No 45 (2011), Estudos
Recibido: 10-05-2012
Aceptado: 10-05-2012
Publicado: 10-05-2012
Tomando como exemplo a obra de dúas autoras tan recoñecidascomo Eavan Boland e Chus Pato, esta análise dá conta das semellanzase conexións entre os procesos de renovación poética e dereapropiación da voz feminina na literatura galega e a irlandesa,estabelecendo as confluencias temáticas e formais que se dan entreeles. Ponse de relevo o papel que desempeñaron as mulleres na historiada literatura, relacionado tradicionalmente coa súa identificacióncomo obxecto do poema, como a súa musa ou protagonista,unha tendencia que muda nas últimas décadas do século XX, candoa identidade feminina se converte en suxeito do poema e “reapropia”o discurso da feminidade.
Galicia, Irlanda, muller, poesía contemporánea