Contido principal do artigo

Paulo Filgueiras Fachal
Universitat Autònoma de Barcelona
No 45 (2011), Estudos
Recibido: 10-05-2012 Aceptado: 10-05-2012 Publicado: 10-05-2012
Copyright Como citar

Resumo

A reflexión sobre as identidades ten un papel central na obra deAntón Lopo. Neste artigo realízase unha lectura da súa produciónpoética dende un posicionamento queer, vendo en que medida aobra de Lopo contribúe a repensar as identidades “monolíticas” degai e lésbica e cuestiona o concepto tradicional de identidadesexual mediante a deconstrución das categorías e oposicións binariasque sosteñen esta definición. En que medida e a través de quemecanismos a identidade deixa de concibirse e representarse comoestábel (sedentaria) e comeza a recoñecerse como nómade.

Detalles do artigo