Contenido principal del artículo

Mercedes González Vázquez
Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0001-9439-7886
Vol. 14 (2022): Estudos de Lingüística Galega, Pescuda, Páginas 33
DOI: https://doi.org/10.15304/elg.14.7767
Recibido: 14-06-2021 Aceptado: 10-01-2022 Publicado: 17-06-2022
Derechos de autoría Cómo citar Artículos más leídos del mismo autor/a(s) Citado por

Resumen

O obxectivo deste artigo é presentar unha visión xeral do sistema evidencial galego, nomeadamente das fontes indirectas inferencial e reportativa. Tras levar a cabo unha revisión dos estudos previos dos adverbios disque e seica, analizamos os dous significados evidenciais mediante exemplos do conxunto de marcadores que propoñemos e amosamos casos nos que a fonte é indistinta entre os dous valores canónicos previos, o que se vén en chamar “significado indirecto-indiferente”. Comprobamos que as expresións evidenciais actúan como unidades pragmáticas polifuncionais transmisoras de diversos matices sociais relacionados coas estratexias de cortesía negativa (atenuación), autoridade epistémica e establecemento dun territorio de información común compartido entre falante e oínte.