Vol. 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudios
Recibido: 30-04-2014
Aceptado: 30-04-2014
En “Prison my lord?” propoñémonos un dobre obxectivo: por unha banda, cuñamos a categoría teórica de “narración gnóstica”, entendida como toda historia contada que teña como tema principal o da creación (humana e mecánica) de realidades outras, simuladas, e de segunda orde, que pasan a confundirse e a vampirizar a realidade verdadeira. Xustificadas as súas filiacións intelectuais (Jameson, Debord, Baudrillard), pasamos a exemplificar a categoría a través dunha cala e canon provisional de mostras tiradas da arte, o urbanismo, a literatura (de ciencia ficción e máis canónica) e o cine.
ciencia ficción, cinema, narración gnóstica, simulación, urbanismo