar levada a cabo polas tropas ás ordes de Godoy en 1801. Segundo autores como Matias a ocupación e anexión de Olivenza (Tratado de Badaxoz, 1801) deu pé a un “longo período de bilingüismo de contornos pouco claros” ().
O portugués de Olivenza está incluído na maioría dos manuais españois e portugueses de dialectoloxía (). A primeira aproximación ao portugués de Olivenza de que temos coñecemento é de finais do século XIX. Trátase dun breve artigo do ilustre sabio portugués titulado “O português de Olivença”. No referido texto de Vasconcelos lese que a vila de Olivenza é, a finais do século XIX, completamente bilingüe:
Olivença foi, como se sabe, terra portuguesa, e hoje pertence á Hespanha: por esse motivo falla-se lá português e hespanhol; isto é, é uma povoação bilingue. Socialmente, o hespanhol está para com o português nas seguintes relações: como lingua official (nas aulas, etc.) usa-se o hespanhol; como lingua familiar, usa-se em geral o português, se alguém na familia é de origem portuguesa. Frequentemente o pae, por ex., falla hespanhol, quando é d'esta origem, e os filhos, quando a mãe é de origem portuguesa, fallão português. Quando numa família, em que o pae ou a mãe tem origem portuguesa, se ensinão por acaso os filhos a fallar habitualmente o hespanhol, as outras famílias de origem portuguesa censurão aquella ().
José Leite de Vasconcelos non fai referencia á situación lingüística fóra da vila de Olivenza. Porén, grazas á descrición que realizan os xornalistas e escritores lusos Sequeira e Rocha (1924), sabemos que nesa época aínda o castelán non penetrara nas aldeas do territorio de Olivenza, nin en Táliga (hoxe sede do concello homónimo) e subliñan o feito de na vila de Olivenza os seus habitantes seren xa completamente bilingües. Isto significa que nos anos vinte do século pasado existía bilingüismo na vila, pero o portugués seguía sendo a lingua de uso habitual no medio rural onde o castelán, lingua oficial, aínda non penetrara de forma significativa.
É sabido que os procesos de substitución lingüística están relacionados co bilingüismo, pero o bilingüismo por si só non desencadea procesos de substitución dunha lingua por outra. O cambio lingüístico ocorre nas situacións de bilingüismo cando hai unha mudanza nas actitudes lingüísticas dos falantes (; ; ; ). Porén, poden ocorrer situacións de bilingüismo sen que necesariamente unha lingua sexa substituída por outra. No caso que nos ocupa, o portugués da vila de Olivenza, hai que sinalar os traballos de Matias, quen estudou durante máis de tres décadas a evolución da situación sociolingüística do portugués oliventino, desde os anos setenta do século XX ata comezos do século XXI (Matias , ). Esta autora describe con clareza o proceso de substitución lingüística (do portugués en favor do castelán) en Olivenza e conclúe o seguinte:
A auscultação das atitudes do falante, através do método directo junto de trinta e seis inquiridos, dezoito homens e dezoito mulheres, equitativamente distribuídos por três camadas etárias (25-39; 40-59; 60 e mais) e três níveis de instrução (básico, médio e superior), mostrou por esmagadora maioria, que 95% dos oliventinos gosta mais do castelhano que do português, que considera antigo, incorrecto, sem utilidade, perante um castelhano bonito, moderno, importante e útil.
Também relativamente ao previsível desaparecimento do português de Olivença se verificou uma quase unanimidade de opiniões. Com efeito, só dois inquiridos se mostraram preocupados com esta perda, que lamentaram. Para os restantes, a morte desta língua na sua terra é necessária, para a construção dum futuro melhor, que só o bom domínio do castelhano garante ().
Das palabras de Matias podemos concluír que houbo unha alteración profunda nas actitudes da poboación oliventina cara ao portugués no período transcorrido entre a visita de Leite de Vasconcelos a finais do século XIX (as familias censuraban aos país que non falaban portugués cos fillos; ) e os anos setenta do século XX (“<95% dos oliventinos gosta mais do castelhano que do portugués”; ). Perante este cadro podemos concluír que o futuro do portugués na vila de Olivenza é, na mellor das hipóteses, dubidoso.
Este panorama é semellante ao que se pode encontrar noutros puntos da fronteira hispano-portuguesa do lado español en que se fala portugués, como son os casos de Cedillo (Casalinho), Herrera de Alcántara (Vilhena , ; ; Carrasco , ), La Codosera e as aldeas da Franxa de Alcántara (Ossenkop , , ; Carrasco , ). Aínda que estas localidades estremeñas non foron anexadas pola forza, aquí tamén se fala portugués por razóns históricas diferentes ás de Olivenza. Respecto a esta cuestión, cómpre sinalar que, como ocorre con frecuencia, as fronteiras lingüísticas e as políticas en moitas ocasións non coinciden. No reverso da moeda, e por se houbera dúbidas sobre a importancia das actitudes lingüísticas nos procesos de substitución lingüística en contextos de bilingüismo, temos o caso da fala de Xálima, tamén na Estremadura española, no val de Xálima ou do Ellas, onde esta lingua goza de enorme vitalidade (), o que contrasta coa situación do portugués falado en Olivenza e noutras localidades da Comunidade Autónoma de Estremadura.
Máis recentemente, outros autores ocupáronse do estudo da vitalidade do portugués de Olivenza como , quen defendeu a tese doutoral titulada El enclave de Olivenza: su historia y su habla na Universidade de Granada. Martínez é autor de varios traballos dedicados ao estudo do léxico e a toponimia de Olivenza (Martínez , ) e unha monografía titulada Olivenza y el Tratado de Alcañices (). Porén, moitas veces o portugués de Olivenza é estudado en conxunto coas outras localidades onde o portugués é a lingua patrimonial (La Codosera, Herrera de Alcántara, Franxa de Valencia de Alcántara). Carrasco Gonẓáleẓ (, , , , , , , , , , , , , ) ocúpase destas variedades e da fala de Xálima en varios traballos en que anota o problema da perda do portugués na Estremadura española entre as xeracións máis novas e indica a excepcional vitalidade de que goza a fala de Xálima, como confirma o estudo sociolingüístico de . O lingüista José Antonio González Salgado (, ) tamén se ocupa destas variedades lingüísticas, así como Costas González (, , , , ), quen xa publicou diversos traballos sobre a fala de Xálima. aborda a cuestión da perda do portugués de Estremadura poñendo o acento nas actitudes que levan ao desprestixio e caída en desuso do portugués falado no lado español da fronteira hispano-portuguesa (a Raia).
1.2. O estatuto legal da lingua portuguesa en Estremadura
As falas portuguesas da Estremadura española, entre as que se inclúe o portugués de Olivenza, non teñen ningún recoñecemento legal efectivo. Ao abrigo da Ley de Patrimonio Histórico y Cultural () desde 2003 foi solicitada reiteradamente pola asociación Além Guadiana una declaración do portugués de Olivenza como Bien de Interés Cultural, declaración coa que conta a fala de Xálima desde 2001 (). Consideramos que esta declaración sería importante para o portugués de Olivenza, aínda que sexa só polo seu valor simbólico, dado que, no caso da fala de Xálima, non supuxo ningunha medida de protección posterior. Isto quizás se deba á propia formulación da dita lei de patrimonio, como veremos a seguir, na que non aparecen alusións explícitas á protección do patrimonio lingüístico. Esta lei regula, segundo o exposto na introdución, a competencia exclusiva da comunidade autónoma en materia de “patrimonio cultural histórico-arqueológico, monumental, artístico y científico de interés, en el folklore, tradiciones y fiestas de interés histórico o cultural, en el fomento de la cultura y defensa del derecho de los extremeños a sus peculiaridades culturales, los museos, archivos y bibliotecas de interés para la Comunidad Autónoma” ().
Na base da lei non existe, por tanto, mención explícita ao patrimonio lingüístico. Ao longo do texto son categorizados tres tipos de bens: “Podrán ser declarados Bien de Interés Cultural tanto los inmuebles como los muebles y los bienes intangibles” (). Porén, o desenvolvemento do texto céntrase nos dous primeiros tipos, polo que as disposicións que poderían ser pertinentes para as realidades lingüísticas estremeñas son dúas: a) por unha banda, no título I, no que se establecen as categorías dos bens históricos e culturais, o punto 3 declara que:
Las artes y tradiciones populares, los usos y costumbres de transmisión consuetudinaria en canciones, música, tradición oral, las peculiaridades lingüísticas y las manifestaciones de espontaneidad social extremeña, podrán ser declarados y registrados con las nuevas técnicas audiovisuales, para que sean transmitidos en toda su pureza y riqueza visual y auditiva a generaciones futuras ().
b) por outra, no artigo 60, como medidas de protección dos bens intanxibles aparece recollido o seguinte:
Los bienes etnológicos intangibles como usos, costumbres, creaciones, comportamientos, las formas de vida, la tradición oral, el habla y las peculiaridades lingüísticas de Extremadura serán protegidos por la Consejería de Cultura y Patrimonio en la forma prevista en esta Ley, promoviendo para ello su investigación y la recogida exhaustiva de los mismos en soportes que garanticen su transmisión a las generaciones venideras ().
Finalmente, no título VII, De las medidas de estímulo () tampouco atopamos ningunha medida que contemple un incentivo para ningunha das linguas da rexión. Na lei simplemente aparecen vagas mencións á “tradición oral, las peculiaridades lingüísticas y el habla” ().
En 2011, foi reformado o Estatuto de Autonomía de Estremadura. No debate deste estatuto foi desestimada polos grupos parlamentarios do PP e do PSOE, tanto no Congreso dos Deputados como no Senado, unha emenda para incluír o recoñecemento estatutario da fala de Xálima e do portugués de Olivenza. A postura contraria a esta emenda foi xustificada por estes partidos co argumento de que o recoñecemento oficial destas dúas linguas xa estaba contemplado no artigo 7.2. do Estatuto, que reproducimos a continuación:
Fomentarán los valores de los extremeños y el afianzamiento de su identidad a través de la investigación, desarrollo y difusión de los rasgos sociales, históricos, lingüísticos y culturales de Extremadura en toda su variedad y extensión, con especial atención al rico patrimonio de las formas tradicionales de la vida de los pueblos, en un marco irrenunciable de pleno desarrollo socioeconómico rural ().
A falta de concreción é similar á xa vista na Ley de Patrimonio Histórico Cultural e o recoñecemento oficial é, a todas luces, inexistente. Por conseguinte, o portugués de Olivenza unicamente está amparado pola Carta Europea das Linguas Rexionais o Minoritarias (CELROM), máis concretamente polo artigo 7 do dito tratado, que é o que se aplica no caso español ás linguas non cooficiais . Desde a ratificación da CELROM, foran elaborados seis informes sobre o cumprimento da mesma por parte do Comité de Expertos do Consello de Europa. O portugués de Olivenza aparece no terceiro informe (que abrangue o período 2006-2009) e no cuarto (2010-2013), pero as informacións proporcionadas pola administración estremeña son escasas (cfr. ). No quinto (2014-2016) e no sexto (2017-2021) nin sequera aparece información sobre o portugués de Olivenza. A ausencia de información sobre o portugués de Olivenza é especialmente sorprendente no caso do último informe, pois as asociacións ACANF (Asociación Cultural A Nosa Fala) e Além Guadiana presentaron conxuntamente o Manifiesto para el cumplimiento de la Carta Europea de las Lenguas Regionales y Minoritarias en 2018, dado que no 5º informe non aparecía ningunha mención nin sobre a fala de Xálima nin sobre o portugués de Olivenza .
Todo o anteriormente exposto, lévanos a pensar que non se trata dun caso de desleixo por parte das institucións competentes nesta materia, senón dunha notoria falta de receptividade por parte do poder político estremeño con respecto ás cuestións fundamentais para o desenvolvemento dunha democracia plena, como son a diversidade lingüística e os dereitos lingüísticos das persoas, que son tamén dereitos humanos básicos.
1.3. Algunhas notas sobre o portugués oliventino
O artigo xa citado de documenta (alén da brevísima caracterización da situación sociolingüística en que se encontraba o portugués na vila de Olivenza de que falamos no apartado anterior) algúns fenómenos característicos do portugués daquela rexión como, por exemplo, a redución dos ditongos <ou> [ow] en <o> [o] e <ei> [ɐj] en <e> [e] (como ocorre noutras áreas do Alentexo). Por outra parte, o autor rexistra fenómenos que poden ter na súa orixe e desenvolvemento a orientación evolutiva do castelán, como por exemplo, o yeísmo ou a entrada expresiva no léxico do portugués falado na vila de palabras españolas. En cambio, o portugués oliventino conserva as vogais nasais e o sistema de sibilantes do portugués meridional. Face á análise destes elementos, Leite de Vasconcelos chega á conclusión de que “o português de Olivença pertence ao sub-dialecto alentejano da mesma zona (Alandroal, Redondo, Villa-Viçosa, etc), apenas modificado no vocabulário e em alguns pontos de grammatica” ().
Chama a nosa atención a seguinte reflexión de Leite de Vasconcelos, que anuncia avant la lettre un campo dos estudos lingüísticos, o do contacto lingüístico, que terá un importante desenvolvemento décadas máis tarde: “Merece pois o português de Olivença um exame circunstanciado, não só para esclarecer a dialetologia portuguesa, mas porque alguns elementos pôde dar para o estudo da questão das línguas mixtas” ().
2. ALICERCES TEÓRICOS E METODOLOXÍA
Unha vez revisada a principal bibliografía sobre o portugués de Olivenza e esbozado o contexto en que se atopa, cómpre abordar os alicerces teóricos e a metodoloxía utilizada para analizar a importancia das actitudes lingüísticas na situación sociolingüística en que esta variedade se encontra.
É ben sabido que os comportamentos e actitudes teñen consecuencias lingüísticas: a investigación de Labov (, ) sobre o inglés de Nova Iorque ou os de sobre o inglés de Norwich son algúns dos traballos pioneiros que inspiran a nosa análise. Estratexias como a hipercorrección, por exemplo, están motivadas por esas ideas e actitudes dos falantes en relación á lingua. As preguntas que formula Lois-Jean Calvet na obra A (Socio)lingüística, tamén nos fan matinar: “Plantéxasenos a pregunta do papel destas actitudes na mudanza lingüística. ¿Como mudan as linguas? ¿Porque evolúen?” (). Estas cuestións adquiren especial relevancia nos procesos de variación e cambio lingüístico en contextos de bilingüismo social, como é o caso do territorio obxecto desta análise. No caso do portugués oliventino, a importancia das actitudes como motor do cambio lingüístico xa foi estudada, como vimos, por autores como , Matias (, ), e Costas (, ).
Coidamos que o estudo das actitudes que as persoas teñen sobre as linguas axúdanos a comprender mellor o que está no cerne dos procesos de variación, así como as negociacións implícitas que os falantes desenvolven en situacións de contacto (). Son varios os autores que sinalan a importancia da análise das opinións dos falantes en discursos espontáneos ou semiespontáneos (), como é o caso dos discursos que analizamos neste traballo, recollidos en entrevistas semidirixidas. Parécenos evidente que “languages decline when [...] positive attitudes are missing” () e é con base nesa premisa que imos abordar a relación que as actitudes lingüísticas teñen coa situación sociolingüística en que está inmerso o portugués na vila de Olivenza. Aínda que o estudo se centra no portugués da vila, optamos por incluír unha mostra do contexto rural de Olivenza, a entrevista E8, feita a unha informante de San Benito de la Contienda (São Bento), e as entrevistas E9 e E10, feitas a un informante de San Jorge de Alor (São Jorge da Lor). Estes materiais permiten comparar as actitudes no contexto urbano e no mundo rural daquel territorio.
Como xa foi referido, os datos que manexamos proveñen dos materiais do corpus oral do proxecto FRONTESPO () recollidos en Olivenza no ano de 2020. A tipoloxía de informantes contemplada na metodoloxía do proxecto FRONTESPO corresponde a tres faixas etarias (de 18 a 50, de 50 a 75 e de máis de 75). Sempre que foi posible, optouse por facer entrevistas grupais, o que permite que os falantes se comporten de maneira máis natural e espontánea e tamén favorece a validación das respostas de forma colectiva. No entanto, a realización de entrevistas en grupo estivo moi condicionada durante o período da pandemia de Covid-19, debido á necesidade de manter o distanciamento social (a maioría das entrevistas analizadas foran realizadas en setembro de 2020). Por tanto, só foi posible facer entrevistas grupais a membros do mesmo núcleo familiar.
Para obter os datos sobre usos e actitudes lingüísticas, buscamos nas máis de 6 horas de gravacións efectuadas en Olivenza utilizando a etiqueta temática lingua no buscador do corpus oral (). Dos resultados recuperados polo buscador resultaron dez entrevistas nas que participan 12 informantes de ambos os dous sexos (5 na faixa etaria dos 50-75 e 7 na de máis de 75 anos). Seleccionamos os fragmentos en que se fala de actitudes lingüísticas, usos e outros temas onde é referida a lingua portuguesa. Como resultado da análise dos rexistros do proxecto FRONTESPO sobre Olivenza, seleccionamos dez sesións dunha duración de 1 hora, 20 minutos e 34 segundos. Analizamos os materiais, recollemos e clasificamos as referencias sobre as actitudes lingüísticas. De seguida, móstrase unha proposta de clasificación das actitudes lingüísticas identificadas nas entrevistas acompañadas da transcrición dalgúns exemplos.
3. ANÁLISE DE RESULTADOS
Nesta epígrafe imos examinar os comentarios sobre actitudes lingüísticas que identificamos nas entrevistas mencionadas e que poden clasificarse da seguinte maneira:
3.1. Usos familiares
Un dos aspectos mais recorrentes nas entrevistas é o da perda xeracional do portugués dentro dunha mesma familia. Encontramos testemuños que evidencian o cambio de portugués a español entre os proxenitores e os seus fillos. Nalgúns casos, este cambio prodúcese con todos os descendentes e, noutros, só cos fillos máis novos.
Na E5 participan catro membros representantes de dúas xeracións diferentes: a nai (informante 1), os seus dous fillos e a súa cuñada (informante 2). Ao longo da entrevista aparecen tres casos de interrupción da transmisión xeracional: o primeiro delas dáse entre a informante 1 e os seus fillos. Esta informante indica que ten oito fillos e con todos fala español excepto co maior, presente na entrevista xunto a unha das irmás.
Cando a entrevistadora lle pregunta á informante 1 por que fala cos seus fillos en español e co seu marido en portugués, busca saber a razón do abandono do portugués cos seus descendentes. A resposta da informante é a seguinte:
Vemos, polo tanto, que a informante non explica as razóns que a motivaron a cambiar de lingua cos seus fillos, senón que, polo contrario, considera que debe xustificar por que seguiu empregando o portugués co cónxuxe.
Neste caso atopámonos ante unha ruptura case total da transmisión xeracional. Os fillos comentan que entre os oito irmáns empregan sempre o español e non transmiten o portugués aos seus fillos. Outro dos casos de ruptura presentes nesta entrevista produciuse entre unha informante e os seus pais. Así, a informante 2 (cuñada da informante 1) conta que é a última de catorce irmáns e que todos os seus irmáns falaban portugués entre eles e cos seus pais. Con todo, os seus pais faláronlle a ela en castelán, práctica que adoptaron tamén todos os seus irmáns con ela. Este cambio de código co irmán máis pequeno tamén se dá na familia da informante 1, quen refire que dos seus seis irmáns só o pequeno falaba español.
A informante 2 pregúntase varias veces o porqué desta situación, sen que ningún dos presentes nin ela mesma pareza ter unha resposta satisfactoria, tal e como mostra o extracto (2):
- (2)
[Informante 2]: La gracia que me daba que nos juntábamos todos en casa y estaban hablando mis padres y si ellos se dirigían a mí hablaban en español y mis tíos igual, pero es que yo no sé por qué.
[Entrevistadora]: ¿Nunca os explicaron por qué?
[Informante 2]: Una tía mía que vivía en Madrid, antes de marcharse a Madrid vivía con nosotros y tenía los niños pequeños, entonces los niños hablaban español, entonces será que yo siempre con ellos, con ellos... (E5)
Parece que a informante 2 só encontra como explicación plausible o feito de que os seus primos falasen castelán, a pesar de que a situación descrita non se limita a un entorno familiar illado, senón que reflicte patróns comúns ao resto da comunidade.
No seu estudo sobre as políticas lingüísticas familiares en Galicia, consideran que este tipo de política lingüística familiar, na que os proxenitores empregan o galego entre eles e o castelán cos seus fillos, supón varios riscos que acaban implicando unha dobre desgaleguización da terceira xeración (os seus netos), tal e como acontece en Olivenza co portugués. Entre eles:
(...) existe el riesgo de que los nuevos integrantes de la familia desarrollen actitudes negativas hacia la lengua de relación entre los progenitores y demás familiares, al percibir que estos renuncian a su propia lengua para dirigirse a ellos, comportamiento que implica además un esfuerzo que los destinatarios seguramente detectan y que acentúa el valor positivo de la lengua objeto de este esfuerzo ().
No caso de Olivenza, vemos que os fillos detectan este esforzo por parte dos pais e reprodúceno tanto cos seus irmáns máis pequenos como cos seus descendentes. Así se verifica na E4, na que se constatan as mesmas dinámicas que na entrevista anterior: unha informante lembra que os seus pais entre eles falaban portugués, mentres con ela a lingua de comunicación era o castelán (3). Pola súa parte, os outros dous participantes contan que na súa casa todos falaban portugués menos coa irmá máis nova:
- (3)
O pai principiou falar com os maiores hasta chegar a ela, logu já com ela cambiarom e por isso falamos todos com ela espanholi. (E4)
Obsérvase neste testemuño que os fillos asumen con naturalidade o cambio de código cos seus irmáns, debido á mudanza efectuada polos proxenitores. Cabe salientar que esta reprodución da mudanza de portugués a castelán dáse nun contexto no que a lingua ambiental familiar era o portugués, como relata a informante 2 da E5 (4):
Estas afirmacións levan a pensar que por volta dos anos cincuenta e sesenta do século XX houbo un cambio drástico nas actitudes dos falantes que pasaron a considerar que debían falar en castelán cos fillos, mesmo en situacións nas que previamente empregaran o portugués cos seus descendentes. É ben coñecido pola sociolingüística o proceso polo cal os pais optan por substituír a súa lingua nativa por outra de maior prestixio social. A motivación para tal cambio é, fundamentalmente, a crenza de que adoptar unha lingua de maior prestixio facilitará o acceso dos fillos a mellores oportunidades educativas e, por conseguinte, á ascensión social e económica. Porén, como apunta en relación con Herrera de Alcántara e Cedillo (localidades onde o portugués e o castelán coexisten baixo circunstancias similares, sendo o castelán a lingua dominante): “Con respecto a la situación sociolingüística de las variedades portuguesas en ambos pueblos, nuestro análisis reveló actitudes ambivalentes” (). É dicir, o coñecemento da variedade local, aínda que sexa só de forma pasiva, percíbese como un marcador identitario. Por outra banda, en virtude do contacto lingüístico, as variedades do portugués vense como unha amálgama de linguas, un chapurreado. Esta situación é extrapolable a Olivenza, como mostra o testemuño dun informante de San Jorge de Alor (São Jorge da Lor), nado en 1956, que só adquiriu o portugués de maneira pasiva. Os seus pais, a pesar de teren o portugués como lingua materna, só se dirixían a el en portugués para reprendelo, pois xa tiñan asimilado que o “idioma do traballo e do futuro” (E9) era o castelán. Ademais, asociaban o portugués con aspectos máis negativos (E9). Este informante recoñece que, por esa razón, o portugués que falan está moi influenciado polo castelán (5). Tamén lembra que, cando era neno, quedaron todos sorprendidos ao ver unha familia portuguesa na que o fillo falaba portugués, xa que tiñan internalizado que o portugués era a lingua que falaban as persoas máis vellas, e non os máis novos.
- (5)
Andamos todos atrás de aquela família para vermos aquele fenómeno de circo (...), o menino falava português, na nossa cabeça não cabia um menino a falar português, porque os meninos falávamos espanhol, falavam português eram os pais, os adultos. (E10)
Así mesmo, detectamos unha escasa conciencia respecto á orixe e repercusións destes cambios sociolingüísticos, xa que apenas aparecen reflexións sobre as políticas autonómicas e educativas aplicadas, as cales tiveron unha influencia evidente neste proceso. Desta forma, parece haber unha “interrelación top-down” entre as políticas autonómicas e municipais ditadas desde as instancias superiores e a aceptación desas políticas por parte da poboación, sen as pór en dúbida, a cal contribúe a normalizala e validalas (). Unha das poucas valoracións de índole crítica que atopamos no corpus é feita pola informante 1 da E5, quen mostra desasosego porque, tras enviuvar, xa non utiliza o portugués de maneira cotiá (6):
- (6)
Me da pena já, porque agora, como estou sozinha, pos já não falo com ninguém português, digo “vou perder o português”. (E5)
O resto dos participantes da entrevista (fillos e cuñada) reaccionan lembrándolle que aínda fala cun dos seus irmáns e con algunhas das súas cuñadas, algo que para ela “já não é iguali” que cando vivía o seu marido, posto que agora pasa días e días sen falar portugués. Esta reacción mostra un intento de consolo e apoio dos seus familiares, pero, ao mesmo tempo, denota unha minimización, aínda que sexa inconscientemente, das consecuencias psicolóxicas e afectivas que a perda do uso activo do portugués provocou nalgúns membros da familia.
En contraste co resto dos informantes, o enquisado de San Jorge de Alor (7) mostra unha clara conciencia sobre este proceso:
- (7)
Somos recetores da língua, mas não falamos em português. Eles [os pais da súa xeración] falam em português, tinham como língua materna o português, mas as coisas portuguesas eram negativas, a língua portuguesa era utilizada em casa, era essa situação que em linguística se chama diglossia [...]. Foram proibidas as escolas portuguesas, na administração pública não se podiam redigir os documentos em português e a língua foi ficando assim a língua da casa. (E9)
3.2. O papel da escola
Despréndese das entrevistas analizadas que había unha prohibición do uso do portugués na escola e que o ensino formal sería para moitos o primeiro contacto co español (8-10):
- (8)
Aí [na escola] é onde principiamos a falar à espanhola. (E2)
- (9)
Em casa todos falávamos à portuguesa [...] quando principiamos a ir à escola tivemos que aprender o castelhano [...] não te deixavam falar à portuguesa. (E2)
- (10)
[...] com os amigos na escola falávamos espanhol, solo falava em casa com os pais. (E4)
O exemplo (10) pon en evidencia o feito de que o castelán, alén de ser a lingua de instrución, é tamén a lingua de socialización dos cativos oliventinos desta xeración, o que ten fondas repercusións na vitalidade do idioma, como sinala Kasares: “Cuando el uso de la lengua se reduce a la familia dejan de garantizarse las condiciones para la socialización lingüística de las nuevas generaciones, ya que es el uso social el que afianza la transmisión familiar” ().
Ademais, segundo o exposto, parece evidente o papel que a escola tivo na penetración do castelán en Olivenza. Nese sentido, non deixa de ser paradoxal que hoxe a principal vía de recuperación do portugués sexa, precisamente, a escola. Porén, os falantes máis vellos coidan que o portugués da escola é diferente ao portugués de Olivenza, non o consideran como algo propio. A escola non funciona como un axente de revernacularización, pois prodúcese unha ausencia de identificación patente no exemplo (11):
3.3. Consideracións sobre o portugués oliventino
Os glotónimos máis utilizados nas entrevistas para referirse ao portugués de Olivenza son chapurreu e, sobre todo, falar á portuguesa (fronte a falar á espanhola, falar castelhano). Hai, na maioría dos falantes, unha idea de que o que falan é unha especie de mestura de linguas (12):
- (12)
Nós temos acento portugués, mas os nomes das coisas são espanhóis: passa um coche, uma carretera... (E1)
Ao longo dos fragmentos analizados xorde en varias ocasións a cuestión da relación co portugués de Portugal (13 e 14):
- (13)
O portugués de Olivença não é o português de Portugal. (E1)
- (14)
E logo nós falamos o chapurreu de aqui da vila. Não é português, português, porque o português, português ao melhor não entendemos siquera. (E4)
Establécese unha distinción entre o “português, português” e o portugués de Olivenza. Dan a entender que hai intercomprensión coas localidades portuguesas veciñas, pero xa non ocorre o mesmo co resto de variedades de portugués, en particular co portugués falado en Lisboa (15-17):
- (15)
Quando te metes pra dentro já não é igual. (E1)
- (16)
Se vás a Lisboa eu muita coisa... não entendo. Porque eles falam muito rápido e, à parte disso, as coisas não se chamam igual. (E2)
- (17)
Eles lhe dão outro acento [imperceptible] e a muitas coisas lhe dão outro nomi, e sempri se nota. (E8)
Resulta interesante, no ámbito das actitudes lingüísticas, o feito de que unha informante subliña a semellanza entre o portugués de Olivenza e o galego (18). A informante expresa esta idea con base na súa experiencia vital, pois estivo emigrada en Euskadi nunha cidade onde había moitos galegos emigrados:
3.4. Consideracións sobre o bilingüismo
Hai unha idea subxacente de que o portugués é un problema. Cando se fala da posibilidade de estudar portugués na escola, un informante afirma o seguinte:
Este comentario trae á tona unha idea que é frecuente encontrar en comunidades bilingües en situación de diglosia en que unha lingua ten prestixio social e outra non. Así, a lingua con menos prestixio social a miúdo é considerada innecesaria ou de menor importancia para a educación formal, percepción que se ve influenciada pola idea de que a aprendizaxe desa lingua podería non achegar vantaxes significativas para o futuro do neno nun entorno onde outra lingua domina na maioría dos ámbitos importantes como o emprego, a educación e os medios de comunicación. En Miranda do Douro, onde mirandés e portugués cohabitan, a investigadora Cristina Martins ocupouse na súa tese de doutoramento da cuestión das actitudes lingüísticas dos falantes:
Ora, a vox populi, subscrita claramente por uns, ou assumida de forma menos explícita por outros, sustenta e defende que a situação de bilinguismo mirandês-português é muitíssimo prejudicial para as crianças que a experimentam [...] ().
Neste extracto obsérvase que o ensino do mirandés non só é visto como prescindible, se non que é considerado pernicioso para a aprendizaxe (do portugués) dos alumnos. Esta autora demostra no seu traballo que esta idea non ten fundamento e presenta as numerosas vantaxes do bilingüismo para os nenos ().
3.5. Actitudes perante as interferencias lingüísticas
Todos os informantes falantes de portugués que participan no corpus seleccionado presentan interferencias do español. Pero o que chama a nosa atención é a actitude que un informante asume perante as interferencias, considerándoas como característico ou propio da súa variedade, o portugués de Olivenza, fronte ao portugués estándar. Estes castelanismos parecen funcionar como marcas identitarias para este falante de portugués oliventino. Este informante afonda sobre esta cuestión e dá numerosos exemplos das diferenzas (20-23) entre o portugués europeo (PE) e o portugués oliventino (PO):
- (20)
Sumo de melocotón (PO) / sumo de pêssego (PE). (E1)
- (21)
Hela(d)o (PO) / gelado (PE). (E1)
- (22)
Um caramelo (PO) / um rebuçado (PE); goma de borrar (PO) / borracha (PE); a cadea de uma moto (PO) / a corrente (PE). (E1)
- (23)
Cadea em Portugal é onde estão os presos. (E1)
Os exemplos (20) a (23) demostran que o informante da entrevista E1 sabe como se di en portugués estándar e indica as formas que considera propias do portugués oliventino.
A entrevista E3 presenta algunhas peculiaridades fronte ás restantes (24). Este informante fala en castelán, pero parece ter unhas actitudes lingüísticas máis favorables con respecto ao portugués e defende que houbo, coa mudanza de século, un cambio nas relacións con Portugal. Ademais, tamén refire a idea de que a variedade local tería unha función identitaria.
- (24)
Decían cosas en portugués para que no entendieran los de fuera, no... un portugués muy particular de aquí: palabras mezcladas. (E3)
- (25)
Antes el portugués era algo más romántico... lo particular lo característico frente a otros pueblos. (E3)
Desta forma, o informante describe unha dobre mudanza de perspectiva en relación con Portugal e, por conseguinte, coa lingua portuguesa, desde 2000 en diante (coincidindo coa introdución do portugués no ensino regrado en Estremadura e a construción da nova Ponte de Ajuda): por un lado, afirma que hoxe o ensino de portugués é visto de forma positiva, e, por outro, que a “cuna portuguesa” ás veces foi deixada de lado, dando a entender que o pasado portugués e a lingua e cultura asociada a ese pasado foi esquecido por moitos oliventinos.
4. CONCLUSIÓNS
A análise dos xuízos lingüísticos expresados nas entrevistas polos informantes permiten identificar algunhas actitudes que parecen ser predominantes no corpus obxecto deste estudo. Por un lado, o diferencialismo fronte ao portugués estándar ou padrão (de Lisboa), pero, ao mesmo tempo, o recoñecemento da semellanza coas variedades de portugués das localidades portuguesas raianas veciñas, coas que, nalgúns casos, tamén teñen relacións sociais, económicas e familiares.
É identificado o papel determinante da escola no retroceso do uso do portugués. Hoxe, os informantes inquiridos parecen aceptar o ensino de portugués na escola da vila, pero como lingua estranxeira.
O testemuño de varios informantes evidencia que houbo un momento de cambio nas actitudes lingüísticas dos oliventinos nos anos 50 e 60 do século XX en que os pais deixan de lles falar portugués aos seus descendentes. Este cambio levou a que algúns pais mudasen de lingua de comunicación cos fillos máis novos, pese a falar en portugués até ese momento cos máis vellos. Estes datos deberán ser corroborados con outros estudos máis abranguentes para poder comprender as causas deste cambio tan radical nas actitudes dos falantes. Parécenos que a xeneralización do ensino obrigatorio entre os membros da segunda xeración e a emigración en busca dunha mellor vida tivo un papel destacado neste proceso. Pero non podemos ignorar que outros aspectos puideron pesar nestas mudanzas.
A ausencia de actitudes positivas é outro aspecto que sobresae na nosa análise. Curiosamente, como xa foi referido, as actitudes máis positivas encontrámolas no informante da E9 e da E10, e no informante da E3, o cal fala en castelán (aínda que ten un coñecemento pasivo do idioma portugués e das tradicións e cita expresións, cancións e refráns en portugués de Olivenza).
O observado nas entrevistas vai ao encontro do descrito na bibliografía lingüística sobre esta materia: o proceso de aculturación e substitución lingüística en Olivenza está nunha fase moi avanzada e a lingua portuguesa en Olivenza está en risco de desaparecer.
A actitude do informante da entrevista E1 corrobora a hipótese de que a escolla de variables lingüísticas está condicionada polas variables sociais (): así, para este informante as formas carro ou gelado son alleas ao portugués oliventino, fronte aos castelanismos coche ou hela(d)o, que os considera característicos do portugués de Olivenza.
A situación do portugués en Olivenza é crítica. Na nosa opinión, a ausencia de actitudes positivas entre a poboación, somada á falta de medidas de recoñecemento e protección legal, non convidan ao optimismo sobre o futuro da lingua portuguesa neste territorio.
Financiamento
Esta contribución foi financiada por fondos nacionais de Portugal, através da Fundação para a Ciência e Tecnologia, I.P., no ámbito do Proxecto UIDB/04188/2020 – DOI 10.54499/UIDB/04188/2020 e enmárcase dentro do proxecto Atlas Pluridimensional da Fronteira Espanha-Portugal, que recibiu financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España, a Agencia Estatal de Investigación e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (PID2022-137290NB-I00, financiado por MCIN/AEI /10.13039/501100011033 / FEDER, EU).
Referencias bibliográficas
1
Álvarez Pérez, Xosé Afonso (dir.). 2018. Corpus oral de la frontera hispano-portuguesa. Alcalá de Henares: grupo FRONTESPO. http://www.frontespo.org/pt-pt/corpus [20/01/2024]
2
BOE 2001 = Instrumento de ratificación de la Carta Europea de las Lenguas Regionales o Minoritarias, hecha en Estrasburgo el 5 de noviembre de 1992. Boletín Oficial del Estado, 222, 15 de septiembre de 2001, pp. 34733-34749. https://www.boe.es/eli/es/ai/1992/11/05/(1)/dof/spa/pdf.
3
BOE 2011 = Ley Orgánica 1/2011, de 28 de enero, de reforma del Estatuto de Autonomía de la Comunidad Autónoma de Extremadura. Boletín Oficial del Estado, 25, 29 de enero de 2011. https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/29/pdfs/BOE-A-2011-1638.pdf.
5
6
7
8
9
10
Carrasco González, Juan M. 2000. Las hablas de Jálama entre los dialectos fronterizos extremeños. En Antonio Salvador Plans, María Dolores García Oliva & Juan M. Carrasco González (eds.), Actas del I Congreso sobre ‘A Fala’. 143-156. Mérida: Gabinete de Iniciativas Transfronterizas/Editora Regional de Extremadura.
11
12
13
14
15
Carrasco González, Juan M. 2010. Traços galegos e não galegos do dialecto fronteiriço de Xalma (manhego, lagarteiro e valverdeiro). En Mª João Marçalo, Mª Célia Lima-Hernandes, Elisa Esteves, Mª do Céu Fonseca, Olga Gonçalves, Ana Luísa Vilela & Ana Alexandra Silva (eds.), Língua portuguesa: ultrapasar fronteiras, juntar culturas. Actas do II Simpósio Mundial de Estudos da Língua Portuguesa. 1-14. Évora: Universidade de Évora. http://www.simelp2009.uevora.pt/pdf/slg9/02.pdf.
16
17
Carrasco González, Juan M. 2016b. La lengua portuguesa en la documentación fronteriza de la Orden de Alcántara durante la Edad Media. En Mª Jesús Fernández & Juan M. Carrasco González (eds.), Cartografías del Portugués. Lengua, Literatura, Cultura y Didáctica en los Espacios Lusófonos. 93-116. Cáceres: SEEPLU.
18
19
20
21
22
23
24
25
Costas González, Xosé Henrique. 2023b. Actitudes lingüísticas en tres comunidades hispano-lusas de fronteira: Miranda do Douro, Val do Ellas e Olivença. Lengas 93. https://doi.org/10.4000/lengas.7183.
27
DOE 2001 = Decreto 45/2001, de 20 de marzo, por el que se declara Bien de Interés Cultural la «A Fala». Diario Oficial de Extremadura 36, 27 de marzo de 2001 pp. 2859-2860. http://doe.juntaex.es/pdfs/doe/2001/360o/01040052.pdf. [24/01/2024]
28
29
31
32
33
34
35
36
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
54
Corpus
56
E1− Olivenza | Olivença 01. Sesión 3. Relación con Portugal. El uso del portugués. Duración: 6:38. Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=7IiRjUrb_fM
57
E2− Olivenza | Olivença 05. Sesión 1. La escuela. La lengua. Duración: 13:43. Dispoñible en https://soundcloud.com/user-528000993/esba12005t-001-olivenza-05
58
E3− Olivenza | Olivença 04. Sesión 3. La cultura portuguesa en la infancia del informante (8:22). Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=zk0QuenyLkM
59
E4− Olivenza | Olivença 08. Sesión 1. El portugués de Olivenza. Duración: 8:05. Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=3cU7Xim90Ho
60
E5− Olivenza | Olivença 07. Sesión 5. El portugués de Olivenza. Duración: 6:47. Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=yT919KgFoLU
61
E6− Olivenza | Olivença 06. Sesión 3. Relaciones con Portugal. Duración: 7:03. Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=WGWf-MVDSeU
62
E7− Olivenza | Olivença 05. Sesión 4. Relación con Portugal. Contrabando. Duración: 7:11. Dispoñible en https://soundcloud.com/user-528000993/esba12005t-004-olivenza-05
63
E8− Olivenza | Olivença 10 (San Benito | São Bento). Sesión 2. Portugués, relaciones con Portugal. Duración: 6:06. Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=YrXoYrn7oDE
64
E9− Olivenza | Olivença 02 (San Jorge de Alor | São Jorge da Lor). Sesión 2. Portugués de Olivenza (I). Duración: 9:29. Dispoñible en https://youtu.be/8F_CYwiGWMg
65
E10− Olivenza | Olivença 02 (San Jorge de Alor | São Jorge da Lor). Sesión 3. Portugués de Olivenza (II). Duración: 7:10. Dispoñible en https://youtu.be/JXD9XO1e1jI
Notas
[2] O punto 1 deste artigo recolle os seguintes obxectivos e principios: a) o recoñecemento das linguas rexionais ou minoritarias en canto expresión da riqueza cultural; b) o respecto da área xeográfica de cada lingua rexional ou minoritaria, procedendo de xeito que as divisións administrativas existentes ou novas non constitúan un obstáculo á promoción desta lingua rexional ou minoritaria; c) a necesidade dunha acción decidida de promoción das linguas rexionais ou minoritarias co fin de salvagardalas; d) a facilitación e/ou fomento do uso oral e escrito das linguas rexionais ou minoritarias na vida pública e na vida privada; e) o mantemento e desenvolvemento de relacións nos dominios cubertos pola presente Carta, entre os grupos que empregan unha lingua rexional ou minoritaria e outros grupos do mesmo estado que falan unha lingua utilizada nunha forma idéntica ou próxima, así como o establecemento de relacións culturais con outros grupos do estado que utilizan linguas diferentes; f) a posta a disposición de formas e medios adecuados de ensino e de estudo das linguas rexionais ou minoritarias a tódolos niveis apropiados; g) a posta a disposición dos medios que permitan aos non falantes dunha lingua rexional ou minoritaria que habitan na área xeográfica onde esta lingua é utilizada a aprendela se o desexan; h) a promoción dos estudos e da investigación sobre as linguas rexionais ou minoritarias nas universidades ou establecementos equivalentes; e i) a promoción das formas apropiadas dos intercambios transnacionais, nos dominios cubertos pola presente Carta, para as linguas rexionais ou minoritarias utilizadas baixo unha forma idéntica ou próxima en dous ou máis estados ().
[3] Algunhas tamén podemos caracterizalas como dubidosas; por exemplo, a introdución do portugués como lingua estranxeira non responde a un desexo de cumprir o estipulado pola CELROM, senón a unha política educativa de toda a comunidade autónoma.
[4] Dispoñible en: https://mpt.gob.es/dam/es/portal/politica-territorial/autonomica/Lenguas-cooficiales/Consejo-Europa-Carta-lenguas/Informes/Quinto_informe.pdf#page=1.
[5] O sexto informe está en proceso de elaboración. As administracións xa enviaron as informacións correspondentes e no mes de xaneiro de 2024 o Comité de Expertos reuniuse cos representantes das diferentes organizacións non gobernamentais.
[6] No 6º informe a Junta de Extremadura si responde sobre a situación da fala, pero esta información limítase a catro liñas.
[7] O corpus utilizado neste traballo está constituído por 10 sesións de entrevistas do Corpus Oral de FRONTESPO. As sesións están identificadas mediante un código composto pola letra E seguida do número da entrevista de 1 a 10. No final do presente traballo están indicadas as sesións, duración e localidade a que corresponde cada código