Contenido principal del artículo

  • María José Sabo
María José Sabo
España
Vol. 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudios
Recibido: 30-04-2014 Aceptado: 30-04-2014
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

O artigo toma como obxecto de reflexión as prácticas ciberliterarias de sete escritores arxentinos blogueiros. Indágase especialmente no espazo do blog como lugar virtual que reflicte a complexa transición e reacomodación de prácticas culturais que, tradicionalmente arraigadas en formatos convencionais, van desprazándose nestas últimas décadas cara a novos soportes dixitais, desafiando así as maneiras institucionalizadas de concibir a experiencia literaria. Este momento marca unha convivencia tensa entre as novas prácticas literarias e aquelas de raizame modernista que sobreviven con forza e lexitimidade. Abordaremos este espazo de transicións dende o horizonte crítico de Benjamin, o cal nos permite pensar de que forma os cambios nos dispositivos tecnolóxicos de produción cultural inciden tamén nunha transformación do propio obxecto estético, do seu público receptor e do sistema de valores no que se integra.

Detalles del artículo